Jesús Hernández, que onte comentou no noso blog, faloume de Sadako Sasaki e as grúas de papel. Realízanse en papel co origami ou papiroflexia, e se fixeron famosas a nivel mundial coa súa historia.
A nena Sadako Sasaki foi unha das vítimas da bomba atómica de Hiroshima durante a II Guerra Mundial. Supervivinte da explosión, aos nove anos caeu enferma de leucemia. Unha amiga recordoulle a tradición do origami e propúxose completar as mil grúas de papel para pedir como desexo a curación dos afectados e a Paz. Pero Sadako non o conseguiu e faleceu.
Con todo, xa nacera un símbolo para a xente. Os seus compañeiros de clase completaron as figuras que faltaban e anos despois, na cidade de Hiroshima, levantouse un monumento no seu recordo no Parque da Paz, que fora o centro da explosión, e onde aínda hai un edificio en ruínas que recorda aquela traxedia. A súa emotiva historia rápidamente fíxose famosa no Xapón e no resto do mundo.
Hoxe, miles de grúas de papel repousan baixo o monumento como unha continuación do soño de Sadako… E ti, e nós, seremos capaces de facer máis grúas pola Paz? PODEMOS APRENDER AQUÍ!
NOTA: Por se non te decatas, a palabra grúa refírese a unha ave que en castelán recibe o nome de grulla… :-)