Aquí están as fotos prometidas do último día de clase. Se non fose por Ainara, non habería moitas e a presentación resultaría menos espectacular. Así que temos un recoñecemento para ela…
28 jun 2012
25 jun 2012
Perdemos máis de 300!
O noso blog tivo onte un grave problema técnico. Estaba realizando traballos de coidado e conservación, cando ocorreu a desgraza. Algo estraño pasou, e perdemos máis de 300 comentarios. Sobre todo, os destes posts:
- Unha carta de fin de curso
- Aula investigadora 5
- Nostromo despega!
- Os xogos de xuño
- A última excursión
- A excursión de mañá
- Un conto do mundo
- Aquí investigamos todos!
- Diego, nuestro héroe
- Un planeta azul
- ¡Qué raro!
- Estamos de volta
O único que se pode facer é que escribas, de novo, algúns comentarios e así evitar a súa perda completa. Só iso che pedimos, e que llo digas tamén aos demais para que colaboren… :-(
22 jun 2012
Una carta de fin de curso
El día de hoy resultó muy especial. Era el último día del curso, claro, y había una fiesta, que ellos prepararon sin mi ayuda. Y lo hicieron muy bien. Al final, tal vez debido a la despedida de los niños y niñas de 6º, el ambiente se volvió demasiado “húmedo” pero muy emotivo. Por eso, la sorpresa que nos trajo Gloria tiene que estar aquí. Por todas las emociones que vivimos durante este curso…
Hola, Ismaíl:
Este curso ha pasado muy rápido, y todos nos hemos hecho mayores. Gracias por estar con nosotros este año.
Por fin ha llegado el verano que todos estábamos esperando. Yo a lo mejor me voy a un camping, pero tú seguro que vas a salvar a Fátima de todos los peligros que pueda correr. Feliz verano a ti, a Mario y a todos los de 5º B. Hay que prepararse para 6º, pero también hay que tener unas buenas vacaciones.
Hasta el curso que viene, clase de 5º B, y futura aula de 6º B…
En la fiesta no faltó de nada. Hubo tartas y otros alimentos, bebidas y actuaciones especiales, como poesías en rap, chistes y bailes, muchos bailes. Agradecemos la colaboración tan fenomenal de las familias, y felicitamos al equipo voluntario que organizó la estupenda fiesta.
21 jun 2012
Aula investigadora 5
Xa o dixemos, pero queremos repetilo. Cantos aprendices de Indiana Jones! Esta vez foron: Andrea (27), Ainara (6), Carlos (8), Nara (1), Sara (1), Javier (25), Salvador (32), Melody (3), Ricardo (29), Héctor (20), Andrés (2), María Luisa (6), Meritxell (3), Tania (2), Diego Prieto (4), María Pardo (1), Iago (2), Clara (8), Gloria (6), Gemma (1).
A listaxe de temas investigados, como sempre, foi moi grande: os polígonos, a Hidra de Lerna, Hércules o heroe grego, a Gran Barreira de Coral, a cidade de Carcasona, Rómulo e Remo, Robert Louis Stevenson, o Seixo Branco, unha canción de Demis Roussos, o mago Houdini, o número pi, a catedral de Notre Dame, o Antigo Exipto e Alexandría, o escaravello real, Joan Manuel Serrat, Gabriel de Falopio, a raíña Nefertiti e o faraón Tutankamon, etc.
Ademais, Andrea e Héctor buscaron estes incribles vídeos dos famosos Lego Indiana Jones e as súas aventuras:
18 jun 2012
Nostromo despega!
A nosa nave das historias, Nostromo, xa viaxa polo universo de Internet. Un astronauta chamado Salvador, que tamén é un gran bailarín, explicou moi ben cal é a razón da súa existencia. Polo de agora, a nave está formada por tres compartimentos:
- A presentación, onde Salvador fala desta viaxe.
- Os artefactos para contar, coas ferramentas máxicas que se usarán para inventar contos.
- Os protagonistas, porque non hai unha historia sen heroes.
