Co traballo voluntario de Carlos, Meritxell e Diego podemos mostrar esta postal de Nadal, en forma de pequeno vídeo. Usáronse tamén algunhas imaxes de Internet, a maioría doutros mestres. Esta postal é o noso regalo para todos os que nos seguen…
24 dic 2011
22 dic 2011
21 dic 2011
Xa chega o Nadal!
Hoxe é último día de colexio, antes das festas de Nadal. E ao igual que sucedeu no Halloween, un grupo de bailaríns quixeron demostrar as súas cualidades. E aquí están: Ricardo, Melody, Meritxell, María Luisa e Javier. Creo que o lograron moi ben. O que ninguén sabía é que ademais son uns músicos estupendos… Será certo?
20 dic 2011
Hispania e os romanos
Deixamos atrás a Prehistoria e agora estamos na Idade Antiga: na vella Hispania, na antiga Galicia, no tempo dos romanos. Para que che sexa máis doado aprender estas cousas, aquí tes moitos materiais e vídeos…
- A Prehistoria e a Idade Antiga en España
- Os castros galegos
- Roma
- En tiempos de los romanos
- La domus romana
- La Edad Antigua
- Viajando a través de la historia
Outros vídeos:
18 dic 2011
Estamos en YouTube
Por fin, e case ao final do primeiro trimestre, entramos no noso canal de YouTube. Hai diversas fotos, pero as máis importantes son as da festa dos 1000 comentarios. Esa festa, por lograr tanta participación nos comentarios do blog, non se tería realizado sen a axuda e a colaboración das familias. Así que este vídeo tamén é para elas…
15 dic 2011
Azur e Asmar, a película
Hoxe vimos esta fermosa película, que foi realizada por Michel Ocelot. Así celebramos os nosos primeiros 1.000 comentarios. Fixemos unha festa na clase, coa axuda das familias, que prepararon tartas e outros doces. Incluso houbo unha actuación musical especial, pero xa falaremos diso, cando mostremos as fotos. A cousa máis rara sucedeu ao final. Unha das tartas de chocolate tiña unha figuriña do noso gnomo, moi bonitiña. Non serviu de nada. Ismaíl foi devorado diante nosa, e non deixaron nin un peliño da súa barba.
Por sorte, a pelicula tamén está no blog. Así que poderás vela tantas veces como queiras. E será necesario, pois hai algo que facer…
Ten en conta que agora terás que realizar certas actividades, porque sempre é un bo momento para aprender. E algunhas serán feitas cos mini portátiles. Preme aquí ou na imaxe para descubrilo.
En Actividad e Escribir están as tarefas que farás cos ordenadores, aínda que nese sito atoparás moita información. Ademais, tamén elaborarás un gran cómic, o máis grande. Así que non perdas moito tempo e comeza a pensar… Boa sorte!
14 dic 2011
A festa dos 1.000 comentarios
Un día, un gran colaborador deste blog, Diego Prieto, tivo unha boa idea. Ocorréuselle que, se lograbamos os mil comentarios, había que facer algo, unha festa, por exemplo. E aquí está, ese día xa chegou, será mañá. Organizados en equipos, e coa axuda das familias, a clase prepara moitas sorpresas: tartas, galletas e biscoitos, bebidas, velas. Ademais, adornaremos a nosa aula, e tamén haberá manteis para as mesas, pratos, vasos e tenedores, e seguro que máis cousas. E todo empezará cunha película máxica, Azur e Asmar…
Ninguén dubida que o 15 de decembro será un día moi especial. Todos están moi ilusionados, a colaboración que mostran é fenomenal, e as súas familias son marabillosas. Desde aquí, agradecemos todo o seu apoio…
11 dic 2011
Música, por favor
Ismaíl está contento. Sabe que habrá una fiesta por los más de 1.000 comentarios que tiene el blog. Y a todos los seres menudos, como los gnomos, les encanta la música. Por todo ello, creo que este post sonará muy bien…
- Jugamos con las notas
- Las posiciones de la flauta
- Flauta virtual
- Xilófono
- Virtual Keyboard: puedes tocar el piano, el órgano y otros instrumentos.
- Piano Virtual. Y otro más, o un órgano.
- Drum Kit: haz sonar una batería. Y otra más.
- Tony-b Machine: una aplicación de música electrónica.
- The Automachine: para crear música electrónica de forma automática.
- La orquesta: tú la diriges, así que marca el ritmo.
7 dic 2011
Evolución da especie humana
Como sabes, a Prehistoria divídese en Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. Durante esa época, un tempo moi longo, os seres humanos evolucionaron moitísimo. Pasaron de ser semellantes aos primeiros simios ata a nosa aparencia actual. Nestes vídeos podes aprender como foi, pero en menos tempo, claro…
- Historia de Lucy: un australopitecus de hai 3.400.000 anos.
- Homo Habilis: primeiras diferenzas con outros homínidos.
- Homo Erectus: o dominio do lume.
- Homo Neandertal: a vida nun mundo xeado.
- Homo Sapiens: os antepasados dos seres humanos modernos.
- Neolítico: Invención da agricultura
- Idade dos Metais:
6 dic 2011
Tempo de pasar a palabra
Coñeces un concurso que se chama Pasapalabra? Pois aquí tes 2 xogos que se lle parecen. Preme nos enlaces ou nas imaxes. O de Mates non é tan fácil, eh…
4 dic 2011
O Nadal no mundo
O Nadal celébrase en moitos lugares do mundo, desde Canadá a Rusia, desde Bolivia ao Xapón, desde Noruega ao Brasil, e por suposto en España. Se premes no enlace ou na imaxe da axencia EFE, poderás investigar un pouco esas celebracións. É unha nova actividade!
Se queres máis consellos, tamén para a túa casa, seguro que nestes sitios atopas algúns. Despois de revisalos, ofrécenos as túas suxerencias, que sabes facelo:
- Debuxos do Nadal para colorear (dibujalia)
- Ideas de Kinder Latino
- Descargar imaxes do Nadal
- Ideas para Navidad, de profes.net
- La Navidad, en Primera Escuela
- Manualidades de Navidad
- Manualidades de Navidad para niños
1 dic 2011
Os piratas tamén len
En decembro os piratas disfrutan de moito tempo libre. As augas dos océanos están moi bravas e non é tempo para navegar. Hai que entrenar e xogar, pero tamén hai que ler, porque un pirata de verdade ten que prepararse sempre. Por certo, os piratas deben saber inglés, é obrigatorio. Así que a ver quen se atreve e conta esta historia…
Ai, se o barco estivese a punto e o mar en calma, habería que ir a Port Royal e á cidade de La Habana, como os vellos piratas. Oh, que non sabes que sitios son eses? Pois é unha boa razón para investigar e averigualo.