25 sept 2013

Desde o corazón, ata sempre!

Chegou o día, amigos e amigas, é o tempo para despedirse. Este blog deixará de ter novas entradas porque hai un novo blog, que está a nacer con calma. Como xa imaxinades, chámase Escola de Ismaíl (4)

Para todos vós, os mellores desexos desde o corazón e a memoria.

Escola de Ismaíl (4)

29 jul 2013

As últimas historias

Ainara, Clara e Gemma son as autoras dunha destas dúas historias. Titúlase El ladrón de chorizos, e coa titulada Felisa e Nostromo, de Meritxell, son os nosos últimos contos. Aproveitamos a ocasión para saudar á señora Felisa, de Guísamo, e ao noso Ricardo… Por certo, onde estará? 

 

EL LADRÓN DE CHORIZOS

Esto era una vez que había un señorito llamado Ricardo al que le gustaban mucho los chorizos.

Todos los veranos Ricardo iba a visitar a sus abuelos, que vivían en  Vila de Cruces…

[Ler máIs]

Ainara Clara Gemma

 

FELISA E NOSTROMO

Érase unha vez nun planeta chamado Terra. Alí vivía en Guísamo unha señora encantadora chamada Felisa. A Felisa encantábanlle as historias. Pasaba moi bos ratos lendo contos.

Nara era unha nena de 11 anos amiga de Felisa….

[Ler máis]

Meritxell

13 jul 2013

Ismaíl e a meiga de Malpica

Aínda que en Nostromo están moitos dos vosos contos de Ismaíl, hai varios que están noutro sitio. Claro que non foron imaxinados por vós, pero na clase atoparon aos seus primeiros e fantásticos lectores, sen contar a Álex Costa. E agora que lembro os debuxos tan bonitos que se realizaron para eles, quero pedirvos unha cousiña.

As historias de Ismaíl e a meiga de Malpica necesitan a vosa axuda, a vosa lectura, a vosa visita…

Ismaíl e a meiga de Malpica

26 jun 2013

De lecturas e repasos de verán

Do Programa de Lectura en Casa: Aínda que con certo retraso, temos os resultados do 3º trimestre. A media foi de 7 fichas entregadas, e lograron ou superaron esta cantidade: Héctor, Melody, Andrea, María, Carlos, Diego Prieto, Meritxell, Clara, Iago, Javier, Gloria, Nara, Ricardo... Noraboa e felicitacións!

De repasos de verán: Como o blog segue aberto en vacacións, máis actividades para descargar e imprimir. E todo gratis!

24 jun 2013

Aberto por vacacións

O verán é longo e hai que facer cousas para non estar aburridos. E lembra que xa es máis maior; así que atrévete e, ademais de repasar, resolve tamén as actividades de 1º ESO. E como sabemos que houbo outros nenos e nenas doutros cursos que nos visitaron, aproveitamos a ocasión para enviarlles o noso saúdo. Este blog e a súa aula sempre foron moi xenerosos…

Abierto por Vacaciones 2013

23 jun 2013

La postal de Clara

Un día, y seguro que fue en esta última semana de clase, Clara se puso a escribir. Y dijo:

Ismaíl, en estos dos años te hemos cogido mucho cariño, hemos creado muchas cosas y has compartido tu tesoro con nosotros. Ahora nos vamos, pero… ¡¡Nunca, nunca te olvidaremos!!

img164 img165

Hasta siempre, Clara, que ya estáis en los sueños de Ismaíl y por eso tampoco os olvidará. Gracias por todo…

21 jun 2013

O museo de Ismaíl

Nestes dous últimos cursos, que hoxe remataron, Ismaíl recibiu moitas cousas. Foron pequenos regalos que el sempre agradeceu. Durante un tempo formaron unha exposición que chamamos Museo de Ismaíl. Ao empezar a organizalo, vimos que tamén había obxectos doutros nenos e nenas e doutros cursos e anos. Así que clasificamos e etiquetamos todo cos nomes das súas familias. Se falta algunha, síntoo moito…

Anos 2011-2013, familias de: Clara Rivas, María Luisa Sáinz, Meritxell Regueira, Melody García, Gemma Pena, Diego Prieto, Viky Solar, Carlos Peña, Miguel Sánchez, Andrea Moreno, Iago Sixto, Javier Suárez, Sara Regueira, Ricardo Vázquez, Ainara Vicente, Nara Varela, Gloria Uzal.

