Mostrando entradas con la etiqueta fotos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotos. Mostrar todas las entradas

14 jun 2013

O tempo das fotos

Gemma, Salva e Melody aportaron algunhas das súas fotos de Alvarella para este pequeno vídeo. Pero aínda hai sitio para outras cinco fotografías. Se tes algunha que che guste, anímate e participa…

6 jun 2013

Alvarella, outro día

A vida segue en Alvarella, e as cousas para facer veñen unha tras outra: a elaboración das velas, o tinguido de camisetas, o tempo de piscina, os xogos na natureza… E o máis importante, cada día todos aprenden a coñecerse mellor.

5 jun 2013

En Alvarella todo vai ben

Todas as familias poden estar tranquilas, tanto en 6º B como en 6º A, que todo vai ben. Incluso hai sol! Por iso camiñan, están en obradoiros, aliméntanse, báñanse na piscina, xogan. A noite pasada, por exemplo, buscaron en grupos rulas, parrulos, cucos e reiseñores, a pesar da escuridade e a noite…

29 abr 2013

A clase de maxia

No 5º curso, ao principio, fixemos estas fotos. E de maneira voluntaria, o que quixo puxo o gorro vermello de mago na súa cabeza, case como Harry Potter. Agora forman este bonito collage…

Os magosPreme aquí ou na imaxe para vela máis grande.

15 abr 2013

Os 7000 comentarios

A festa dos 6000 comentarios foi a principios de febreiro, e a dos 7000 fixémola o pasado venres. Claro que xa había máis comentarios, moitos máis, pero antes houbo que solucionar algúns problemiñas. E como en todas as demais festas, a axuda e colaboración das familias resultou especial. Por iso teñen o noso maíor agradecemento…

2 abr 2013

Ismaíl e o turbante de Salva

UtellStory é un dos sitios para publicar historias que hai na Internet, e que acabo de descubrir. Además de imaxes e textos, poden ter son e vídeo. Cos vosos debuxos de Ismaíl o diminuto e o turbante que ensinou hoxe María, temos un novo post. E cantos irán xa? O primeiro que o descubra terá un...

12 feb 2013

O entroido de Ainara

Grazas a Ainara temos algunhas fotos máis dos lunáticos de sexto. Por iso faise con elas outro collage

Entroido 2013 by Ainara

Os lunáticos de sexto

Como sabedes, o tema para o entroido deste ano no colexio tiña que ver coa meteoroloxía. Así que os de sexto, despois de moito pensar, sentímonos moi influenciados pola Lúa, que tanto afecta ao noso planeta. E cun programa gratis, do que xa vos falarei, preparei este pequeno collage cunhas cantas fotos…

Entroido 2013

11 feb 2013

Todas as nosas grullas

Este curso, para nós o Día da Paz estivo moi influído pola historia de Sadako, que ao final mereceu tres posts máis: Sadako, las grullas y los amigos; Sadako, Melody e as 356 grullas; e Las grullas de Ainara y Sadako. Agora, para rematar, veremos todas as grullas que fixemos para ela. Na presentación tamén hai algunhas fotos do Entroido…

2 feb 2013

A festa dos 6000 comentarios

Na última festa dos nosos comentarios houbo un pequeno problema: o profesor esquecer facer as fotos. Ao parecer, estaba contento e emocionado co traballo desenvolto por María e Iago, que foron os organizadores. Aínda que tamén se di que, mentres os nenos vían a película, el comía dos pasteliños e biscoitos que fixeran as nais…

Todos os que fixeron fotos, que envíen algunhas para introducilas nesta presentación.

23 dic 2012

Nadal ao redor da aula e do mundo

Houbo moita sorte e Ainara enviou algunhas fotos da festa de Nadal que realizamos o venres, 21 de decembro. Así que, de novo, as nosas felicitacións

Estes días tamén son celebrados en moitos lugares do noso mundo, de norte ao sur, e do leste ao oeste. Compróbao nesta fermosa galería de fotos

Miles de Santa Claus en Liverpool (Inglaterra)

2 dic 2012

As festas dos comentarios

Xa pasou a festa dos 5000 comentarios, que aínda non se viu no blog, e xa temos un montón de recordos na memoria. Hay que recoñecelo, que gran idea tivo Diego! E Pilar, a súa nai, demostrou varias veces que fai unhas tartas incribles. Estas festas non serían nada sen as familias…

Grazas, moitas grazas!

21 nov 2012

5000 comentarios e un magosto

O venres 16 fixemos a festa do magosto, e por sorte andaba polo colexio a nai de Diego Prieto. Así que grazas á colaboración de María del Pilar temos estas bonitas fotos do evento. Pero como case coincidiu no tempo co récord dos 5.000 comentarios acadados polo blog, tamén falamos deste número incrible. Porque son moitos, moitísimos comentarios, un gran éxito para unhas nenas e uns nenos que participan e colaboran. E por iso xa están a preparar a nova festa, que vai ser espectacular…

31 oct 2012

O día das cabazas

Nestes días, a voltas co Samaín ou Halloween, fixemos unhas fotos coas cabazas que prepararon as familias. Teño a impresión de que posaron como auténticos modelos, pois case parecen uns profesionais...

16 ago 2012

A pregunta do pai de Javi

Algunhas semanas atrás, o pai de Javi fixo unha boa pregunta. Nun comentario escribiu: “Mario, sabes que materiais necesitamos para o comezo do curso, con iso de que vai subir o prezo”…

Os maiores sabemos que se anuncia un mes de setembro con prezos máis altos. E como os salarios non medran, parece unha boa idea mercar en agosto os materiais que se precisen para o inicio do curso. O aforro será moi bo para as familias. Por iso, neste enlace hai unha nota provisional

Javier

28 jun 2012

Unhas fotos que faltaban

Aquí están as fotos prometidas do último día de clase. Se non fose por Ainara, non habería moitas e a presentación resultaría menos espectacular. Así que temos un recoñecemento para ela…

14 jun 2012

A última excursión

O 13 de xuño marchamos a Corrubedo e ao castro de Baroña. E se non vimos o dolme de Axeitos foi pola mala sinalización. Pero todo foi moi ben, que son grandes viaxeiros e exploradores. Como outras veces, lembra que se queres que vexamos algunhas das túas fotos, debes levalas á clase ou usar o correo electrónico…

12 jun 2012

A excursión de mañá

Alguén descoñecido deixou un comentario estraño. Dicía que os nenos desta clase son moi bonitiños, e que por iso certos animais “engordarían” con eles na excursión. Oh! Por sorte, non teñen medo, pois no colexio tamén pasan cousas raras. Mira esta foto, por exemplo…

Aula de 5º B

8 jun 2012

Aquí investigamos todos!

A máscara de ouro de Tutankamon apareceu nun dos nosos libros. Iso foi a chispa que acendeu esta nova investigación. Tan só durou 24 horas, pero resultou emocionante, pois á clase chegaron moitas cousas: presentacións, libros, marca páxinas e pinturas en papiro, escaravellos da sorte, moedas e selos de Exipto e, por suposto, máis investigacións. E Ainara, con moita rapidez, deixou un vídeo no Taboleiro

20 feb 2012

As fotos do Entroido

O venres 17 de febreiro fixemos o desfile polas rúas próximas ao colexio. Este ano os disfraces tiñan que ver cos pobos e culturas do mundo, e por iso nós escollimos o Brasil e a súa selección de fútbol. Se tes máis fotos e queres que se vexan no noso blog, usa o correo electrónico…