14 nov. 2012

A galaxia das palabras

Héctor explicou moi ben o significado do título Cartografías imaxinarias para despois de ler, do que falaremos noutro momento. Ten que ver coa lectura, claro, e coas cousas que nos contan os libros e as historias. Nesta actividade, por medio do blog, terás que facer:

  • Volver a ler o mito de Teseo e o Minotauro, na versión de Polidoro.
  • Lembras a nosa Galaxia das Palabras? Pois anota nun borrador aquel vocabulario da historia que consideres importante. Presta atención aos nomes, aos adxectivos e aos verbos. Ah, deben servir para entender o que o mito contou.
  • Agora preme no seguinte enlace para ir a Word clouds for kids, que quere dicir Nubes de palabras para nenos. No recadro, introduce esas palabras ou expresións que anotaches no borrador e preme nunha frecha que hai debaixo, á dereita. Agora investiga, que podes cambiar o modelo da nube de palabras, o tipo de letra, as cores. E tamén podes gardar a imaxe no ordenador.

A Galaxia das Palabras

27 comentarios:

Mario Aller dijo...

Ainara xa descubriu unha nova historia de Ismaíl. El vai vello, por iso agradece moitísimo eses descubrimentos, que xa nin lembraba... Haberá máis? Non sei que dicirlle... :-)

Ricardo dijo...

MARIO EU XA VIN CANDO TE ENTTREGABA A HISTORIA AINARA

Melody dijo...

Q temos que levar mñan as castañas?

Mario Aller dijo...

Si, as castañas son para mañá, se pode ser... E mirade no que estou:

http://nostromonave.blogspot.com.es/

Melody dijo...

A mi no me deja dejar comentarios...

Mario Aller dijo...

Aínda non se pode facer nada. Está en fase de creación... :-)

Melody dijo...

Jo, o meu nome en Nostromo é o máis peque!
Coma, min, eu son a máis peque, jeje.
De idade

Mario Aller dijo...

Iso é cousa da aplicación, Melody, probei varias maneiras pero non cambiou moito. Pensa que é o de menos, o de máis serán as historias.

Melody dijo...

Pero, é gracioso, o meu nome é o máis pequeno e eu sou a máis pequena.

Melody dijo...

É obrigatorio o da Galaxia de Palabras? Hai que levalo a clase?

Mario Aller dijo...

A galaxia é unha actividade e hai que probar. Pero na clase será en serio... :-)

Melody dijo...

Osea que o faremos na clase?
Mario, puxeches menos en vez de nenos, jeje.

Dani dijo...

Xa terminei o texto de detras da Galaxia de palabras.

Dani dijo...

Empezarei a facer unha nova historia de Ismaíl.

Dani dijo...

A que hora facemos o magosta no colexio???

Meritxell dijo...

Mario non me vai o do recadro das palabras, pincho no enlace e non aparece o recadro.

Mario Aller dijo...

Meri, iso é do navegador. A min vaime tsmén no móbil...

Melody dijo...

MARIO, A MIÑA NAI QUERE SABER SE OS PAIS PODEN IR?

Mario Aller dijo...

Entendo que non, Melody...

Mario Aller dijo...

A dirección do colexio é a responsable desas cuestións. Na información que nos deron, non dicía nada...

Melody dijo...

Dani, aparece no folleto que nos deron hoxe...

Melody dijo...

Que lle pasaría a Andrés, e que hoxe non foi a clase...

Mario Aller dijo...

Salva xa aparece 2 veces en Nostromo. Que famoso vai ser! :-)

Melody dijo...

Mario, eu en 5º fixera un conto...

Melody dijo...

Cando haberá que entregalo cuadernillo de mate?

Mario Aller dijo...

O cadernos 4 de mates lévase mañá e confirmaremos a data de entrega... Que pensades? Nostromo con ou sen comentarios? :-)

Melody dijo...

Non sei, porque se é que si pode que recibamos comentarios de xente de fora, e molaría, pero sería algo máis complicado por ter 2 bogs, eu non sei a verdade...