Anos 2009-2011, familias de: Sandra Rivadulla, Alejandro Costa, Brais Ramos, Antón Seijas, Daniel Ondina, Sara Roibal.

Anos 2007-2009, familias de: Inés Márquez, Noelia Bacariza, Marta Calvete, Clara García, Jacobo Barreira, Óscar Maceiras, Eloy Carro.

MOITAS GRAZAS!

20 jun 2013

A despedida

Hoxe celebrouse o acto de graduación para os alumnos de 6º de primaria. A participación das familias foi moi importante, porque sen elas nada sería posible. Reunímonos no Conservatorio para ver uns vídeos, para cantar e para máis cousas. Era un bonito día, a pesar da choiva. Claro que tamén falaron os mestres, pero hoxe só foi un pouquiño…

Os nenos e as nenas de 6º B tamén falaron. Os voluntarios para esta ocasión foron Sara, Melody, María, Javier, Ainara, Ricardo, Andrea, Nara, María Luisa, Viky, Meri e Salva. Entre outras cousas, dixeron isto:

Ademais, queremos agradecer ao noso amigo Ismaíl a súa atención, e sobre todo por compartir o seu tesouro de maxia con todos nós. Realmente esta escola foi moi importante e nunca a esqueceremos…

O tesouro de Ismaíl

17 jun 2013

Ainara va a dejar el cole

El viernes es el último día de clase. Por eso, las historias de este blog de aula están a punto de acabarse. Pero todas se quedarán aquí, en este pequeño sitio, para que podamos recordarlas siempre. Ainara, en una presentación muy emocionante, nos lo cuenta…

14 jun 2013

O tempo das fotos

Gemma, Salva e Melody aportaron algunhas das súas fotos de Alvarella para este pequeno vídeo. Pero aínda hai sitio para outras cinco fotografías. Se tes algunha que che guste, anímate e participa…

11 jun 2013

Linguas, Mates, Medio (14)

Actividades especiais para a Unidade 14, para un curso que xa remata. E tamén hai, como é habitual, algunhas tarefas para repasar. Ah, ten en conta que todo é obrigatorio e necesario…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

  • BUSCA recursos e actividades sobre o novo tema: O sistema nervioso. Ten en conta que algúns enlaces poden non funcionar.

Recursos para repasar e superarte: de sexto de primaria a 1º de ESO.

Juegos para pensar 5

6 jun 2013

Alvarella, outro día

A vida segue en Alvarella, e as cousas para facer veñen unha tras outra: a elaboración das velas, o tinguido de camisetas, o tempo de piscina, os xogos na natureza… E o máis importante, cada día todos aprenden a coñecerse mellor.

5 jun 2013

En Alvarella todo vai ben

Todas as familias poden estar tranquilas, tanto en 6º B como en 6º A, que todo vai ben. Incluso hai sol! Por iso camiñan, están en obradoiros, aliméntanse, báñanse na piscina, xogan. A noite pasada, por exemplo, buscaron en grupos rulas, parrulos, cucos e reiseñores, a pesar da escuridade e a noite…

2 jun 2013

مدرسة اسماعيل 3

Así se escribe en árabe o nome do noso blog: مدرسة اسماعيل 3. O pai de Viky, que naceu en Marrocos, sabe escribir en árabe e está traducindo moitos nomes de nenos e nenas da clase. O árabe é a lingua daquelas terras e de moitas outras partes do mundo. Se tes en conta que Ismaíl tiña a súa aldea polo centro de Asia, onde tamén se fala, entenderás mellor a súa vida. Por iso, en Saidabad, a súa aldea e a súa casa, sabían moito dese idioma…

1 jun 2013

♫ Valerón, Valerón, Valerón ♫

Canto tempo pasou desde a última presentación? Agora é igual, porque Ainara e Clara fixeron unha moi boa. Hoxe, o equipo de fútbol da Coruña xoga un partido dos máis importantes, que decidirá en que categoría estará o próximo ano. Pero elas queren que prestemos unha atención especial a un xogador: Valerón… Meréceo!

