29 mar 2012

Os súper heroes

Presentamos a estes 3 súper heroes: Iago, Carlos e Diego. Mañá terán na aula unha tarefa extra e única. Van a pedir todos os materiais que aínda estean pendentes de entregar, e de calquera das nosas asignaturas. Así que non deberás deixar nada na casa que teña que ser revisado e arquivado no sitio que lle corresponda. E o venres é o último día de clase antes das vacacións de Semana Santa.

Ten en conta unha cousa. Como os demais heroes tan famosos que hai polo mundo, os nosos tamén posúen uns poderes xigantescos e abraiantes. Xa tes o aviso!

Iago, Carlos e Diego

26 mar 2012

E chegará o maio

A Primavera non rematará ata a chegada do verán, no mes de xuño. Mentres, aínda podemos celebrala porque estamos nos seus días. Por exemplo, mediante un poema de Curros Enríquez, un dos máis grandes poetas de Galicia. Así que le e prepara a túa voz, que cantaremos todos.

20 mar 2012

A celebración da Primavera

O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía, e que se celebra desde o ano 2001 para destacar o traballo dos poetas. Ese día tamén supón a chegada oficial da primavera. Así que se xuntamos a poesía con esta nova estación, o resultado só pode ser fermoso. Pero se ademais os equipos de aula participan, entón teremos unha festa: a festa da poesía. Por iso, cada un deses equipos deberá recitar o poema que se indica, e que preparará ao seu gusto. A única obriga será lograr a emoción de toda a aula:

Mentres chega o momento das sorpresas, un pouquiño de boa música e relaxación…

16 mar 2012

O mundo cando eu nacín

Hai pouco falamos dun novo proxecto, O mundo cando eu nacín, e que xa empezamos a realizar. Nunha primeira fase, descubrimos algunhas cousas interesantes: o significado dos nomes, a distribución dos nosos apelidos en Galicia e España, e incluso os escudos que lles poderían corresponder.

Agora entramos nunha nova fase, a segunda. E nela terás que facer estas investigacións:

  1. Encontrar sete personaxes famosos (actores, músicos, escritores, deportistas, políticos, etc.) que compartan contigo o mesmo día de nacemento: Calendario de aniversarios - El almanaque de las efemérides - Deportistas olímpicos - El Sitio de las Celebridades - Famous Birthdays (o cumpreanos dos famosos, en inglés)
  2. Averiguar cal era a disposición do Sistema Solar e as estrelas o día no que chegaches ao mundo. Haberá que gardar esas imaxes para incorporalas ao teu traballo: Solar System Scope

A Ría do Burgo, desde Culleredo

Preme aquí ou na imaxe para ver o mundo desde a Ría do Burgo, en Culleredo, A Coruña, Galicia, España, Europa…

13 mar 2012

Top 10 investigadores

As listaxes e as clasificacións tamén son necesarias para saber que ocorre coas cousas que estamos a realizar. Por exemplo, é importante coñecer cales son as aportacións que facemos á nosa Aula investigadora. Se analizamos as tres sesións que xa levamos a cabo, estes son os mellores investigadores ata o momento:

1) Andrea 2) Ricardo 3) Héctor 4) Salvador 5) María Luisa 6) Carlos 7) Meritxell 8) Ainara 9) María 10) Clara

As nosas felicitacións para este grupo de investigadores e as súas familias, porque sabemos que a súa axuda é grande, moi grande. Como hoxe, grazas á nai de Ricardo, apareceu a música de Abba, que esta canción sexa a nosa celebración especial. Para toda a aula…

10 mar 2012

Darwin y el árbol de la vida

Una de las últimas investigaciones consistió en descubrir las islas de las Galápagos, a partir de una sencilla conversación en el aula. Fueron varios los voluntarios que se atrevieron con la exploración, que también incluía el nombre de un científico: Charles Darwin. Gracias a Salvador, Andrea, Ricardo, Diego, Héctor y Carlos se resolvió y se completó la investigación.

Este vídeo documental sobre el trabajo del gran científico inglés es un regalo para todos. Para verlo entero tienes que ir a nuestro taboleiro de avisos

8 mar 2012

Que cousas pasaron cando nacestes?

A nosa clase está chea de exploradores e por iso sempre fan moitas investigacións. Esta actividade tamén é unha delas, pero esta vez participará toda a aula. Vouna explicar…

Aínda que che pareza raro, seguramente non sabes todas as cousas que ocorreron cando viñeches ao mundo. Por exemplo, coñeces os nomes da xente famosa que naceron o mesmo día ca ti? Sabes cales eran as cancións de moda? Ou cales eran os escritores e deportistas máis premiados? Pois todo iso, e moito máis, é o que terás que saber.

Neste proxecto de investigación hai varias fases. Para empezar, farás o seguinte:

  1. Explicar o significado do teu nome, e se queres tamén o de familiares e amigos: Significado etimológico de los nombres - Significado dos Nomes (portugués) – Antroponimia - Tus Nombres y Apellidos
  2. Descubrir en que sitios de Galicia e de España aparecen os teus apelidos: Cartografía dos apelidos de Galicia - Nombres y apellidos en España

De momento, como estamos nunha fase de busca e exploración, todo o que consigas atopar gardarase en forma de borradores. Agora disfruta cos seres que imaxinastes unha vez

7 mar 2012

María y los hermanos Grimm

A María le gustan los cuentos y las historias, y por eso se atrevió con esta tarea de investigación. Trata de los hermanos Grimm, unos grandes defensores de los cuentos populares europeos, y a los que salvaron de la desaparición. Este trabajo puede ser una buena idea para realizar otras actividades con esos cuentos, ¿no os parece?

5 mar 2012

A festa dos 2.000 comentarios

Sempre lembraremos a boa idea que tivo Diego Prieto para que facer as festas dos comentarios. Por iso xa chegamos á segunda, case con tantas sorpresas como na primeira: tartas, orellas de entroido, bombóns, galletas, patacas fritas, bebidas, pratos, vasos, una película, música, baile e moitas cousas máis. E todo iso grazas á inmensa colaboración das familias, porque, como xa dixemos a outra vez, sen elas nada así sería posible…

1 mar 2012

Aula investigadora 3

Houbo unha aula investigadora 1, en novembro, e despois unha aula investigadora 2, en xaneiro. E agora, aínda que xa non resuta unha sorpresa, presentamos a aula investigadora 3, que é a mellor de todas.

Que por que digo isto? Porque estes exploradores e exploradoras son fenomenais, que investigan o que sexa. Por exemplo: Apolo e Ulises, Don Pelayo, Averroes, o Ramadán, a cidade da Meca, a mesquita-catedral de Córdoba, o científico Carl Sagan, Rodrigo Díaz de Vivar (O Cid), o escudo de España, o Corán, a acrópole de Atenas, a batalla das Navas de Tolosa, o significado de Al-Ándalus, as cadeas do escudo de Navarra, o alcázar de Segovia, as cidades medievais…

Estes son as nenas e os nenos que máis investigaron: María (3), Ricardo (15), María Luisa (14), Iago (1), Melody (3), Ainara (3), Diego (2), Andrea (12), Clara (3), Gemma (1), Carlos (13), Meritxell (5), Javier (1), Héctor (11), Salvador (7).