29 nov 2012

O Minotauro

Aínda que non lle dimos ese nome, de feito xa temos a nosa aula de mitoloxía. Así que imos rematar ben a primeira actividade. Volve a este post anterior para reler a historia de Teseo e o Minotauro. Lembra que tamén fixeches a súa galaxia de palabras, e incluso unha nube con elas. E ten en conta que hai algúns libros sobre mitos, un grazas a Carlos. Con todos eses materiais, realizarás un cómic sobre o Minotauro, o rei Minos, Parsifae, Ariadna, Teseo… A ver como contas o que pasou!

26 nov 2012

Aula investigadora 6

Despois da última fornada de aprendices de Indiana Jones, había tempo que non aparecían máis investigacións. Pero aquí están: Héctor (10), Carlos (4), Meritxell (3), María (2), Melody (7), Miguel (1), Ricardo (17), Javier (5), Ainara (4), Andrea (2), Salvador (3), María Luisa (1), Tania (1), Iago (1), Clara (5).

A listaxe de temas, coma sempre, foi moi grande: Alexandre Magno, Trafalgar, Dalmacia, Stephen Hawking, Esopo, Taj Mahal, Malala, Challenger, pictos, premios Nobel, premios Príncipe de Asturias, touros de Guisando, minotauro, Elena Fortún…

E para rematar, unha nova presentación, esta vez de Carlos. Para facela, tivo que recorrer medio mundo. Pero creo que disfrutou e aprendeu moito. Agora tócache a ti.

21 nov 2012

5000 comentarios e un magosto

O venres 16 fixemos a festa do magosto, e por sorte andaba polo colexio a nai de Diego Prieto. Así que grazas á colaboración de María del Pilar temos estas bonitas fotos do evento. Pero como case coincidiu no tempo co récord dos 5.000 comentarios acadados polo blog, tamén falamos deste número incrible. Porque son moitos, moitísimos comentarios, un gran éxito para unhas nenas e uns nenos que participan e colaboran. E por iso xa están a preparar a nova festa, que vai ser espectacular…

20 nov 2012

Los mejores gatos de Ricardo

Ricardo nos presenta a sus gatos preferidos, o al menos es lo que se deduce de su gran trabajo de investigación. Aunque hay uno de ellos, que es una gatita, que destaca por encima de los demás. Se llama Lulú, y tiene nombre de artista…

18 nov 2012

Os mestres tamén contan

Hoxe dixen no blog que tiña ganas de contar unha historia. E pensaba neste conto dixital titulado El sueño de la mariposa. Talvez alguén teña este libro de Eric Carle, de cando erades máis pequenos. A historia baséase nesa obra, pero tamén en certas palabras de Jorge Luis Borges. Aínda que este escritor é para a xente adulta…

Por certo, creo que vos gustaría facer historias así cos ordenadores da aula? Ou non?

15 nov 2012

Nostromo, a nosa nave

Nostromo, a nave das nosas historias que empezou a súa viaxe o curso pasado, xa está voando polo universo de Internet. Precisa da vosa forza, que é moita, e así chegará lonxe, moi lonxe…

Ata onde chegará?

Nostromo, a nave das historias