30 may 2013

O caso da consola desaparecida

Hoxe celebramos a metade da nosa festa dos 8.000 comentarios. E foi só a metade por un problema técnico: a un compañeiro desapareceulle a súa consola de xogos. Cometeu un pequeno erro, pois non a debía traer, pero o peor foi o que lle pasou. Así que na clase houbo que falar, e falar moito, moitísimo. Ao final, a maxia das palabras tivo un efecto positivo e creo que o asunto mañá xa estará solucionado. Mentres, probamos os saborosos biscoitos e doces que fixeron as mamás de Diego, Meri, Daniel e Javier. E tamén vimos unha gran película: Billy Elliot

27 may 2013

Chegamos aos 8.000

Entre os alpinistas e montañeiros, son ben coñecidos os oitomiles ou montañas máis altas do mundo. E nós, aínda que non subimos a ningún monte, chegamos aos oito mil, aos 8.000 comentarios. Acadamos esa cifra co esforzo de toda unha aula, e tamén coa axuda das familias. Primeiro como 5º B, e agora como aula de 6º B. María e María Luisa, e cos colaboradores que precisen, organizarán a festa do xoves, a gran festa dos oito mil comentarios

María e María Luisa con golfiños

23 may 2013

La Luna

The Moon (La Luna) es un pequeño vídeo de Disney Pixar. En él, un niño, de noche, sale a trabajar con su padre y con su abuelo. Pero cuando descubre cuál es el trabajo, se llevará una gran sorpresa. Algunos han dicho que es una película tierna e inspiradora, y que cuenta que seas tú mismo sin renunciar a tus tradiciones…

Entre otras cosas, el vídeo trata de explicar, con ayuda de la imaginación, el origen de un fenómeno natural que todos conocemos muy bien. Ofrécenos tu respuesta en el post. Así, nuestra fiesta de los 8.000 comentarios será aún más increíble… ¡Vamos, adelante!

(vía bibliotecadonalvaro)

21 may 2013

O sistema nervioso

Todos os temas de Coñecemento de Medio son moi útiles, porque con eles aprendes moitas cousas. E tamén serven para as nosas investigacións. Por exemplo, se te fixas no segundo punto verás que hai unha palabra con maiúscula. É o apelido dun gran científico español, o único que logrou o Premio Nobel. Por certo, descubriu o funcionamento das células nerviosas. Quen foi? A investigar…

Como se chamaba este médico e científico?

16 may 2013

O conto máis grande

Esta historia é moi, moi grande. É grande pola súa extensión, pero tamén porque se trata dunha boísima historia, a de Ismaíl e Drago. O primeiro capítulo foi escrito por Vanesa Bouzas no ano 2007, e os demais son creación de María Pardo, e escritos este curso. Desde que Vanesa inventara a súa historia, ninguén se atrevera a continuala, ata que chegou María e empezou a escribir…

  1. Ismaíl e Drago
  2. O regreso
  3. O mapa
  4. A busca
  5. A montaña
  6. A execución

María Pardo (2012)

14 may 2013

Flores de maio

Hoxe xa probamos algúns modelos de flores para o maio do colexio. E tamén descubrimos as vosas ideas, como os bos investigadores que sodes. Así que este vídeo creo que servirá para buscar máis ideas e encher a aula e o colexio coas flores de maio. No Día das Letras Galegas

13 may 2013

Rona e a Lúa

Un pequeno resumo dunha historia que aparece nun libro que coñecemos ben. A historia fala dunha muller chamada Rona, claro, e o libro está aquí

Rona vivía nunha illa, na costa do norte de Nova Zelanda, co seu marido e os seus dous fillos. Cada día, o seu esposo ía pescar, mentres que os fillos nadaban cos golfiños.

Cando Rona cociñaba, comprobaba con coidado se as pedras de cociñar estaban o suficientemente quentes. O peor era que Rona tiña un mal carácter.

Unha noite de verán había lúa chea. Esa noite, o seu marido e os fillos saíran a pescar, e Rona pasou todo o tempo vagabundeando e sen rumbo fixo. A luz dourada do sol ocultouse e só quedou o escuro océano. De repente, sentiu as súas voces, pois regresaban do mar.

Rona, con pánico, colleu as cabazas e correu cara a fonte. O camiño estaba cheo de pedras e tropezou, e empezou a maldicir e a pronunciar feas palabras. Pero ao final logrou chegar á fonte.

Alí, Rona encontrouse na escuridade máis absoluta. Por iso rompéronselle as cabazas e toda a auga derramouse no chan. Entón, comezou a insultar á mesma Lúa.

A Lúa, moi ofendida, colleuna e levouna ao ceo, e quedou nel para sempre…

[Tania, Victoria]

Rona e a Lúa, de Carlos

12 may 2013

Linguas, Mates, Medio (13)

Actividades especiais para a Unidade 13, que estamos a piques de empezar. E tamén hai, como sempre, algunhas tarefas para repasar. Ah, ten en conta que todo é obrigatorio e necesario…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

  • BUSCA recursos e actividades sobre o novo tema: O sistema nervioso. Ten en conta que algúns enlaces poden non funcionar.

Recursos para repasar e superarte: de sexto de primaria a 1º de ESO.

Juegos para pensar 4 Preme na imaxe para pensar e xogar

11 may 2013

O Caldeiro Máxico en Nostromo

Como di a expresión popular, non están todos os que son, pero si son todos os que están. É dicir, nesta listaxe faltan algunhas historias escritas en galego porque aínda non se publicaron, pero as que aparecen xa foron compartidas en Nostromo, a nosa nave especial. E en todas elas a axuda do caldeiro das historias foi moi importante. Agora a pregunta é..., cal che gusta máis? Por que conto votarías?

O Caldeiro Máxico

9 may 2013

O regreso de Drago, versión case completa

En Nostromo, xa contamos como María preparou a súa longa historia O regreso de Drago. Despois, para un concurso que non rematou ben, fixo unha versión máis pequena para cumprir coas súas normas. Agora, finalmente, publicamos a versión máis completa ata o momento. E digo así porque creo que ten que acabar este impresionante conto. E tamén creo que debemos pedirllo para que o faga… María xa é unha escritora!

Ismaíl, de María

8 may 2013

Para o Día das Letras Galegas

Como cada ano, xa chega o Día das Letras Galegas, que esta vez dedícase ao escritor Roberto Vidal Bolaño. Como talvez descoñezas algunhas cousas sobre este autor, xa sabes que tes que investigar un pouco para superar o montón de tarefas que hai neste post. Ah, creo que o mellor é que vexas antes o vídeo…

4 may 2013

Excalibur e o rei Arturo

O rei Arturo resultou ferido de morte na terrible batalla onde matou ao seu fillo Mordred. Entón, antes do seu final, pediulle a un dos seus cabaleiros, a sir Perceval, que recollera a súa espada, Excalibur, e que a botara ao lago. Así regresaría ás mans daquela dama misteriosa…

Agora que xa rematou esta nova investigación, é o tempo de contar. Escribe a túa opinión sobre esta historia tan antiga… E coidado coa lingua e a ortografía!

29 abr 2013

A clase de maxia

No 5º curso, ao principio, fixemos estas fotos. E de maneira voluntaria, o que quixo puxo o gorro vermello de mago na súa cabeza, case como Harry Potter. Agora forman este bonito collage…

Os magosPreme aquí ou na imaxe para vela máis grande.

28 abr 2013

Linguas, Mates, Medio (12)

Actividades especiais para a Unidade 12, na que estamos. E tamén hai, como sempre, algunhas tarefas para repasar. Ah, ten en conta que todo é obrigatorio e necesario…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

  • BUSCA recursos e actividades sobre o novo tema: O esqueleto e os músculos. Ten en conta que algúns enlaces poden non funcionar.

Recursos para repasar e superarte: de sexto de primaria a 1º de ESO.

Juegos para pensar 3Preme na imaxe para pensar e xogar

27 abr 2013

Melody, a guerreira

Como dixo Clara, Melody é realmente incrible. Sempre está disposta a colaborar con calquera da súa aula, e sabe presentarse voluntaria para todo sen ningún medo. Así conseguiu un montón de moedas de ouro do tesouro de Ismaíl. Por esa razón, e aproveitando a tarefa do Rei Arturo, creo que se merece isto: ser unha guerreira e a nosa defensora… Por certo, esa espada será a famosa Excalibur?

Melody a guerreira

26 abr 2013

Un microscopio virtual

Hai un incrible microscopio virtual que permite observar diversos seres vivos ou elementos inertes, é dicir, sen vida. Ao mesmo tempo, ofrece información sobre todo o que estamos a ver.

