Mostrando entradas con la etiqueta Orixes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Orixes. Mostrar todas las entradas

16 mar 2012

O mundo cando eu nacín

Hai pouco falamos dun novo proxecto, O mundo cando eu nacín, e que xa empezamos a realizar. Nunha primeira fase, descubrimos algunhas cousas interesantes: o significado dos nomes, a distribución dos nosos apelidos en Galicia e España, e incluso os escudos que lles poderían corresponder.

Agora entramos nunha nova fase, a segunda. E nela terás que facer estas investigacións:

  1. Encontrar sete personaxes famosos (actores, músicos, escritores, deportistas, políticos, etc.) que compartan contigo o mesmo día de nacemento: Calendario de aniversarios - El almanaque de las efemérides - Deportistas olímpicos - El Sitio de las Celebridades - Famous Birthdays (o cumpreanos dos famosos, en inglés)
  2. Averiguar cal era a disposición do Sistema Solar e as estrelas o día no que chegaches ao mundo. Haberá que gardar esas imaxes para incorporalas ao teu traballo: Solar System Scope

A Ría do Burgo, desde Culleredo

Preme aquí ou na imaxe para ver o mundo desde a Ría do Burgo, en Culleredo, A Coruña, Galicia, España, Europa…

8 mar 2012

Que cousas pasaron cando nacestes?

A nosa clase está chea de exploradores e por iso sempre fan moitas investigacións. Esta actividade tamén é unha delas, pero esta vez participará toda a aula. Vouna explicar…

Aínda que che pareza raro, seguramente non sabes todas as cousas que ocorreron cando viñeches ao mundo. Por exemplo, coñeces os nomes da xente famosa que naceron o mesmo día ca ti? Sabes cales eran as cancións de moda? Ou cales eran os escritores e deportistas máis premiados? Pois todo iso, e moito máis, é o que terás que saber.

Neste proxecto de investigación hai varias fases. Para empezar, farás o seguinte:

  1. Explicar o significado do teu nome, e se queres tamén o de familiares e amigos: Significado etimológico de los nombres - Significado dos Nomes (portugués) – Antroponimia - Tus Nombres y Apellidos
  2. Descubrir en que sitios de Galicia e de España aparecen os teus apelidos: Cartografía dos apelidos de Galicia - Nombres y apellidos en España

De momento, como estamos nunha fase de busca e exploración, todo o que consigas atopar gardarase en forma de borradores. Agora disfruta cos seres que imaxinastes unha vez