Esta é a primeira das actividades extra que aparecerán no blog. Tratarase de tarefas que se relacionen coas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), e que os nenos e as nenas farán libre e voluntariamente. Por iso son accións que sempre se agradecen moito, pois animan e axudan aos demais e serven para aprender e colaborar.
María Pardo Piñón foi a primeira en presentar unha destas tarefas extra. Un día, do relevo de Galicia pasamos aos ríos do mundo. Nese cambio que fixemos, a súa presentación mostra os dez ríos máis longos do mundo e os continentes onde se atopan.