É moi recomendable que o explores e que comeces a descubrir o que os teus ollos non mostran. Ah, despois lembra que apreciamos os comentarios que falan dos teus descubrimentos…

O microscopio virtualPreme aquí ou na imaxe para acceder ao microscopio.

24 abr 2013

A lenda do Rei Arturo

Todos agardamos que levaras a cabo as investigacións que se indicaron nun post anterior. Se así foi, seguro que xa sabes moitas cousas sobre o Rei Arturo e a súa vida, e tamén das aventuras dos seus cabaleiros. Por iso, hai varias opcións nesta actividade:

  1. Cóntanos o que descubriches mediante as túas exploracións.
  2. Realiza esta lectura, que será para ti moi fácil.
  3. Se queres saber máis, ten en conta a este famoso escritor.
  4. Colorea, dixital e manualmente, ao Rei.
  5. Prepara o teu propio cómic.

A espada Excalibur Preme aquí se queres ver a película La espala en la piedra.

22 abr 2013

O Día do Libro

Na Wikipedia pódese ler: O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura… Celébrase cada 23 de abril, e sobre os libros e a lectura escribíronse moitas cousas importantes. Por exemplo:

Aristóteles: Só o ser humano, entre os animais, posúe a palabra. Cicerón: Un fogar sen libros é como un corpo sen alma. Umberto Eco: O mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le. Antón Cortizas: Se les é porque sabes, se sabes é porque les. J. R. R. Tolkien: Nunca se deixaba que a Fogueira dos Contos se apagara ou morrera en cinsas grises…

Agora busca ti outras ideas que se dixeran sobre os libros e a lectura e escríbeas nos comentarios…

21 abr 2013

Os libros son amigos

Agora que chega o Día do Libro, como todos os anos, o importante é lembrar que eles son amigos, e que sempre están da nosa parte. Así facemos na aula, ler e saber os seus nomes: 75 consejos para sobrevivir en el colegio; Diario de Greg 1, 3 e 4; La tribu de Camelot; Los magníficos; Malos tempos para os fantasmas; Diario de Nikki; El misterioso caso de los Juegos Olímpicos; Peter y los cazadores de estrellas; Pel de lobo; Pippi Calzaslargas; Séptimo viaje al Reino de la Fantasía; El Señor de los Anillos…

Imaxes de Poster Oven

18 abr 2013

Dani está na selección

Hai tempo que Dani non aparece na categoría de Protagonistas. Pero agora acaba de producirse algo excepcional. Ao parecer, o noso Daniel vai ser chamado polo seleccionador do equipo de fútbol de España. Hai unha praza na dianteira, debido ás lesións, e pensa que el será unha boa solución… Que así sexa!

Daniel Sande, na selección!

17 abr 2013

O Rei Arturo e o regalo de Antía

Ismaíl recibiu moitos regalos, pero poucas veces como o de hoxe. Antía Martínez Pato, unha nena de 2º B, fíxolle un debuxo que colocou sobre un anaco de plastilina. Foi unha bonita sorpresa, que el xa agradeceu. Ademais, hoxe empezamos a investigar a vida do famoso Rei Arturo. Salvador é o que iniciou este asunto, e a súa nai, aínda que non o sabe, tamén ten algo que ver. De momento, hai cinco nomes que haberá que explorar: o Rei Arturo, a raíña Xenebra, Mordred, o mago Merlín e a espada Excalibur.

O regalo de Antía Ismaíl presenta ao Rei Arturo

16 abr 2013

Os hobbits

Por fin regresaron os protagonistas, que estaban case como desaparecidos. E foi Andrés, sen querer, o que tivo a mellor idea. Está lendo un fermoso libro, O hobbit, e talvez por iso Clara, Lucas e Meritxell apareceron vestidos desta maneira…

Clara, Lucas, Meri

15 abr 2013

Os 7000 comentarios

A festa dos 6000 comentarios foi a principios de febreiro, e a dos 7000 fixémola o pasado venres. Claro que xa había máis comentarios, moitos máis, pero antes houbo que solucionar algúns problemiñas. E como en todas as demais festas, a axuda e colaboración das familias resultou especial. Por iso teñen o noso maíor agradecemento…

9 abr 2013

Linguas, Mates, Medio (11)

Actividades especiais para a Unidade 11, na que estamos. E tamén hai, como sempre, algunhas tarefas para repasar, porque son moi necesarias…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

  • BUSCA recursos e actividades sobre o novo tema: Nutrición, respiración e circulación. Ten en conta que algúns enlaces poden non funcionar.

