31 oct. 2011

Empezamos a contar

Hai historias de Ismaíl que nin eu mesmo coñezo, e por iso un día pedimos a túa axuda. En setembro, por primeira vez exploraches o seu mundo. Agora é o momento de mostrar eses descubrimentos. Lembra que neses traballos, se é posible, valórase a colaboración. Observa a historia que conta Diego Prieto, serve de exemplo para o que tes que facer:

  • Cambia a cor da portada ou usa unha imaxe para o seu fondo, se así o consideras. Utiliza tipos de letra que resulten atractivos. De momento, non poñas máis efectos.
  • Ademais, nas seis páxinas da historia tamén podes cambiar a cor de fondo.

O correo de Ismaíl é importante. Así poderás comunicarte, enviar materiais e recibir información. Tamén pode ser usado pola túa familia.

email

29 oct. 2011

¡Adiós a las tizas!

Debido al proyecto Abalar, en el que está el colegio, las dos aulas de quinto de primaria abandonarán las clásicas tizas y el encerado verde. Esta semana nos instalaron las dos pizarras digitales que son parte de este proyecto, y  además trajeron los mini portátiles para los alumnos. La red wifi, para que funcionen bien estos pequeños ordenadores, aún falta, pero el encerado digital ya se puede comenzar a usar. Creo que va a suponer un inmenso cambio en la forma de enseñar y de aprender. Al menos, los que tenemos algún tipo de alergia, dejaremos por fin de estornudar…

27 oct. 2011

Un baile de medo!

Estamos no tempo do Halloween e o Samaín e na clase hai moita actividade. O que algúns non sabiamos é que un grupiño andaba a preparar un baile. Pois semella que foi así, xa que apareceu un vídeo que o demostra. E os bailaríns son Salva, Dani, Gloria, Diego e Gemma. Ou non será tan certo como din? Porque ademais cantan moi ben en inglés. Haberá que investigar…

Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!

25 oct. 2011

Juegos para gente curiosa

Esta es la primera serie de unos juegos reunidos por Ismaíl. Tratan asuntos diferentes, algunos tienen varios niveles, e incluso los hay para niños y niñas grandes. Pero sabemos que podrás resolver la mayoría… ¿O todos?

  • Observa y recuerda: Se trata de escribir determinados números que aparecen y desaparecen en la pantalla, de tres o cinco cifras.
  • Cálculo mental: Para Educación Primaria, con seis páginas diferentes, y en la mayoría se ofrecen doce series de problemas. Tiene unos niveles clasificados en inicial, medio y superior.
  • Lengua Castellana: Un interesante sitio con ejercicios de comprensión lectora, léxico, morfología, sintaxis, ortografía y cultura literaria, entre otros. En principio, está destinado a la Educación Secundaria.
  • Toporopa: ¿Quieres entrenar tu cerebro con la geografía? Ahora tienes la oportunidad de hacerlo con Europa: países, ríos, montañas, mares, capitales, islas, lagos, banderas, puertos, ciudades, penínsulas, estrechos, volcanes, etc.
  • Colorea una calabaza, porque estamos en su tiempo más terrorífico. Por eso, hazlo de manera espeluznante.
  • Y ahora, para terminar, un juego de memoria visual. Lee las instrucciones y presta mucha atención:

23 oct. 2011

As festas do outono

Neste tempo de outono hai dúas festas que a Ismaíl lle gustan. A festa das castañas é unha, que se chama magosto, e a festa das cabazas é a outra. A esta festa algúns dinlle halloween, aínda que agora tamén é coñecida como samaín. Pero cando Ismaíl chegou a Malpica, ninguén sabía deste último nome, nin tampouco os sabios. Claro que non importa, porque no colexio imos celebrar as dúas. Iso si, no halloween Ismaíl lembra aos seus amigos os gnomos de Irlanda…

Queres participar nestas festas? Pois empeza aquí:

Ismaíl e as cabazas

21 oct. 2011

Hay que multiplicar bien

Ya sabes que no es una buena idea cometer demasiados fallos en las multiplicaciones. A Pitágoras, el sabio griego, no le gustaría que te ocurriesen esas cosas. Así que, para evitarlo, lo único que puedes hacer es aprender y practicar.
La pizzería de Mario

20 oct. 2011

Escola e familia

Debaixo da imaxe que anuncia este blog, hai un enlace que ten o mesmo título que o post de hoxe. É unha páxina do noso blog para gardar aqueles recursos que se relacionan coas materias do curso. Realmente xa contén enlaces para 5º e para 6º, pero non todos os que existen, senón unha pequena e completa selección. Se na casa son utilizados eses recursos, os beneficios educativos poden ser moi grandes.

Con esa colaboración, poderemos levar a cabo con máis facilidade outras experiencias para as que se precisa un pouco de tempo. É o tempo que requiren os ordenadores e as novas aprendizaxes mediante Internet. Pois todo iso forma parte da educación do futuro, que xa é o presente destes nenos e nenas. E ao igual que antes foi María, agora é Iago Sixto Otero quen nos presenta un novo traballo extra realizado coas ferramentas actuais. Neste caso, el preferiu investigar sobre o mundo de Ismaíl

18 oct. 2011

A nosa aula

Creo que xa tiñamos ganas de ver as primeiras fotos da clase, e por iso aquí están. Houbo uns poucos nervios ao facelas, e talvez algúns teñen que mellorar como modelos. Pero será a próxima vez…

17 oct. 2011

As actividades extra

Esta é a primeira das actividades extra que aparecerán no blog. Tratarase de tarefas que se relacionen coas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), e que os nenos e as nenas farán libre e voluntariamente. Por iso son accións que sempre se agradecen moito, pois animan e axudan aos demais e serven para aprender e colaborar.

