Hai historias de Ismaíl que nin eu mesmo coñezo, e por iso un día pedimos a túa axuda. En setembro, por primeira vez exploraches o seu mundo. Agora é o momento de mostrar eses descubrimentos. Lembra que neses traballos, se é posible, valórase a colaboración. Observa a historia que conta Diego Prieto, serve de exemplo para o que tes que facer:
- Cambia a cor da portada ou usa unha imaxe para o seu fondo, se así o consideras. Utiliza tipos de letra que resulten atractivos. De momento, non poñas máis efectos.
- Ademais, nas seis páxinas da historia tamén podes cambiar a cor de fondo.
O correo de Ismaíl é importante. Así poderás comunicarte, enviar materiais e recibir información. Tamén pode ser usado pola túa familia.