Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas

8 mar 2021

Ismaíl e a meiga de Malpica

As historias de Ismaíl de Saidabad chegaron á maior librería do mundo, a Amazon. Está dispoñible en formato dixital, aínda que pódese ler na maioría dos navegadores web. Pero tamén hai unha bonita versión en papel, para ler como sempre…

Preme aquí para ver o libro: Ismaíl e a meiga de Malpica



13 may 2013

Rona e a Lúa

Un pequeno resumo dunha historia que aparece nun libro que coñecemos ben. A historia fala dunha muller chamada Rona, claro, e o libro está aquí

Rona vivía nunha illa, na costa do norte de Nova Zelanda, co seu marido e os seus dous fillos. Cada día, o seu esposo ía pescar, mentres que os fillos nadaban cos golfiños.

Cando Rona cociñaba, comprobaba con coidado se as pedras de cociñar estaban o suficientemente quentes. O peor era que Rona tiña un mal carácter.

Unha noite de verán había lúa chea. Esa noite, o seu marido e os fillos saíran a pescar, e Rona pasou todo o tempo vagabundeando e sen rumbo fixo. A luz dourada do sol ocultouse e só quedou o escuro océano. De repente, sentiu as súas voces, pois regresaban do mar.

Rona, con pánico, colleu as cabazas e correu cara a fonte. O camiño estaba cheo de pedras e tropezou, e empezou a maldicir e a pronunciar feas palabras. Pero ao final logrou chegar á fonte.

Alí, Rona encontrouse na escuridade máis absoluta. Por iso rompéronselle as cabazas e toda a auga derramouse no chan. Entón, comezou a insultar á mesma Lúa.

A Lúa, moi ofendida, colleuna e levouna ao ceo, e quedou nel para sempre…

[Tania, Victoria]

Rona e a Lúa, de Carlos

22 abr 2013

O Día do Libro

Na Wikipedia pódese ler: O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura… Celébrase cada 23 de abril, e sobre os libros e a lectura escribíronse moitas cousas importantes. Por exemplo:

Aristóteles: Só o ser humano, entre os animais, posúe a palabra. Cicerón: Un fogar sen libros é como un corpo sen alma. Umberto Eco: O mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le. Antón Cortizas: Se les é porque sabes, se sabes é porque les. J. R. R. Tolkien: Nunca se deixaba que a Fogueira dos Contos se apagara ou morrera en cinsas grises…

Agora busca ti outras ideas que se dixeran sobre os libros e a lectura e escríbeas nos comentarios…

20 mar 2013

Oscar Wilde: cartografías imaxinarias

A chegada do Príncipe Feliz, o conto de Oscar Wilde, foi ben recibida. Porque a historia, a pesar da tristeza que trasmite, está moi ben contada, e sabe de sentimentos e de emocións. Por iso, agora forma parte das nosas cartografías imaxinarias para despois de ler. Algunas das galaxias de palabras que realizaron están aquí, e tamén algúns dos seus debuxos…

Diego Prieto Diego Prieto
Andrea Andrea
Javier Javier

9 mar 2013

Oscar Wilde y el príncipe feliz

Hace unos días cometimos un error. El príncipe feliz, la historia de la que os hablé y que se convirtió en una nueva investigación, fue escrita por Oscar Wilde. Para arreglar esa equivocación, a ese cuento y a su autor les dedicamos esta entrada. Además de ver y escuchar el vídeo, si pulsas aquí podrás leer la versión original, pero traducida. Ten en cuenta que es una nueva actividad.

3 mar 2013

Proxecto Bocata, panadería Nostromo

Ler será sempre necesario. E na nosa nave Nostromo, para descubrir contos e historias, os libros son como cofres de tesouros, con ideas e suxerencias para imaxinar e escribir. Por iso empezamos un novo proxecto Bocata, e creamos na aula unha especie de panadería para preparar os nosos bocados de lectura. Gloria, que foi a que máis libros cartografiou, é a primeira panadeira do proxecto.

Mentres facemos outras presentacións e outros vídeos, usaremos ao principio algo do curso anterior…

17 dic 2012

Cartografías imaxinarias para despois de ler

Agora si que Héctor terá que explicar ben o significado do título deste post. Non lle quedará outro remedio, pois usamos un traballo seu para mostrar o que facemos despois de ler algúns libros. Da lectura de Teseo e o Minotauro, agora pasamos á historia de Hitler e un coello de cor rosa, que aparecía no libro que leu Héctor.

Logo desas lecturas, individuais e de aula, realizáronse as súas Galaxias de Palabras, a primeira das nosas cartografías para despois de ler. Máis tarde, chegarán as Estrelas das Historias e os Mapas dos Libros

A galaxia de Héctor O libro de Héctor Cando Hitler roubou o coello rosa

18 nov 2012

Os mestres tamén contan

Hoxe dixen no blog que tiña ganas de contar unha historia. E pensaba neste conto dixital titulado El sueño de la mariposa. Talvez alguén teña este libro de Eric Carle, de cando erades máis pequenos. A historia baséase nesa obra, pero tamén en certas palabras de Jorge Luis Borges. Aínda que este escritor é para a xente adulta…

Por certo, creo que vos gustaría facer historias así cos ordenadores da aula? Ou non?

10 jun 2012

Un conto do mundo

No mesmo libro onde coñecimos a historia de Gulnara a guerreira, tamén está A cidade paraíso. Trátase dun conto que procede de Marrocos e a cultura árabe, e que limos, coloreamos e adornamos. Despois gravamos as voces para este novo vídeo do noso canal en YouTube.

22 abr 2012

O Día do Libro

O día 23 de abril é especial, xa que se celebra o Día Mundial do Libro. E nós, os de quinto, sabemos de libros como calquera valente pirata, porque son moi importantes: os atlas de mares e terras, as historias de barcos e illas, os mapas de tesouros, os libros de fantasía. Así que, desde o noso blog, estás invitado a navegar por estes catro libros dixitais. Ademais de ler, algúns pódense escoitar, descargar ou envialos por correo electrónico aos amigos e amigas: