Desde o principio, unhas aventuras que na clase se contaron foron as historias de Ismaíl. Porque sempre houbo mois bos exploradores que descubriron cousas que nin eu mesmo sabía. Por iso, había que publicar os cómics de Gloria, María, Javier, Clara e Melody. Ninguén antes fora capaz de contar así “estes feitos da súa vida”…
30 may 2012
28 may 2012
Cousas de Ismaíl
Ao principio deste curso, un pouco despois de coñecer a Ismaíl, propuxen que o debuxaran. Cada quen á súa maneira, libremente. E entramos na aventura, aínda que non sabiamos o que nos agardaba. Hoxe, por exemplo, Viky regaloulle o seu pequeno tallo, onde sentaba cando era máis pequeniña. E Iago, hai uns días, trouxo para el unha camisetiña para celebrar o Día das Letras Galegas. Así que, despois de todo, podemos cantar ben alto…
24 may 2012
Salva y Carlos en Carcasonne
En una de nuestras investigaciones apareció la ciudad francesa de Carcasonne. Se debió a que su nombre en castellano, Carcasona, venía en uno de los libros. Como a todo explorador que se precie le gusta la historia antigua, se trataba de una ciudad medieval que había que descubrir. Y así hicieron muchos, como Salvador y Carlos. Este trabajo es la prueba…
22 may 2012
Nesta clase bailan moitos
Creo que é unha boa idea rematar o curso bailando, pensou Ismaíl… E que vos parece se imitamos aos nenos de Ocoee Middle School?, dixo entón o profe. E así están, de ensaio en ensaio, que a vida dos bailaríns é moi dura. Ademais de Ainara, Clara e Gemma, o primeiro grupo formouse con Melody, Meritxell, Nara, María, Salvador e Miguel. Observade ben o vídeo, hai un montón de artistas!
17 may 2012
A festa dos 3.000 comentarios (2)
Se no anterior vídeo desta festa vimos a Gloria e a María sorprendernos cunha bonita actuación musical, neste pasa outro tanto. Pois agora son Clara, Ainara e Gemma as que nos ofrecen a sorpresa do seu baile…
A festa dos 3.000 comentarios (1)
A festa dos 1000 comentarios foi marabillosa, pero a segunda resultou estupenda. E a terceira, que presentamos hoxe, é tan especial que precisará de varios posts para contala. Organizouse moi ben, como as anteriores, aínda que esta vez Nara tivo unha actuación fundamental. E, por suposto, a participación das familias merece un 10 ben grande. Como xa dixemos, sen a súa axuda non sería posible nada. Por iso, creo que Ismaíl está pensando en algo para elas…
15 may 2012
Post número 100
Hoxe, que celebraremos a festa dos 3.000 comentarios, tamén é o día dun post centenario. Pois xa van 100, que son moitos, e por iso houbo posts de todas as cores e de todos os tamaños. Se hai que lembrar algún, non sería fácil, pero vouno intentar:
Estes posts forman parte de traballos especiais que xa aparecen na barra lateral, co nome de Proxectos. Aínda que tamén están os das festas; o de Nostromo, que será a nosa próxima viaxe; os xogos; o de Azur e Asmar; e, por suposto, todos os que falan de Ismaíl…
Cal é o post que a ti máis che gustou? Busca, lembra e cóntanos o que pensas. Haberá grandes premios para os participantes!
13 may 2012
O PasaPalabra de maio
O famoso xogo de pasapalabra agora nun novo formato. Trátase de descubrir canto sabes sobre o persoeiro a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano.
10 may 2012
O xogo do Día das Letras Galegas
Este ano, o próximo Días das Letras Galegas estará dedicado ao escritor Valentín Paz-Andrade. Como talvez descoñezas algunhas cousas sobre esta data, terás que investigar un pouco se queres superar este xogo. Porque nesta actividade, mentres xogas, podes aprender un montón de cousas…
9 may 2012
Nostromo, a nave das historias
Antes, houbo outra nave espacial que tamén se chamou Nostromo, e que serviu para contar unha película dun monstro. E moito antes ese nome foi o dun barco que navegou polos mares do mundo. Agora será a nosa nave, que transportará todas as historias que inventemos na aula. Pero se hai máis monstros, seguro que resultarán vencidos pola vosa imaxinación.
Así que realmente seredes uns novos viaxeiros, uns navegantes espaciais na busca das máis fermosas e sorprendentes historias. Por exemplo, as seguintes, que son algunhas das primeiras. E que foron creadas, como lle gusta a Ismaíl, coas fórmulas marabillosas dos contos populares:
- Los dos aventureros, de Javier e Daniel.
- Sorpresas en el mar, de Melody e Carlos.
- El rey pirata, de Victoria e Ricardo.
- El rey que encontró el tesoro, de Iago e Andrea.
6 may 2012
Felicidades!
Hoxe é un día moi especial, e no blog de aula lembramos as celebracións máis importantes. Por iso fixemos este vídeo para o noso canal en YouTube, para todas as nais e as familias. Agardamos que lle guste a todo o mundo, e haberá unha boa maneira de comprobalo se podemos ler neste post un montón de comentarios… Anímate e participa!
3 may 2012
Sara y Meri hablan de la Ría
Hay muy buenas niñas en esta Escola de Ismaíl, que ya es la tercera. Son tan valientes que su número de actividades extra, es decir, voluntarias, es bien grande. Hoy llegan a nuestro blog Meri y Sara, que hicieron un trabajo sobre nuestra Ría. Y, entre otras cosas interesantes, nos cuentan que está demasiado contaminada…