20 oct. 2011

Escola e familia

Debaixo da imaxe que anuncia este blog, hai un enlace que ten o mesmo título que o post de hoxe. É unha páxina do noso blog para gardar aqueles recursos que se relacionan coas materias do curso. Realmente xa contén enlaces para 5º e para 6º, pero non todos os que existen, senón unha pequena e completa selección. Se na casa son utilizados eses recursos, os beneficios educativos poden ser moi grandes.

Con esa colaboración, poderemos levar a cabo con máis facilidade outras experiencias para as que se precisa un pouco de tempo. É o tempo que requiren os ordenadores e as novas aprendizaxes mediante Internet. Pois todo iso forma parte da educación do futuro, que xa é o presente destes nenos e nenas. E ao igual que antes foi María, agora é Iago Sixto Otero quen nos presenta un novo traballo extra realizado coas ferramentas actuais. Neste caso, el preferiu investigar sobre o mundo de Ismaíl

9 comentarios:

Gloria dijo...

Esta moi ben o video de Iago que ten moita imaxinación e nunca,coa imaxinacion que teño se me habría ocurrido facer iso

Mario Aller dijo...

Gloria, a imaxinación é como calquera outra cousa. Se practicas, terás máis e mellor...
Saúdos

Sara dijo...

É moi divertido,aínda que podía poñer un final mellor.Coma poñer"UN TRABALLO FEITO POR IAGO".PERO ESTÁ MOI BEN.Saúdos.Sara

Mario Aller dijo...

Sara, tes toda a razón, pero son cousas que se irán aprendendo...
Saúdos

GEMMA dijo...

Ola son Gemma me gustou moito o traballo de Iago só que estaba cheo de gnomos por todas as partes, bueno pero esta ben.Que pases un bó findesemana .Saúdos.

Mario Aller dijo...

Gemma, seguro que Iago agradece o teu comentario. Por certo, dentro de pouco haberá un post de multiplicacións para practicar... jejeje
Saúdos

GEMMA dijo...

Xa vexo Mario pareceme que vou a ser a primeira que o vou a probar.Saúdos.

salva y andrea dijo...

Iago nos gusta mucho tu presentacion y a Ismail tambien creo que se te da muy bien esto.

Maria Luisa dijo...

IAGO, saíuche moi ben o traballo de ISMAIL. Ao mellor ISMAIL che da as grazas ... CHAO