13 may. 2013

Rona e a Lúa

Un pequeno resumo dunha historia que aparece nun libro que coñecemos ben. A historia fala dunha muller chamada Rona, claro, e o libro está aquí

Rona vivía nunha illa, na costa do norte de Nova Zelanda, co seu marido e os seus dous fillos. Cada día, o seu esposo ía pescar, mentres que os fillos nadaban cos golfiños.

Cando Rona cociñaba, comprobaba con coidado se as pedras de cociñar estaban o suficientemente quentes. O peor era que Rona tiña un mal carácter.

Unha noite de verán había lúa chea. Esa noite, o seu marido e os fillos saíran a pescar, e Rona pasou todo o tempo vagabundeando e sen rumbo fixo. A luz dourada do sol ocultouse e só quedou o escuro océano. De repente, sentiu as súas voces, pois regresaban do mar.

Rona, con pánico, colleu as cabazas e correu cara a fonte. O camiño estaba cheo de pedras e tropezou, e empezou a maldicir e a pronunciar feas palabras. Pero ao final logrou chegar á fonte.

Alí, Rona encontrouse na escuridade máis absoluta. Por iso rompéronselle as cabazas e toda a auga derramouse no chan. Entón, comezou a insultar á mesma Lúa.

A Lúa, moi ofendida, colleuna e levouna ao ceo, e quedou nel para sempre…

[Tania, Victoria]

Rona e a Lúa, de Carlos

12 comentarios:

Sara dijo...

Na ùltima liña do cuarto párrafo,hai un fallo, puxeron "al" en vez de "ao".

Melo dijo...

Moi bo resumo Miguel, e felicidades!!!

Melo dijo...

O resumo da película era na libreta de castelán ou de galego?

Mario Aller dijo...

Melody, ao final Miguel tivo problemas técnicos e non fixo o resumo. Tes o nome das autoras debaixo do traballo de Carlos, e son as compañeiras as que temos que felicitar... :-)

Mario Aller dijo...

En castelán...

Mario Aller dijo...

Melody, creo que tes un correo...

Melo dijo...

:)

Melo dijo...

Mario, imos facer a Jincana?
E que din que o xoves chove.

Mario Aller dijo...

Aínda non o sei, Melody, pero mira no correo...

Melo dijo...

Felicidades Tania e Viky, sinto o erro, pero o resumo quedou xenial!

Salva dijo...

Un resumen muy bueno, chicas.

TANIA dijo...

A verdad e que non estuvo mal.Mario hoxe non fun ao colexio porque tuven medico de dez e media a unha e despois dentista.
BICOS