Mostrando entradas con la etiqueta amigos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta amigos. Mostrar todas las entradas

25 sept 2013

Desde o corazón, ata sempre!

Chegou o día, amigos e amigas, é o tempo para despedirse. Este blog deixará de ter novas entradas porque hai un novo blog, que está a nacer con calma. Como xa imaxinades, chámase Escola de Ismaíl (4)…

Para todos vós, os mellores desexos desde o corazón e a memoria.

Escola de Ismaíl (4)

13 jul 2013

Ismaíl e a meiga de Malpica

Aínda que en Nostromo están moitos dos vosos contos de Ismaíl, hai varios que están noutro sitio. Claro que non foron imaxinados por vós, pero na clase atoparon aos seus primeiros e fantásticos lectores, sen contar a Álex Costa. E agora que lembro os debuxos tan bonitos que se realizaron para eles, quero pedirvos unha cousiña.

As historias de Ismaíl e a meiga de Malpica necesitan a vosa axuda, a vosa lectura, a vosa visita…

Ismaíl e a meiga de Malpica

23 jun 2013

La postal de Clara

Un día, y seguro que fue en esta última semana de clase, Clara se puso a escribir. Y dijo:

Ismaíl, en estos dos años te hemos cogido mucho cariño, hemos creado muchas cosas y has compartido tu tesoro con nosotros. Ahora nos vamos, pero… ¡¡Nunca, nunca te olvidaremos!!

img164 img165

Hasta siempre, Clara, que ya estáis en los sueños de Ismaíl y por eso tampoco os olvidará. Gracias por todo…

16 may 2013

O conto máis grande

Esta historia é moi, moi grande. É grande pola súa extensión, pero tamén porque se trata dunha boísima historia, a de Ismaíl e Drago. O primeiro capítulo foi escrito por Vanesa Bouzas no ano 2007, e os demais son creación de María Pardo, e escritos este curso. Desde que Vanesa inventara a súa historia, ninguén se atrevera a continuala, ata que chegou María e empezou a escribir…

  1. Ismaíl e Drago
  2. O regreso
  3. O mapa
  4. A busca
  5. A montaña
  6. A execución

María Pardo (2012)

17 abr 2013

O Rei Arturo e o regalo de Antía

Ismaíl recibiu moitos regalos, pero poucas veces como o de hoxe. Antía Martínez Pato, unha nena de 2º B, fíxolle un debuxo que colocou sobre un anaco de plastilina. Foi unha bonita sorpresa, que el xa agradeceu. Ademais, hoxe empezamos a investigar a vida do famoso Rei Arturo. Salvador é o que iniciou este asunto, e a súa nai, aínda que non o sabe, tamén ten algo que ver. De momento, hai cinco nomes que haberá que explorar: o Rei Arturo, a raíña Xenebra, Mordred, o mago Merlín e a espada Excalibur.

O regalo de Antía Ismaíl presenta ao Rei Arturo

25 ene 2013

Sadako, las grullas y los amigos

Los preparativos del Día de la Paz han traído dos días intensos. Gracias a Jesús Hernández y su blog conocimos la historia de Sadako, y nos pusimos a elaborar grullas de papel. Luego supe que una escritora llamada Eleanor Coeer escribió un hermoso cuento sobre ella.

Pero las sorpresas no terminaron ahí. Una amiga, desde Argentina, me habló de otra historia: Mil grullas, de Elsa Bornemann. Esa amiga, también maestra, se llama Aída Beatriz Sánchez y es una seguidora que nos aprecia.

Así que, por esos amigos, tenemos dos buenas lecturas:

  • Mil grullas, que es una versión libre de la historia de Sadako Sasaki, con otros nombres, aunque con parecidos problemas y situaciones.
  • Sadako y las mil grullas de papel, que se basa en la propia vida de aquella niña, y de lo que le sucedió.

Las leerás, las leeremos, y hablaremos de ellas, de lo que cuentan, de lo que nos hacen sentir. Y ten presente una cosa: las grullas de papel de Sadako están vivas, porque es una idea tan bonita que se sigue utilizando para soñar con la Paz…

Sadako y Las Mil Grullas de Papel by Sigrid Villalobos Oyarzo

10 ene 2013

España e América

O descubrimento de América, en 1492, marcou o inicio da Idade Moderna… Así empeza o noso libro o novo tema, o que fala do tempo das exploracións europeas. Aínda que non se presentaron tarefas especiais na aula, o noso amigo Alejandro, cando estivo en sexto, deixou algunhas moi boas e interesantes:

Os aztecas habitaban na meseta de México e estaban gobernados por un emperador... Así di o noso libro. E o seu último gobernante foi Moctezuma, que tivo que enfrontarse con conquistador español Hernán Cortés…

25 jun 2012

Perdemos máis de 300!

O noso blog tivo onte un grave problema técnico. Estaba realizando traballos de coidado e conservación, cando ocorreu a desgraza. Algo estraño pasou, e perdemos máis de 300 comentarios. Sobre todo, os destes posts:

O único que se pode facer é que escribas, de novo, algúns comentarios e así evitar a súa perda completa. Só iso che pedimos, e que llo digas tamén aos demais para que colaboren… :-(

17 feb 2012

Una carta de Melody

Hoy fue un día especial. Se celebraba el Carnaval en el colegio, y unas mamás y unos niños prepararon dos bandejas de orejas para todos los de quinto. Estaban riquísimas, de verdad. Luego, durante la fiesta, vinieron a visitarnos otros amigos que ya nos dejaron. ¡Ahora son mayores! Al final, Melody dejó una carta que había escrito. Al leerla, el profesor se emocionó mucho, y decidió que debía ser un post.

Ismaíl, te deseo un feliz Carnaval. Porque me gusta mucho tu compañía en clase, eres genial. Y con el traje de brasileño que hicieron Diego y su madre estás muy chulo.

Ismaíl, cada una de las monedas de tu tesoro significa el cariño que nos tenéis, tanto Mario como tú. Por eso, estoy segura de que nos queréis un montón, y así nos invitáis muchas veces. Y comemos tus monedas de chocolate.

Cuando empezamos el curso, ya sentía mucha ilusión por conocerte…

1 ene 2012

Feliz 2012

Como Iago foi o primeiro en felicitar o novo ano, este pequeno post vai para el. E para todos os amigos e amigas deste blog, que tamén o son de Ismaíl…

7 nov 2011

O noso amigo solidario

Presentamos a primeira entrada que escriben os Equipos de Redacción, nos que a partir de hoxe participará toda a clase. Os autores deste post, dedicado ao ex-alumno Alejandro Costa Suárez, aparecen máis abaixo. Pero hai que contar que recibiron a axuda voluntaria de Ricardo, Clara, Ainara, Salva e Gemma.

Un neno chamado Álex, que ata o curso pasado estivo no noso colexio, regalounos un verdadeiro tesouro. Realmente era para Ismaíl, aínda que de paso tamén foi para nós. Ese tesouro tiña moedas, billetes, ovos e moitas barriñas “kinder”, todo de ouro e de chocolate. A gran sorpresa é que fixo iso sen coñecernos de nada. Imaxinade o que fará para os seus auténticos amigos e amigas…

O noso amigo Álex A cestiña de Ismaíl

Así que Álex, onde esteas agora, querémosche dicir que moitas grazas por traernos esa cestiña tan linda e tan chea de chuches. Quedamos marabillados! Encantounos!

[Meritxell, Javier, Sara, Melody]