17 abr 2013

O Rei Arturo e o regalo de Antía

Ismaíl recibiu moitos regalos, pero poucas veces como o de hoxe. Antía Martínez Pato, unha nena de 2º B, fíxolle un debuxo que colocou sobre un anaco de plastilina. Foi unha bonita sorpresa, que el xa agradeceu. Ademais, hoxe empezamos a investigar a vida do famoso Rei Arturo. Salvador é o que iniciou este asunto, e a súa nai, aínda que non o sabe, tamén ten algo que ver. De momento, hai cinco nomes que haberá que explorar: o Rei Arturo, a raíña Xenebra, Mordred, o mago Merlín e a espada Excalibur.

O regalo de Antía Ismaíl presenta ao Rei Arturo

19 comentarios:

Melody dijo...

Que detallazo!

Melody dijo...

E un mini Ismaíl fermoso! Seguro que lle costou traballo facelo. Quedoulle fenomenal!!

Melody dijo...

Que guapo está Ismaíl co libro!

Ismail de Saidabad dijo...

Antía, graciñas polo teu debuxo, emocioneime... Recibiches a túa moeda de ouro? Espero que si...

Mario Aller dijo...

¡Increíble! Solamente Melody hizo lo que había que hacer...

ainara dijo...

Antía, que debuxo de Ismail tan fermoso.

ainara dijo...

Mario no texto puxeches Xenebra, e é Xinebra.Non??

Mario Aller dijo...

Ainara, en galego dise desa maneira...

Álvaro dijo...

En vez do Rei Arturo, parece o Mago Merlín, ainda asi están moi ben calquera dos dous.
Saúdos a todos.

Mario Aller dijo...

Saúdos para ti, Álvaro... :-)

Salva dijo...

Gracias polo regalo, Antía.
Por favor, Antía, sigue visitando o noso blog.

Mario Aller dijo...

Así me gusta, Salva. Ah, con rapidez faremos a Dani protagonista... :-)

Salva dijo...

Ese comentario o fixen eu.

clara dijo...

Bonito traballo antia.
URXENTE: cal e o horario de mana?

Mario Aller dijo...

Clara, este é o horario: Mates, LC, Medio, Alt e Inglés. Ademasi haberá unha bonita proba do verbo andar, para LG... :-)

Melo dijo...

Mario, tanto coma bonita... jajaja.

Mario Aller dijo...

Boh, se non é bonita será feitiña... :-)

Melo dijo...

Si pero, era mellor que fóramos a praia.
Ou ao cine. Jaja, estón segura de que non sou a única que o pensa.

javier suarez dijo...

Grazas Antía por ese regalo...