20 ago. 2012

Máis sobre os materiais

No post anterior, que tamén tratou o tema do material do próximo curso, Melody dixo nun comentario: “Eu creo que vou usar as libretas do curso pasado, e que senón sería un estrago do material”. Hai algo de razón nas súas palabras, pero para explicar ben todo, escribín:

Melody, serven as libretas do curso pasado se están en bo estado e se aínda teñen moitas follas. Senón é mellor usar libretas novas...

Como agora seremos de sexto, non parece unha boa idea mesturar os traballos antigos cos novos. Por iso contestei así á súa pregunta. E en canto ao resto de material, supoño que para Inglés, Música e Educación Física precisaredes o mesmo de sempre. Non está na nota provisional, pois aínda non podo confirmalo.

Melody en Picadilly Circus (Londres)

11 comentarios:

clari dijo...

Hola tamen hai q pensar q vamos facer para recaudar diñeiro para a exscursion de fin de curso porq os de A xa estan facendo cousas e nos non podemos ser menos.

Mario Aller dijo...

IMPORTANTE: Hai que pensar o dos folios, porque ao mellor o colexio non pode pagar iso. Talvez deben aparecer na lista de material. Así que atentos... :-)

gemma dijo...

Esque eu as libretas do curso pasado só me quedan catro follas,entón eu vou comprar unhas novas.Bicos.

Melo dijo...

Eu xa recaudei o diñeiro pa Alvarella.

Gloria dijo...

A min o do curso pasado teño todo. Das libretas me queda pouco menos de media libreta. Logo do estuche teño cousas de sobra na casa. Sólo tiben que mercar a axenda.

gemma dijo...

MARIO ENVIEICHE UN CORREO.BICOS.

javier suarez dijo...

mario e as libretas de cidadania como van ser, se as vai a haber deberiamos sabelo

Mario Aller dijo...

JAVI PREGUNTA: O comentario de Javi sobre a asignatura de Cidadanía é interesante, porque non puxen ningún material. Podedes reservar 1 libreta como as de linguas. Pero xa que houbo cambios nesa materia, aínda non estou seguro das súas necesidades...

Cc ( clara ) dijo...

mario sobre a libreta de cidadania non sei este curso pero o curso pasado usararon a de coñecemento.

TANIA dijo...

Melody ti que patricinabas? jajajaja

Maria Pardo dijo...

O 5 que está enriba da cabeza de Melody pode ser de 5ºB.