Mostrando entradas con la etiqueta idiomas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta idiomas. Mostrar todas las entradas

1 dic 2011

Os piratas tamén len

En decembro os piratas disfrutan de moito tempo libre. As augas dos océanos están moi bravas e non é tempo para navegar. Hai que entrenar e xogar, pero tamén hai que ler, porque un pirata de verdade ten que prepararse sempre. Por certo, os piratas deben saber inglés, é obrigatorio. Así que a ver quen se atreve e conta esta historia

Ai, se o barco estivese a punto e o mar en calma, habería que ir a Port Royal e á cidade de La Habana, como os vellos piratas. Oh, que non sabes que sitios son eses? Pois é unha boa razón para investigar e averigualo.