Escola de Ismaíl (3)
imaxinar | aprender | xogar | vivir
26 mar 2018
25 sept 2013
Desde o corazón, ata sempre!
Chegou o día, amigos e amigas, é o tempo para despedirse. Este blog deixará de ter novas entradas porque hai un novo blog, que está a nacer con calma. Como xa imaxinades, chámase Escola de Ismaíl (4)…
Para todos vós, os mellores desexos desde o corazón e a memoria.
29 jul 2013
As últimas historias
Ainara, Clara e Gemma son as autoras dunha destas dúas historias. Titúlase El ladrón de chorizos, e coa titulada Felisa e Nostromo, de Meritxell, son os nosos últimos contos. Aproveitamos a ocasión para saudar á señora Felisa, de Guísamo, e ao noso Ricardo… Por certo, onde estará?
EL LADRÓN DE CHORIZOS
Esto era una vez que había un señorito llamado Ricardo al que le gustaban mucho los chorizos.
Todos los veranos Ricardo iba a visitar a sus abuelos, que vivían en Vila de Cruces…
[Ler máIs]
FELISA E NOSTROMO
Érase unha vez nun planeta chamado Terra. Alí vivía en Guísamo unha señora encantadora chamada Felisa. A Felisa encantábanlle as historias. Pasaba moi bos ratos lendo contos.
Nara era unha nena de 11 anos amiga de Felisa….
[Ler máis]
13 jul 2013
Ismaíl e a meiga de Malpica
Aínda que en Nostromo están moitos dos vosos contos de Ismaíl, hai varios que están noutro sitio. Claro que non foron imaxinados por vós, pero na clase atoparon aos seus primeiros e fantásticos lectores, sen contar a Álex Costa. E agora que lembro os debuxos tan bonitos que se realizaron para eles, quero pedirvos unha cousiña.
As historias de Ismaíl e a meiga de Malpica necesitan a vosa axuda, a vosa lectura, a vosa visita…
26 jun 2013
De lecturas e repasos de verán
Do Programa de Lectura en Casa: Aínda que con certo retraso, temos os resultados do 3º trimestre. A media foi de 7 fichas entregadas, e lograron ou superaron esta cantidade: Héctor, Melody, Andrea, María, Carlos, Diego Prieto, Meritxell, Clara, Iago, Javier, Gloria, Nara, Ricardo... Noraboa e felicitacións!
De repasos de verán: Como o blog segue aberto en vacacións, máis actividades para descargar e imprimir. E todo gratis!
- Lengua 6º Ejercicios de repaso
- Lengua 6º Cuadernillo de verano
- Matemáticas 6º Actividades para vacaciones
- Matemáticas 6º Cuadernillo de verano
- 6º Primaria Actividades de verano
- Actividades para la recuperación
- E agora un agasallo para os que nos visitan: Actividades para todos os ciclos
- Por último, Games to learn English: http://learnenglishkids.britishcouncil.org/en/ http://www.saberingles.com.ar/games/index.html http://www.english-online.org.uk/games/gamezone2.htm http://www.tolearnenglish.com/english-games.php
24 jun 2013
Aberto por vacacións
O verán é longo e hai que facer cousas para non estar aburridos. E lembra que xa es máis maior; así que atrévete e, ademais de repasar, resolve tamén as actividades de 1º ESO. E como sabemos que houbo outros nenos e nenas doutros cursos que nos visitaron, aproveitamos a ocasión para enviarlles o noso saúdo. Este blog e a súa aula sempre foron moi xenerosos…
- Abierto por vacaciones 2013
- Abierto por vacaciones 2012
- Abierto por vacaciones 2011
- Materiais de repaso e recuperación Verán Primaria 6º, que se poden descargar e imprimir.
23 jun 2013
La postal de Clara
Un día, y seguro que fue en esta última semana de clase, Clara se puso a escribir. Y dijo:
Ismaíl, en estos dos años te hemos cogido mucho cariño, hemos creado muchas cosas y has compartido tu tesoro con nosotros. Ahora nos vamos, pero… ¡¡Nunca, nunca te olvidaremos!!
Hasta siempre, Clara, que ya estáis en los sueños de Ismaíl y por eso tampoco os olvidará. Gracias por todo…