29 sept. 2011

Los amigos del mundo

Hoy, en el aula, los amigos del mundo nos han emocionado. Mediante un sencillo mensaje en las redes de Internet, pedí que visitasen nuestro blog de aula, que lo sabríamos en tiempo real. Casi al instante empezaron a llegar visitas: de Sevilla, de Bilbao, de Pamplona, de Málaga y de más sitios, e incluso desde Chile, en América del Sur. Los niños no pararon de exclamar: ¡mira!, ¡oh!, ¡ah! Fue la sorpresa de sentirse en el mundo. Así que esta canción es para vosotros…

Imagine | Playing For Change from Playing For Change on Vimeo.

28 sept. 2011

De vídeos e de historias

Como os auténticos exploradores, estamos a descubrir máis historias de Ismaíl. Son preparadas en forma de cómic, e ningunha, ata o de agora, era coñecida. Así que seremos os primeiros en saber delas. Talvez este vídeo che sirva de axuda para comprender mellor a súa pequena vida. Ademais, aproveito a ocasión para informar de algo importante. O noso blog está en YouTube, o sitio máis famoso de vídeos en Internet.

26 sept. 2011

O regreso

O principio pasou hai tanto tempo que a Ismaíl parécelle un soño. El lembra que estaba en Malpica, onde viviu moitos anos, e que alí tivo a súa primeira páxina web. Pero hoxe só quedan poucas cousas e moi desorganizadas: os seus contos, as visitas, os sitios para xogar.

Xa en Culleredo, nun novo colexio, abriu o seu primeiro blog que se chamou Escola de Ismail (1). Estaba cuns nenos e nenas de segundo, e con eles viviu experiencias moi bonitas. Cando medraron e cambiaron de curso, creou un novo blog ao que chamou, por suposto, Escola de Ismaíl (2). Neste novo sitio coñeceu a nenos e nenas que estudaron quinto e despois sexto de primaria. Pero tamén medraron e marcharon para o instituto.

Así que, agora, non lle queda máis remedio que abrir outro blog: Escola de Ismaíl (3). Desa maneira, poderá estar cos seus novos amigos de quinto curso, que son xente moi estupenda. Ademais, os seus amigos do primeiro blog son os seus veciños de aula, porque tamén estudan o mesmo nivel de primaria. Está seguro de que todos vivirán grandes aventuras, e por iso Ismaíl síntese feliz por regresar…

O regreso de Ismaíl