Recursos para repasar e superarte: de sexto de primaria a 1º de ESO.

Juegos para pensar 2 Preme na imaxe para pensar e xogar

5 abr 2013

Cartografías fantásTICas

Alguen dixo que os contos son mapas do mundo. Se iso é certo, as historias que contan os libros que lemos tamén funcionarán de igual maneira. Por iso, este post é semellante a outro que se titulou Cartografías imaxinarias para despois de ler. Só que agora ampliamos o seu contido.

  • A Galaxia das Palabras: en calquera libro podes atopar un vocabulario importante (nomes, adxectivos, verbos), cun significado especial.
  • Word clouds for kids: que siginifica Nubes de palabras para nenos. E como xa sabes, nesta aplicación hai un recadro para introducir esas palabras que anotaches na galaxia. Logo investiga, porque podes cambiar o modelo da nube de palabras, o tipo de letra, as cores…
  • A Estrela das Historias: contén algúns dos elementos básicos dun relato. Son os protagonistas e personaxes, o escenario ou lugar, o problema e o desenlace ou final. Serven para comprender unha historia ou un libro.
  • Poster Oven: trátase dunha aplicación para elaborar posters e carteis. Podes usar algúns dos datos da estrela e do libro que esteas a ler, pero sobre todo utiliza o título, o autor, a editorial e outros datos que consideres importantes. Ten en conta que o cartel anunciará un libro que che gusta.
  • Os bocatas e os mapas dos libros, dos que falaremos un pouco máis noutro momento.

Cal é a túa razón para ler?

2 abr 2013

Ismaíl e o turbante de Salva

UtellStory é un dos sitios para publicar historias que hai na Internet, e que acabo de descubrir. Además de imaxes e textos, poden ter son e vídeo. Cos vosos debuxos de Ismaíl o diminuto e o turbante que ensinou hoxe María, temos un novo post. E cantos irán xa? O primeiro que o descubra terá un...

31 mar 2013

Linguas, Mates (10)

Actividades especiais para a Unidade 10, aínda que non para Medio, de momento. E tamén hai, como sempre, algunhas tarefas para repasar, porque son moi necesarias…

Lengua Castellana

Matemáticas

Recursos para repasar e superarte: de sexto de primaria a 1º de ESO.

Juegos para pensar 1 Preme na imaxe para pensar e xogar

22 mar 2013

¿Qué es Ismaíl?

María, sin que nadie se lo dijera, se atrevió y realizó una investigación curiosa que nos sirve ahora para un post. Es su primera entrada individual, y una de las pocas así que se hicieron hasta el momento. Y eso a pesar de que se elaboró una bonita lista de temas para escribir. Después del atrevimiento de María, ¿alguien más se animará?

Ismaíl es un gnomo. Según la mitología de Europa del norte, los gnomos son enanos fantásticos o elementales de la Tierra. Viven en sus entrañas, trabajando en minas, custodiando tesoros subterráneos y cuidando de metales y piedras preciosas. También se dice que roban a las personas ambiciosas.

En el año 1200, un nórdico llamado Frederik Ugarph encontró una escultura de madera de unos 15 centímetros en la casa de un pescador pobre de Noruega. Se la compró, y descubrió que en su base estaba escrito la siguiente frase: Nisse, rikting sotorrelse. Al parecer, quería decir “Gnomo, estatura real”…

[María Pardo Piñón]

mirando

20 mar 2013

Oscar Wilde: cartografías imaxinarias

A chegada do Príncipe Feliz, o conto de Oscar Wilde, foi ben recibida. Porque a historia, a pesar da tristeza que trasmite, está moi ben contada, e sabe de sentimentos e de emocións. Por iso, agora forma parte das nosas cartografías imaxinarias para despois de ler. Algunas das galaxias de palabras que realizaron están aquí, e tamén algúns dos seus debuxos…

Diego Prieto Diego Prieto
Andrea Andrea
Javier Javier

16 mar 2013

Aula investigadora 7

Nestes últimos meses aínda non aparecera ningún resumo desta aula investigadora. Por iso, aquí están os seus mellores exploradores: Héctor (7), Daniel (2), Andrea (8), Carlos (5), Tania (2), Gloria (3), Ricardo (16), Javier (12), Ainara (3), Iago (3), Gemma (1), Salva (20), María (6), Andrés (3), Melody (8), Viky (2), Sara (3), Clara (2), Meri (1), Diego (1).

