27 sept 2012

O Circo da Bolboreta

O título do post esconde unha película moi especial, aínda que The Butterfly Circus é o seu nome en inglés. Un dos actores protagonistas é Nick Vujicic, ao que coñecimos no anterior blog. Esta película gañou no 2009 varios premios. É de curta duración, e trata os valores humanos que son máis universais. Por exemplo, a amizade e a convivencia, a confianza e o esforzo, a motivación… Ah, tamén podes vela e escoitala en español.

24 sept 2012

Aprendemos a convivir

Unha película moi apropiada para este tema é coñecida por case todos. Trátase de Kirikou e a bruxa, que hai tempo descubrimos, aínda que estabamos en aulas diferentes. Pero existen máis historias que falan da necesidade de convivir en paz, sabendo dos nosos dereitos pero tamén dos nosos deberes. Busca e aprende, por exemplo en:

21 sept 2012

O Universo, a Vía Láctea, o Sistema Solar

Como xa sabes, o Universo é o conxunto formado por todos os corpos celestes e o inmenso espazo que os contén. As estrelas, que son os corpos celestes máis importantes, agrúpanse formando galaxias. A nosa chámase…

O Sistema Solar está formado por todos os corpos celestes que están sometidos á forza da gravidade do Sol. Está situado no exterior da nosa galaxia…

Comparación do tamaño dalgúns corpos celestes que hai no Universo. Porque non son todos iguais…

18 sept 2012

La exhibición acrobática

Esta exhibición acrobática fue realizada en agosto por el equipo Bravo3 Repsol sobre los cielos de la capital coruñesa, durante los actos de la Tall Ships Races 2012. Ahora disfruta con el vídeo, pero después nos contarás tus sensaciones…

16 sept 2012

Linguas, Mates, Medio (1)

A partir de hoxe, e sempre que haxa posibilidades, haberá tarefas especiais para os distintos temas dos libros. Por iso, empezamos por actividades dedicadas á Unidade 1, aínda que tamén por outras cousas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas: Sistemas de numeración

Coñecemento do Medio

12 sept 2012

O primeiro día de clase

Ao final, despois dun longo verán, chegou o primeiro día do novo curso. Á mesma hora de sempre, os nenos e as nenas e as súas familias agardaban o momento de pasar ás aulas. Pero este ano había unha diferencia: eles eran os maiores do colexio. Por iso entraron os primeiros. E algúns xa viñan tan cargados como se pode ver na imaxe. Por suposto, Ismaíl tamén estaba alegre. Sabe que hai moitas cousas que descubrirán…

10 sept 2012

Tania en Nueva York

¡Qué sorpresa! Tania se presentó en el post anterior, después de mucho tiempo. Claro que no me extraña, ya que hemos descubierto que estuvo en la ciudad de Nueva York, en la misma plaza de Times Square

Tania