24 ene 2012

Paz, Peace, United

Cada 30 de xaneiro, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Agora que na Terra somos 7 mil millóns de persoas, din que se nos unimos seremos de verdade máis fortes. Igual que este grupo de músicos, que se uniron para cantar e gravar esta fermosa canción titulada United. Forman unha única voz ao redor do mundo, pois o noso mundo é só un…

E non te esquezas dos teus textos, dos haikus e os poemas para celebrar no noso blog ese día tan especial.

21 ene 2012

17 ene 2012

Monstruos y libros de piratas

Hace tiempo que debían estar aquí estos monstruos, pues aunque ya hicimos más con los mini portátiles, ellos fueron los primeros. Además, los piratas se marcharon en diciembre, y algunos de sus libros merecían también este premio: aparecer en nuestra segunda película.

Hubo buenos libros y muchos lectores piratas: Meritxell, María, Salvador, Diego Prieto, Clara, Melody, Andrea, María Luisa, Andrés, Nara, Javier. Y también, en el primer trimestre, descubrimos a formidables leones y leonas de la lectura: Héctor, Melody, Carlos, Andrea, Diego Prieto, María, Andrés, Gemma, Daniel, Meritxell, Iago, Clara, Javier, Ainara, Ricardo.

11 ene 2012

Aula investigadora 2

Despois da primeira fase das nosas investigacións, chega outra pequena mostra. Ao igual que antes, non houbo que insistir moito porque temos un montón de exploradores e exploradores. Mirade a listaxe de temas que investigaron, e non están todos: os castros, os cromlechs, o Monte Neme, as cidades de Port Royal e La Habana e os piratas, os pictos e Escocia, Ampurias e Numancia, Hispania e a terra dos coellos, a dama de Elche, as columnas de Hércules, o sabio Pitágoras e Galileo Galilei, o Nadal, o escudo de Galicia.

Neste tempo, estes son os que máis investigaron: Ricardo (6), María (2), María Luisa (1), Nara (2), Sara (2), Salva (3), Melody (2), Ainara (6), Meritxell (4), Javier (2), Andrea (9), Clara (6), Iago (1), Gloria (2).

A seguinte película, que é un vídeo curto, non trata as investigacións. Pero avisa que hai que pensar antes de actuar. Xa verás a razón…

5 ene 2012

Isaac Díaz Pardo

Hoxe morreu Isaac Díaz Pardo, pintor, ceramista e deseñador, entre outras cousas. Por se no te decatas, o colexio leva o seu nome desde que se creou. Que este vídeo, no noso blog, sexa a nosa pequena homenaxe para un gran home. E se queres saber máis da súa vida, escóitao nesta entrevista…

1 ene 2012

Feliz 2012

Como Iago foi o primeiro en felicitar o novo ano, este pequeno post vai para el. E para todos os amigos e amigas deste blog, que tamén o son de Ismaíl…