A listaxe de temas segue a ser espectacular: o barco Juan Sebastián Elcano, a Torre de Babel, o escritor Michael Ende, Isaac Díaz Pardo, Ofelia, Jarabedepalo, o conquistador español Hernán Cortés, o descubridor Magalláns, a illa de Xamaica, o explorador Vasco Núñez de Balboa, o poboado inca de Machu Picchu, a historia do príncipe feliz, as dúas guerras mundiais, a Casa de Austria, Andersen, a cidade alemana de Dresde, a electricidade

13 mar 2013

Carlos e a pintura de Goya

Alguén fixo unha impresionante presentación sobre o pintor Francisco de Goya, e foi Carlos. Por certo, había xa tempo que ninguén preparaba para toda a aula un traballo así, e iso que se reclamou. Será que agora hai moitas ocupacións…

12 mar 2013

Linguas, Mates, Medio (9)

Actividades especiais para a Unidade 9, aínda que cun pouco de retraso. Pero tamén hai, como sempre, algunhas tarefas para repasar…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

Recursos para repasar e superarte: de sexto de primaria a 1º de ESO.

La proporcionalidad y el porcentaje

9 mar 2013

Oscar Wilde y el príncipe feliz

Hace unos días cometimos un error. El príncipe feliz, la historia de la que os hablé y que se convirtió en una nueva investigación, fue escrita por Oscar Wilde. Para arreglar esa equivocación, a ese cuento y a su autor les dedicamos esta entrada. Además de ver y escuchar el vídeo, si pulsas aquí podrás leer la versión original, pero traducida. Ten en cuenta que es una nueva actividad.

8 mar 2013

Este día tamén é para as nais

Cada 8 de marzo, desde o ano 1911, celébrase o Día Internacional da Muller. E desde o noso blog queremos lembrarnos de todas as nais, unhas mulleres que tanto se esforzan e tantas cousas fan para nós. A súa última gran acción pódese ver aquí, e ten que ver coa excursión de final de curso. Así que é un pracer dicir todos os seus nomes: María Jesús López, Marta dos Santos, María del Carmen Cameán, María Esther, Ana Carro, María Jesús Rodríguez, Ermitas, Lidia, Mercedes, María Teresa, María del Pilar Fernández, María José Regueiro, María Jesús Arias, María Laura, Ana Cal, Ana Barrul, María Luisa Calviño, Concepción, María José, Laura, Marta Sánchez, María del Carmen Conde, Marta Agra, María del Pilar Novo, Natalia e Patricia… Grazas por todo!

As rifas para a Excursión de Fin de Curso

6 mar 2013

Os comedores de bocatas

O escritor Manuel Rivas contou unha historia titulada Os comedores de patacas. Pero nós, neste proxecto, seremos uns comedores de bocatas. Porque din que a lectura é un alimento para a mente, para o noso espírito. Por iso, despois das nosas cartografías imaxinarias, será necesario sentir a forza dos libros… Adiante!

3 mar 2013

Proxecto Bocata, panadería Nostromo

Ler será sempre necesario. E na nosa nave Nostromo, para descubrir contos e historias, os libros son como cofres de tesouros, con ideas e suxerencias para imaxinar e escribir. Por iso empezamos un novo proxecto Bocata, e creamos na aula unha especie de panadería para preparar os nosos bocados de lectura. Gloria, que foi a que máis libros cartografiou, é a primeira panadeira do proxecto.

