24 dic. 2011

A nosa postal

Co traballo voluntario de Carlos, Meritxell e Diego podemos mostrar esta postal de Nadal, en forma de pequeno vídeo. Usáronse tamén algunhas imaxes de Internet, a maioría doutros mestres. Esta postal é o noso regalo para todos os que nos seguen…

22 dic. 2011

21 dic. 2011

Xa chega o Nadal!

Hoxe é último día de colexio, antes das festas de Nadal. E ao igual que sucedeu no Halloween, un grupo de bailaríns quixeron demostrar as súas cualidades. E aquí están: Ricardo, Melody, Meritxell, María Luisa e Javier. Creo que o lograron moi ben. O que ninguén sabía é que ademais son uns músicos estupendos… Será certo?

Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!

20 dic. 2011

Hispania e os romanos

Deixamos atrás a Prehistoria e agora estamos na Idade Antiga: na vella Hispania, na antiga Galicia, no tempo dos romanos. Para que che sexa máis doado aprender estas cousas, aquí tes moitos materiais e vídeos…

Outros vídeos:

18 dic. 2011

Estamos en YouTube

Por fin, e case ao final do primeiro trimestre, entramos no noso canal de YouTube. Hai diversas fotos, pero as máis importantes son as da festa dos 1000 comentarios. Esa festa, por lograr tanta participación nos comentarios do blog, non se tería realizado sen a axuda e a colaboración das familias. Así que este vídeo tamén é para elas…

15 dic. 2011

Azur e Asmar, a película

Hoxe vimos esta fermosa película, que foi realizada por Michel Ocelot. Así celebramos os nosos primeiros 1.000 comentarios. Fixemos unha festa na clase, coa axuda das familias, que prepararon tartas e outros doces. Incluso houbo unha actuación musical especial, pero xa falaremos diso, cando mostremos as fotos. A cousa máis rara sucedeu ao final. Unha das tartas de chocolate tiña unha figuriña do noso gnomo, moi bonitiña. Non serviu de nada. Ismaíl foi devorado diante nosa, e non deixaron nin un peliño da súa barba.

Por sorte, a pelicula tamén está no blog. Así que poderás vela tantas veces como queiras. E será necesario, pois hai algo que facer…

Ten en conta que agora terás que realizar certas actividades, porque sempre é un bo momento para aprender. E algunhas serán feitas cos mini portátiles. Preme aquí ou na imaxe para descubrilo.

Azur y Asmar - El tinglado

En Actividad e Escribir están as tarefas que farás cos ordenadores, aínda que nese sito atoparás moita información. Ademais, tamén elaborarás un gran cómic, o máis grande. Así que non perdas moito tempo e comeza a pensar… Boa sorte!

14 dic. 2011

A festa dos 1.000 comentarios

Un día, un gran colaborador deste blog, Diego Prieto, tivo unha boa idea. Ocorréuselle que, se lograbamos os mil comentarios, había que facer algo, unha festa, por exemplo. E aquí está, ese día xa chegou, será mañá. Organizados en equipos, e coa axuda das familias, a clase prepara moitas sorpresas: tartas, galletas e biscoitos, bebidas, velas. Ademais, adornaremos a nosa aula, e tamén haberá manteis para as mesas, pratos, vasos e tenedores, e seguro que máis cousas. E todo empezará cunha película máxica, Azur e Asmar

Invitación

Ninguén dubida que o 15 de decembro será un día moi especial. Todos están moi ilusionados, a colaboración que mostran é fenomenal, e as súas familias son marabillosas. Desde aquí, agradecemos todo o seu apoio…

11 dic. 2011

Música, por favor

Ismaíl está contento. Sabe que habrá una fiesta por los más de 1.000 comentarios que tiene el blog. Y a todos los seres menudos, como los gnomos, les encanta la música. Por todo ello, creo que este post sonará muy bien…

La guitarra de Ismaiíl

7 dic. 2011

Evolución da especie humana

Como sabes, a Prehistoria divídese en Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. Durante esa época, un tempo moi longo, os seres humanos evolucionaron moitísimo. Pasaron de ser semellantes aos primeiros simios ata a nosa aparencia actual. Nestes vídeos podes aprender como foi, pero en menos tempo, claro…

6 dic. 2011

Tempo de pasar a palabra

Coñeces un concurso que se chama Pasapalabra? Pois aquí tes 2 xogos que se lle parecen. Preme nos enlaces ou nas imaxes. O de Mates non é tan fácil, eh…

Pasapalabra de Lengua

Pasapalabra

Pasapalabra de Matemáticas

Pasapalabra de Mates

4 dic. 2011

O Nadal no mundo

O Nadal celébrase en moitos lugares do mundo, desde Canadá a Rusia, desde Bolivia ao Xapón, desde Noruega ao Brasil, e por suposto en España. Se premes no enlace ou na imaxe da axencia EFE, poderás investigar un pouco esas celebracións. É unha nova actividade!

La Navidad en el mundo

Se queres máis consellos, tamén para a túa casa, seguro que nestes sitios atopas algúns. Despois de revisalos, ofrécenos as túas suxerencias, que sabes facelo:

1 dic. 2011

Os piratas tamén len

En decembro os piratas disfrutan de moito tempo libre. As augas dos océanos están moi bravas e non é tempo para navegar. Hai que entrenar e xogar, pero tamén hai que ler, porque un pirata de verdade ten que prepararse sempre. Por certo, os piratas deben saber inglés, é obrigatorio. Así que a ver quen se atreve e conta esta historia

Ai, se o barco estivese a punto e o mar en calma, habería que ir a Port Royal e á cidade de La Habana, como os vellos piratas. Oh, que non sabes que sitios son eses? Pois é unha boa razón para investigar e averigualo.