22 ene 2013

Nova historia para Nostromo

Despois dun tempo sen saber nada da nosa nave Nostromo, por fin temos noticias novas. Unha das nosas astronautas escritoras, María Luisa, foi capaz ela soa de recoller outra historia que era aínda descoñecida. Pero agora, por sorte, xa está no interior da nave:

  • A pedra e a viaxe, de María Luisa Sainz Calviño. Trátase da continuación dunha historia de María Pardo, que ela realizara a partir dun conto de Vanesa Bouzas. Así que as nosas historias nunca desaparecen, reviven sempre…

A estraña pedra

16 ene 2013

María e a electricidade

O asunto da electricidade chamoulle a atención a María, e por iso investigou sobre 3 científicos expertos nese tema. Foron Benjamin Franklin, Alessandro Volta e Thomas Edison, que agora mesmo deben sentirse felices por esta presentación…

15 ene 2013

Enlaces para investigar

Os enlaces deste post son para que investigues e descubras como funcionan. Tamén para que penses o que se pode facer coas aplicacións que gardan. Así, na aula, haberá xente preparada para explicarlle aos demais todo o que precisen saber. Ah, e xa temos ganas de que alguén reciba certa libreta de notas… Comprendes?

3ddinosaurio

13 ene 2013

As ondinas de Andrea e Ricardo

Este traballo de Andrea e Ricardo xa é do ano pasado, pero aínda non se publicara. O seu tema, as ondinas, ten que ver cos mundos fantásticos e tamén coa mitoloxía

10 ene 2013

España e América

O descubrimento de América, en 1492, marcou o inicio da Idade Moderna… Así empeza o noso libro o novo tema, o que fala do tempo das exploracións europeas. Aínda que non se presentaron tarefas especiais na aula, o noso amigo Alejandro, cando estivo en sexto, deixou algunhas moi boas e interesantes:

Os aztecas habitaban na meseta de México e estaban gobernados por un emperador... Así di o noso libro. E o seu último gobernante foi Moctezuma, que tivo que enfrontarse con conquistador español Hernán Cortés

7 ene 2013

Linguas, Mates, Medio (6)

Actividades especiais para a Unidade 6, aínda que xa coñeces o tema de Medio. Pero tamén hai algunhas tarefas de reforzo e de repaso, porque sempre serán necesarias…

Lengua Castellana

Matemáticas: Los números decimales

Coñecemento do Medio

The Space Place

1 ene 2013

Feliz Ano 2013!

Neste vídeo, vemos a xerminación dunha pequena semente de carballo, a landra, ata que se converte nunha árbore. Pero só dura tres minutos, cando na realidade son oito meses, máis ou menos. E ao igual que ese carballo, os nenos e nenas de sexto medrarán tanto que un día abandonarán o colexio. Por iso, este será o seu ano…