Mentres facemos outras presentacións e outros vídeos, usaremos ao principio algo do curso anterior…

28 feb 2013

Ismaíl o diminuto

Estes lectores novos xa son grandes lectores. Por iso, investigan e len tantos textos científicos, pero tamén disfrutan moito cos textos literarios, aínda que sexan descoñecidos. Ismaíl séntese moi afortunado con eles, con tod@s, porque son capaces de mostrarlle nos seus debuxos as súas propias aventuras. E el, que chegou de moi lonxe, agradece a súa axuda para saber de cousas que case non lembraba…

25 feb 2013

A Guerra da Independencia

A principios do século XIX, e debido á situación europea daquel tempo, España foi invadida polo exército francés. Pero a poboación española, que rexeitaba aquela ocupación, no ano 1808 rebelouse contra o invasor…

15 feb 2013

Lingua, Mates, Medio (8)

Actividades especiais para a Unidade 8. Pero tamén hai, como sempre, algunhas tarefas de repaso… A investigar!

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

  • BUSCA recursos e actividades sobre o novo tema. Ten en conta que algúns enlaces poden non funcionar.

Recursos para repasar e superarte: de sexto de primaria a 1º de ESO.
Ismaíl é un artista! E ti?

12 feb 2013

O entroido de Ainara

Grazas a Ainara temos algunhas fotos máis dos lunáticos de sexto. Por iso faise con elas outro collage

Entroido 2013 by Ainara

Os lunáticos de sexto

Como sabedes, o tema para o entroido deste ano no colexio tiña que ver coa meteoroloxía. Así que os de sexto, despois de moito pensar, sentímonos moi influenciados pola Lúa, que tanto afecta ao noso planeta. E cun programa gratis, do que xa vos falarei, preparei este pequeno collage cunhas cantas fotos…

Entroido 2013

11 feb 2013

Todas as nosas grullas

Este curso, para nós o Día da Paz estivo moi influído pola historia de Sadako, que ao final mereceu tres posts máis: Sadako, las grullas y los amigos; Sadako, Melody e as 356 grullas; e Las grullas de Ainara y Sadako. Agora, para rematar, veremos todas as grullas que fixemos para ela. Na presentación tamén hai algunhas fotos do Entroido…

7 feb 2013

Los cuentos del caldero mágico

La cuarta fase de Nostromo y su vuelo supersónico llegaron a su fin. Mientras esperamos por más viajes de exploración, ahora serás tú, astronauta de sexto, quien tiene que descubrir y recoger nuevas historias para la nave. Pulsa en la imagen, recuerda y déjate llevar por la magia del caldero…

O Caldeiro Máxico

5 feb 2013

O voo supersónico de Nostromo

Ao parecer, e segundo informacións da axencia espacial NASA, a nosa nave Nostromo está logrando unha velocidade de vértigo. Din que con cada nova historia que recolle, a súa rapidez entre as estrelas resulta incrible. Pois con estas tres historias de Ismaíl que veñen a continuación, máis lle vale. En dúas hai liortas e batallas e guerras…

Debuxante: Ricardo - Ilustrador: Diego

Por certo, seguro que lembrarás algunhas das historias que se recollen neste sitio. Por suposto, contamos coa túa colaboración, se queres. Pois sempre serás ben recibido por Ismaíl.

3 feb 2013

Que sabes do Entroido?

Prepárate e mostra o que sabes desta festa, ou o que non sabes. Preme na imaxe, claro…

O xogo do Brincaletras

2 feb 2013

A festa dos 6000 comentarios

Na última festa dos nosos comentarios houbo un pequeno problema: o profesor esquecer facer as fotos. Ao parecer, estaba contento e emocionado co traballo desenvolto por María e Iago, que foron os organizadores. Aínda que tamén se di que, mentres os nenos vían a película, el comía dos pasteliños e biscoitos que fixeran as nais…

Todos os que fixeron fotos, que envíen algunhas para introducilas nesta presentación.

30 ene 2013

Las grullas de Ainara y Sadako

Ya tenemos más de 280 grullas y estamos muy cerca de lograr nuestro objetivo, como contamos en el anterior post. Por eso, creo que esta presentación de Ainara va a servir para que lo alcancemos. Al verla, al leerla, estoy seguro de que Sadako siempre estará en nuestros corazones…

29 ene 2013

Sadako, Melody e as 356 grullas

Estaba claro que eles farían nacer o seu propio proxecto para celebrar o Día da Paz. E Sadako Sasaki foi quen nos regalou a idea: no seu nome, pola súa historia, estamos a facer 356 grullas de papel. As mesmas que lle faltaron a Sadako para cumprir o seu desexo antes de deixarnos. A presentación de Melody é a proba do que digo aquí, o mellor exemplo de que os soños poden chegar ben lonxe…