15 jun 2012
Os xogos de xuño
As tardes deste mes de xuño, o mes do final de curso, son boas para os xogos. Aquí tes unha boa selección:
- Sudoku: que che vou contar deste xogo? Nada, que agora está no ordenador.
- Reversi: salta sobre as pezas lilas ata que todas sexan de cor azul.
- TwinCol: preme nos debuxos que formen parellas.
- BuscaNúmeros: calcula a suma dos números que aparecen na pantalla.
- Lugar donde se cometió el delito: hai un asunto criminal e deberás atopar ao culpable.
- Memocoly: se cres que lembras ben as cores, non deixes de xogar aquí.
- Damas: escolle unha peza de cor laranxa e proba este antigo xogo de estratexia.
- El cerebro: tes que premer en cada imaxe nova que apareza, e que non estivese antes. Pero as imaxes cambian de sitio.
14 jun 2012
A última excursión
O 13 de xuño marchamos a Corrubedo e ao castro de Baroña. E se non vimos o dolme de Axeitos foi pola mala sinalización. Pero todo foi moi ben, que son grandes viaxeiros e exploradores. Como outras veces, lembra que se queres que vexamos algunhas das túas fotos, debes levalas á clase ou usar o correo electrónico…
12 jun 2012
A excursión de mañá
Alguén descoñecido deixou un comentario estraño. Dicía que os nenos desta clase son moi bonitiños, e que por iso certos animais “engordarían” con eles na excursión. Oh! Por sorte, non teñen medo, pois no colexio tamén pasan cousas raras. Mira esta foto, por exemplo…
10 jun 2012
Un conto do mundo
No mesmo libro onde coñecimos a historia de Gulnara a guerreira, tamén está A cidade paraíso. Trátase dun conto que procede de Marrocos e a cultura árabe, e que limos, coloreamos e adornamos. Despois gravamos as voces para este novo vídeo do noso canal en YouTube.
8 jun 2012
Aquí investigamos todos!
A máscara de ouro de Tutankamon apareceu nun dos nosos libros. Iso foi a chispa que acendeu esta nova investigación. Tan só durou 24 horas, pero resultou emocionante, pois á clase chegaron moitas cousas: presentacións, libros, marca páxinas e pinturas en papiro, escaravellos da sorte, moedas e selos de Exipto e, por suposto, máis investigacións. E Ainara, con moita rapidez, deixou un vídeo no Taboleiro…
6 jun 2012
Diego, nuestro héroe
Ahora sí que se puede decir que todos ya han sido los protagonistas del blog. Nos faltaba Diego Mato, porque como todo guerrero importante, siempre se encuentra ocupado. Pero aquí está, con nosotros. Además de un amigo especial, es nuestro héroe…
5 jun 2012
Un planeta azul
Todos os 5 de xuño, desde 1973, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Nos últimos tempos, cada ano que pasa parece que hai máis motivos para esta celebración. Porque moitos científicos xa non o dubidan: os humanos somos os principais responsables dos cambios perigosos que se están a producir na Terra.
Pero ti aínda es capaz de facer moitas cousas. Seguro que é certo. Entón, que farás polo teu planeta? Observa este vídeo e opina. Ademais, xoga e aprende nestes enlaces:
- Eco-juegos y más
- Relaciones entre los seres vivos
- SOS animales
- Honoloko, un xogo sobre medio ambiente.
3 jun 2012
¡Qué raro!
Por fin, casi todos los protagonistas del blog han tenido su “tiempo de gloria”. Pero ha sucedido algo raro. Sé que Carlos está bien con Tania y con Clara. Y aunque le hubiese gustado mucho un traje de astronauta, creo que es lo más parecido que encontraron. De todos modos, ¿por qué se vestirían así? Si sabes algo, cuenta…
1 jun 2012
Estamos de volta
Os protagonistas están de volta, e a piques de rematar o curso xa quedan poucos por saír. Pero con este marabilloso grupo temos un problema. No cartel puxeron un saúdo e ademais din que acaban de regresar. Ese é o problema: de onde veñen Nara, Miguel, Andrés, Héctor e Viky? Un mal sitio non debía ser, pois nótase que algúns pasárono moi ben. Axúdanos e conta o que saibas…