29 ago. 2012

La carta de Gemma

Ismaíl recibió por correo electrónico una carta muy bonita, y creo que le hizo mucha ilusión. Alguien le contaba cosas del verano y los viajes…

Gemma, la viajera

20 ago. 2012

Máis sobre os materiais

No post anterior, que tamén tratou o tema do material do próximo curso, Melody dixo nun comentario: “Eu creo que vou usar as libretas do curso pasado, e que senón sería un estrago do material”. Hai algo de razón nas súas palabras, pero para explicar ben todo, escribín:

Melody, serven as libretas do curso pasado se están en bo estado e se aínda teñen moitas follas. Senón é mellor usar libretas novas...

Como agora seremos de sexto, non parece unha boa idea mesturar os traballos antigos cos novos. Por iso contestei así á súa pregunta. E en canto ao resto de material, supoño que para Inglés, Música e Educación Física precisaredes o mesmo de sempre. Non está na nota provisional, pois aínda non podo confirmalo.

Melody en Picadilly Circus (Londres)

16 ago. 2012

A pregunta do pai de Javi

Algunhas semanas atrás, o pai de Javi fixo unha boa pregunta. Nun comentario escribiu: “Mario, sabes que materiais necesitamos para o comezo do curso, con iso de que vai subir o prezo”…

Os maiores sabemos que se anuncia un mes de setembro con prezos máis altos. E como os salarios non medran, parece unha boa idea mercar en agosto os materiais que se precisen para o inicio do curso. O aforro será moi bo para as familias. Por iso, neste enlace hai unha nota provisional

Javier