Presentamos a estes 3 súper heroes: Iago, Carlos e Diego. Mañá terán na aula unha tarefa extra e única. Van a pedir todos os materiais que aínda estean pendentes de entregar, e de calquera das nosas asignaturas. Así que non deberás deixar nada na casa que teña que ser revisado e arquivado no sitio que lle corresponda. E o venres é o último día de clase antes das vacacións de Semana Santa.
Ten en conta unha cousa. Como os demais heroes tan famosos que hai polo mundo, os nosos tamén posúen uns poderes xigantescos e abraiantes. Xa tes o aviso!