9 sept 2012

Javier, o viaxeiro

O noso amigo Javier apareceu por aquí algunhas veces. A última está rexistrada no anterior post. Por certo, agora non lembro ben o que dixo. Pero parece que anda visitando a un presidente…

Javier e o presidente

7 sept 2012

El espejo de María Luisa

Después de mucho tiempo, por fin sabemos algo de María Luisa, ya que ha dejado un comentario en este post. Pero tengo una duda, como los espejos dan una imagen algo borrosa, ¿será ella o es una aparición?

PhotoFunia-14c6661

6 sept 2012

O cartel de Clara

Clara é una gran colaboradora deste blog de aula. Por iso, durante este verán participou todo o que puido, e foron moitas veces. Por exemplo, o seu último comentario trata das libretas para este novo curso…

Clara

5 sept 2012

Ainara e Gloria na exposición

É incrible! A nosa aula, a Escola de Ismaíl 3, é tan famosa que incluso dúas nenas xa están nunha exposición de fotografías. E a min paréceme ben, porque realmente son unhas auténticas obras de arte…

Ainara
Gloria

29 ago 2012

La carta de Gemma

Ismaíl recibió por correo electrónico una carta muy bonita, y creo que le hizo mucha ilusión. Alguien le contaba cosas del verano y los viajes…

Gemma, la viajera

20 ago 2012

Máis sobre os materiais

No post anterior, que tamén tratou o tema do material do próximo curso, Melody dixo nun comentario: “Eu creo que vou usar as libretas do curso pasado, e que senón sería un estrago do material”. Hai algo de razón nas súas palabras, pero para explicar ben todo, escribín:

Melody, serven as libretas do curso pasado se están en bo estado e se aínda teñen moitas follas. Senón é mellor usar libretas novas...

Como agora seremos de sexto, non parece unha boa idea mesturar os traballos antigos cos novos. Por iso contestei así á súa pregunta. E en canto ao resto de material, supoño que para Inglés, Música e Educación Física precisaredes o mesmo de sempre. Non está na nota provisional, pois aínda non podo confirmalo.

Melody en Picadilly Circus (Londres)

16 ago 2012

A pregunta do pai de Javi

Algunhas semanas atrás, o pai de Javi fixo unha boa pregunta. Nun comentario escribiu: “Mario, sabes que materiais necesitamos para o comezo do curso, con iso de que vai subir o prezo”…

Os maiores sabemos que se anuncia un mes de setembro con prezos máis altos. E como os salarios non medran, parece unha boa idea mercar en agosto os materiais que se precisen para o inicio do curso. O aforro será moi bo para as familias. Por iso, neste enlace hai unha nota provisional

Javier