Alguen dixo que os contos son mapas do mundo. Se iso é certo, as historias que contan os libros que lemos tamén funcionarán de igual maneira. Por iso, este post é semellante a outro que se titulou Cartografías imaxinarias para despois de ler. Só que agora ampliamos o seu contido.
- A Galaxia das Palabras: en calquera libro podes atopar un vocabulario importante (nomes, adxectivos, verbos), cun significado especial.
- Word clouds for kids: que siginifica Nubes de palabras para nenos. E como xa sabes, nesta aplicación hai un recadro para introducir esas palabras que anotaches na galaxia. Logo investiga, porque podes cambiar o modelo da nube de palabras, o tipo de letra, as cores…
- A Estrela das Historias: contén algúns dos elementos básicos dun relato. Son os protagonistas e personaxes, o escenario ou lugar, o problema e o desenlace ou final. Serven para comprender unha historia ou un libro.
- Poster Oven: trátase dunha aplicación para elaborar posters e carteis. Podes usar algúns dos datos da estrela e do libro que esteas a ler, pero sobre todo utiliza o título, o autor, a editorial e outros datos que consideres importantes. Ten en conta que o cartel anunciará un libro que che gusta.
- Os bocatas e os mapas dos libros, dos que falaremos un pouco máis noutro momento.