María Pardo Piñón foi a primeira en presentar unha destas tarefas extra. Un día, do relevo de Galicia pasamos aos ríos do mundo. Nese cambio que fixemos, a súa presentación mostra os dez ríos máis longos do mundo e os continentes onde se atopan.

15 oct. 2011

Falamos da solidariedade

A palabra solidariedade ten que ver coa unión das xentes, coa concordia e o compañeirismo, coa fraternidade e as boas relacións humanas. Un dos verbos que mellor se entende coa solidariedade é apoiar. Así que nesta actividade, que xa explicamos no post anterior, trataremos de apoiar aos demais, de ser solidarios, de axudar. Por iso, tamén falaremos da pobreza no mundo. Estas son algunhas das tarefas para este mes:

  • Busca en revistas ou periódicos fotografías onde haxa persoas de todas as razas. Servirán para un mural.
  • Busca en periódicos, revistas ou en Internet noticias que teñan relación coa pobreza.
  • Como sabes, o mundo divídese en países ricos e en países pobres. Coa túa familia, que será unha boa axuda, busca imaxes ou fotos dalgúns deses lugares. Servirán para outro mural. 
  • A expresión Terceiro Mundo úsase para os países máis pobres, que hai moitos. Inventa un eslogan ou consello para dicirlle á xente que debe ser máis solidaria con eses países.
  • Moitas veces a pobreza é consecuencia da falta de cultura. Por esa razón, é importante escolarizar a todos os nenos e nenas do mundo. Fai un debuxo para estas ideas.

13 oct. 2011

Galaxias de palabras

Tag Galaxy es un buscador especial de imágenes y fotografías. Pero en el aula lo hemos probado de un modo diferente. Como en el colegio estamos elaborando el calendario de 2012, y a cada mes le corresponderá una palabra relacionada con los valores, Ismaíl nos recomendó esta aplicación.

Tenemos que hacer un bonito dibujo para la palabra solidaridad, teniendo en cuenta sus significados. Así que la escribimos en el buscador Tag Galaxy, o también solidariedade (gallego), o solidarity (inglés), o solidarność (polaco). Esa palabra se transformará en un sol rodeado de planetas, que serán otras palabras relacionadas. Todos esos astros están llenos de imágenes de Flickr. De ese modo, conseguiremos miles y miles de fotografías que nos servirán de inspiración para el trabajo. Es un ejemplo de lo que se llama lluvia de ideas, o braimstorming, que dicen en inglés.

Tag Galaxy: solidarity

Por cierto, esta actividad nos llegó desde la biblioteca del colegio, que también tiene su blog.

12 oct. 2011

Climas e paisaxes: a ver o que sabes?

Aquí tes un montón de actividades sobre o clima e as paisaxes de España e de Galicia. E tamén sobre o relevo e as Comunidades Autónomas. Observa, le con atención e responde. Tratar de acertar o maior número de cuestións.

Relevo interior e costeiro de España

9 oct. 2011

Mapas, moitos mapas

Agora que estamos aprendendo cousas de Galicia nos mapas, imaxina unha viaxe desde o espazo exterior ata o noso colexio, o CEIP Isaac Díaz Pardo. Primeiro, coñece o Sistema Solar, coa súa estrela o Sol. Despois, descubre a Terra nos seus mapas e, especialmente, a Galicia. Ao final, observa a Ría do Burgo en 3 dimensións, e busca onde se atopa o teu colexio.

  • Sistema Solar Básico: o Sol, os planetas, asteroides, cometas, meteoritos. Ademais hai fotos do noso Sistema Solar e do Universo.
  • Mapas interactivos: de Galicia, de España, de Europa, del mundo. Deberás buscar, responder e resolver crebacabezas de Galicia, España, Europa, Asia e de todo o mundo.
  • A Ría do Burgo e o entorno do noso colexio, pero nun mapa en 3 dimensións. Algo de cine. Case unha auténtica película! Para viaxar desde O Burgo ata o mesmo Universo, pero tamén ao revés. Investiga e descubre como facelo.

A Ría do Burgo en 3D

4 oct. 2011

Para aprender e xogar

Ainara quixo saber de xogos e, por fin, aquí está a resposta. Estes son os primeiros que aparecerán no noso blog. Porque hai moitos, moitos máis…

Xogos de memoria e estratexia

Xogos de aventura e deportes

Sitios de xogos

ZuiGames

2 oct. 2011

Mecanografía para todos

Agora no só hai que escribir con lapis ou bolígrafo. Tamén tes que dominar o teclado do ordenador. Así que, sen ningún medo, empeza a prepararte.

  1. Typing: No teu primeiro entrenamento deberás teclear todas as letras a medida que se presenten.
  2. Keyboard Game: Un teclado virtual para que practiques a túa rapidez. Tes que teclear ben o maior número de letras en 30 segundos.
  3. El reto de Hexamano: En 21 segundos deberás quitarlle as letras a Hexamano, pero sen cometer fallos, pois restan puntos. Gañas se es capaz de conseguir 100 puntos.
  4. Alphabetic Rain: Trátase dunha verdadeira chuvia de letras. O xogo ten cinco niveis, de menos a máis dificultade.
  5. Kids Typing Game: Debes explorar as letras do alfabeto, tecleando con rapidez as que aparezan na pantalla.
  6. Typing Asteroids Game: Terás que defender a Terra co teclado. Un montón de asteroides queren destruíla.
  7. ARTypist: Aquí tes un auténtico curso de mecanografía, empezando desde o correcto posicionamento dos dedos para escribir ben e rápido. Pero non hai que facer o curso todo seguido.

Keyboard Game