28 feb. 2012

Cal será a película?

Por fin, parece que chega a festa dos 2000 comentarios. A aula enteira xa está a preparar ese día, e en equipos organizará todo, como a outra vez. Gústanos o cine, e por iso o mestre encargarase da película. Pero ao igual que na anterior festa, despois de disfrutar, cada un contará a historia do que viu en forma de cómic. A seguinte actividade LIM ten que servir para que realices o mellor dos teus cómics. Así que observa, imaxina e aprende…

(via Actividades LIM)

25 feb. 2012

A preparación dunha festa

Temos moitas cousas para facer. Rematar os seres que imaxinamos, falar da nova aula investigadora, disfrutar con outras actividades TIC extra, etc. Pero tamén é necesario preparar a festa dos 2000 comentarios, pois os compromisos hai que cumprilos, como xa fixemos antes.

Así que abrimos un novo sitio, O Taboleiro dos Avisos. Servirá para que anuncies as cousas que che gustan, para que informes do que pasa, para mostrarnos o que che interesa. Empeza a pensar e ofrécenos ideas para a festa, ou para dicir o que xa tes pensado facer. E lembra, a colaboración é moi importante…

Queres ver este taboleiro en toda a pantalla?

22 feb. 2012

Do máis pequeno ao máis grande

As unidades de lonxitude e o estudo das células son dous temas novos. A medida das cousas é o seu punto en común. Todo o demais é diferente… Descúbreo!

Matemáticas

Coñecemento do Medio

A partir de obxectos e seres que se miden co metro, esta animación permite que fagamos unha viaxe ata os mundos microscópicos e tamén ata os lugares máis grandes do Universo. Preme aquí ou na imaxe, e move o cursor de esquerda a dereita.

A Escala do Universo

20 feb. 2012

As fotos do Entroido

O venres 17 de febreiro fixemos o desfile polas rúas próximas ao colexio. Este ano os disfraces tiñan que ver cos pobos e culturas do mundo, e por iso nós escollimos o Brasil e a súa selección de fútbol. Se tes máis fotos e queres que se vexan no noso blog, usa o correo electrónico…

17 feb. 2012

Una carta de Melody

Hoy fue un día especial. Se celebraba el Carnaval en el colegio, y unas mamás y unos niños prepararon dos bandejas de orejas para todos los de quinto. Estaban riquísimas, de verdad. Luego, durante la fiesta, vinieron a visitarnos otros amigos que ya nos dejaron. ¡Ahora son mayores! Al final, Melody dejó una carta que había escrito. Al leerla, el profesor se emocionó mucho, y decidió que debía ser un post.

Ismaíl, te deseo un feliz Carnaval. Porque me gusta mucho tu compañía en clase, eres genial. Y con el traje de brasileño que hicieron Diego y su madre estás muy chulo.

Ismaíl, cada una de las monedas de tu tesoro significa el cariño que nos tenéis, tanto Mario como tú. Por eso, estoy segura de que nos queréis un montón, y así nos invitáis muchas veces. Y comemos tus monedas de chocolate.

Cuando empezamos el curso, ya sentía mucha ilusión por conocerte…

14 feb. 2012

O mundo de Gulnara

Gulnara, a guerreira, vivía coa súa familia nas chairas de Mongolia. Un día chegou un mensaxeiro real e a súa vida cambiou. Sabes todo iso porque acabamos de ler a súa historia. Para que entendas mellor aquel tempo e a forma de vida do seu pobo, este vídeo será unha boa axuda. Ademais, tamén se fala de Gengis Kan, o seu primeiro gran rei. Pola súa importancia, merece unha pequena investigación…

11 feb. 2012

Juegos contra el frío

Dicen que el fin de semana será frío, así que es mejor que te muevas para no congelarte. Si descubres el funcionamiento de estos juegos, seguro que te sentirás bien calentito…

  • Hoops Mania!: encesta en una una canasta de baloncesto y consigue todos los puntos que puedas.
  • ¡Desafío Snowboard!: disfruta en la nieve virtual con una tabla para esquiar.
  • Extreme Trucks: conduce una potente furgoneta por caminos muy complicados.
  • Laberinto: ¿serás capaz de sacar la bolita de color naranja de su laberinto?
  • 3D Quad Bike Racing: una carrera con quads no es tan sencilla como puedes creer.
  • Basketball, o baloncesto: pulsas en skip para saltar la presentación, y después en play para jugar. Es un juego impresionante, pero no es fácil.

8 feb. 2012

Clara e o castro

A Clara gústalle saber cousas da nosa historia e por iso preparou unha presentación sobre un castro. Trátase do fermoso castro de Baroña, que está nun lugar único da xeografía galega. Algúns din que todo o mundo debería ir algunha vez

7 feb. 2012

A Galicia antiga

Galicia está habitada desde hai milleiros de anos. Así, consérvanse restos de monumentos megalíticos e outros da chamada cultura castrexa. Máis tarde, as nosas terras foron conquistadas polos romanos, que crearon grandes cidades como Lucus Augusti…

5 feb. 2012

Chega o Entroido

En inglés, build your wild self quere dicir que constrúas a túa propia natureza, máis ou menos. Así que, como o Entroido xa chega, imaxinarás que es outra persoa, outro ser, e farás que todos o podamos ver:
  • Preme para acceder a esa páxina.
  • Selecciona o teu sexo e escribe o teu nome.
  • Despois escolle as túas características máis humanas: pelo, ollos roupa, calzado.
  • A continuación, elixe os trazos máis salvaxes, que están nos recadros verdes.
  • Por último, garda a imaxe no ordenador. Non o esquezas, que isto é moi importante para que non se perda a túa imaxe de "animal". Ademais, haberá unha nova actividade...

Pouco a pouco entramos no Entroido. Descubre e aproveita uns enlaces que recolleu a nosa amiga Belén, tamén coñecida como Tolinha, e que é a autora do blog Casa de tol@s. Preme aquí para ir directamente a eses recursos.

1 feb. 2012

Ainara e o castelo

Había tempo que ninguén presentaba unha actividade extra, que son as que se fan de maneira voluntaria e usando o ordenador. Por fin, Ainara Vicente Vázquez trouxo un deses traballos, que enviou por email a Ismaíl. Resulta moi oportuno, pois trata un asunto da Idade Media, e vai sobre un castelo que ela visitou…

Lembra que faremos unha proba sobre a unidade de Medio na que estamos. Así que aproveita o traballo de Ainara e esfórzate: