23 dic 2012

Nadal ao redor da aula e do mundo

Houbo moita sorte e Ainara enviou algunhas fotos da festa de Nadal que realizamos o venres, 21 de decembro. Así que, de novo, as nosas felicitacións

Estes días tamén son celebrados en moitos lugares do noso mundo, de norte ao sur, e do leste ao oeste. Compróbao nesta fermosa galería de fotos

Miles de Santa Claus en Liverpool (Inglaterra)

21 dic 2012

A nosa felicitación

Esta felicitación fíxose coa axuda de Salva e a súa madriña, que nos enviaron unha bonita foto, e cun traballo de Meri no seu ordenador de Abalar. Así que, Feliz Nadal!

Plantilla Nadal Aula.jpg

19 dic 2012

A España dos Reis Católicos

Unha serie de 5 estupendos vídeos sobre a primeira fase do novo tema de Coñecemento do Medio, ata o momento mesmo do descubrimento de América. Observa e mira, escoita e aprende…

18 dic 2012

A época dos descubrimentos

Unha nova serie de actividades especiais e interactivas, pero esta vez só para o libro de Medio (Unidade 6). Tamén hai algunhas tarefas de repaso.

Preme en cada unha das imaxes para ver os vídeos.

O descubrimento de América

As viaxes de Colón

17 dic 2012

Cartografías imaxinarias para despois de ler

Agora si que Héctor terá que explicar ben o significado do título deste post. Non lle quedará outro remedio, pois usamos un traballo seu para mostrar o que facemos despois de ler algúns libros. Da lectura de Teseo e o Minotauro, agora pasamos á historia de Hitler e un coello de cor rosa, que aparecía no libro que leu Héctor.

Logo desas lecturas, individuais e de aula, realizáronse as súas Galaxias de Palabras, a primeira das nosas cartografías para despois de ler. Máis tarde, chegarán as Estrelas das Historias e os Mapas dos Libros

A galaxia de Héctor O libro de Héctor Cando Hitler roubou o coello rosa

14 dic 2012

As nosas escritoras

Ainara foi a primeira nena en presentar un conto sen que ninguén llo pedise. E agora son Melody e María, porque así son as nosas escritoras: escriben libremente un montón de páxinas para Nostromo.

Se queres saber máis, preme aquí.

Drago atopou a María!

13 dic 2012

Isaac Díaz Pardo (1920-2012)

Durante este ano estamos a lembrar a morte de Isaac Díaz Pardo. Como o noso colexio leva o seu nome, houbo nenos e nenas que investigaron e se preocuparon pola súa vida e a súa obra. Este é o noso recoñecemento, para alguén que foi tan importante…

P.D.: Agradecemos o traballo realizado por Melody, Andrea, Javier, Diego Prieto, Tania, Gloria, Andrés, María e Carlos.

11 dic 2012

Un equipo de aquí

Creo que Ainara non quedou ben contenta con outra presentación que xa vimos. Aquela que falaba dos mellores xogadores de fútbol do mundo. Por iso penso que este traballo seu explica mellor todo…

10 dic 2012

Un cuento de Ainara

Estamos leyendo algunas historias de Ismaíl, que hace tiempo llegaron a mis manos. Pero lo más sorprendente es que ellos también son capaces de descubrir otras de sus historias, que ni yo mismo conocía. Por ejemplo, Ainara es la autora de este cuento, que tal vez encontró en algún lugar de su imaginación…

Había una vez un gnomo que se llamaba Ismaíl. Un día fue a dar un paseo con su perro Gustavo.
A Ismaíl  le apetecía ir al bosque para visitar a su amiga Fátima, pero a Gustavo le apetecía más ir al parque a jugar con la pelota.
Entonces, le dijo Ismaíl a su perro…

Leer más

escanear0001

6 dic 2012

Máis dos 5000

No anterior post non incluímos as actuacións musicais porque non cabían. Ademais, foron tan boas que merecían o seu propio vídeo, e aquí está, aínda que sexan algúns fragmentos. Disfrutade igual que nós…

4 dic 2012

A festa dos… 5000 comentarios!

Certo é que o noso ritmo de comentarios resulta emocionante, pola colaboración e participación que hai no blog. Como sempre, para celebrar esta festa a axuda das familias resultou fundamental e decisiva. E, de novo, os organizadores fixeron un grandísimo traballo. Esta vez foron Melody, Viky e Ricardo, que se encargaron de todo, pero de todo todo…

2 dic 2012

As festas dos comentarios

Xa pasou a festa dos 5000 comentarios, que aínda non se viu no blog, e xa temos un montón de recordos na memoria. Hay que recoñecelo, que gran idea tivo Diego! E Pilar, a súa nai, demostrou varias veces que fai unhas tartas incribles. Estas festas non serían nada sen as familias…

Grazas, moitas grazas!

Los mejores jugadores según Iago

Iago estaba interesado en mostrarnos su opinión sobre una serie de jugadores de fútbol, y por eso hizo este trabajo. Creo que alguno ya no juega en el equipo que dice, pero no tiene mucha importancia. Aunque me pregunto cuántos compartirán su elección…