Así se escribe en árabe o nome do noso blog: مدرسة اسماعيل 3. O pai de Viky, que naceu en Marrocos, sabe escribir en árabe e está traducindo moitos nomes de nenos e nenas da clase. O árabe é a lingua daquelas terras e de moitas outras partes do mundo. Se tes en conta que Ismaíl tiña a súa aldea polo centro de Asia, onde tamén se fala, entenderás mellor a súa vida. Por iso, en Saidabad, a súa aldea e a súa casa, sabían moito dese idioma…
2 jun 2013
1 jun 2013
♫ Valerón, Valerón, Valerón ♫
Canto tempo pasou desde a última presentación? Agora é igual, porque Ainara e Clara fixeron unha moi boa. Hoxe, o equipo de fútbol da Coruña xoga un partido dos máis importantes, que decidirá en que categoría estará o próximo ano. Pero elas queren que prestemos unha atención especial a un xogador: Valerón… Meréceo!
30 may 2013
O caso da consola desaparecida
Hoxe celebramos a metade da nosa festa dos 8.000 comentarios. E foi só a metade por un problema técnico: a un compañeiro desapareceulle a súa consola de xogos. Cometeu un pequeno erro, pois non a debía traer, pero o peor foi o que lle pasou. Así que na clase houbo que falar, e falar moito, moitísimo. Ao final, a maxia das palabras tivo un efecto positivo e creo que o asunto mañá xa estará solucionado. Mentres, probamos os saborosos biscoitos e doces que fixeron as mamás de Diego, Meri, Daniel e Javier. E tamén vimos unha gran película: Billy Elliot…
Billy Elliot from Nelson Astegher on Vimeo.
27 may 2013
Chegamos aos 8.000
Entre os alpinistas e montañeiros, son ben coñecidos os oitomiles ou montañas máis altas do mundo. E nós, aínda que non subimos a ningún monte, chegamos aos oito mil, aos 8.000 comentarios. Acadamos esa cifra co esforzo de toda unha aula, e tamén coa axuda das familias. Primeiro como 5º B, e agora como aula de 6º B. María e María Luisa, e cos colaboradores que precisen, organizarán a festa do xoves, a gran festa dos oito mil comentarios…
23 may 2013
La Luna
The Moon (La Luna) es un pequeño vídeo de Disney Pixar. En él, un niño, de noche, sale a trabajar con su padre y con su abuelo. Pero cuando descubre cuál es el trabajo, se llevará una gran sorpresa. Algunos han dicho que es una película tierna e inspiradora, y que cuenta que seas tú mismo sin renunciar a tus tradiciones…
Entre otras cosas, el vídeo trata de explicar, con ayuda de la imaginación, el origen de un fenómeno natural que todos conocemos muy bien. Ofrécenos tu respuesta en el post. Así, nuestra fiesta de los 8.000 comentarios será aún más increíble… ¡Vamos, adelante!
(vía bibliotecadonalvaro)
21 may 2013
O sistema nervioso
Todos os temas de Coñecemento de Medio son moi útiles, porque con eles aprendes moitas cousas. E tamén serven para as nosas investigacións. Por exemplo, se te fixas no segundo punto verás que hai unha palabra con maiúscula. É o apelido dun gran científico español, o único que logrou o Premio Nobel. Por certo, descubriu o funcionamento das células nerviosas. Quen foi? A investigar…
16 may 2013
O conto máis grande
Esta historia é moi, moi grande. É grande pola súa extensión, pero tamén porque se trata dunha boísima historia, a de Ismaíl e Drago. O primeiro capítulo foi escrito por Vanesa Bouzas no ano 2007, e os demais son creación de María Pardo, e escritos este curso. Desde que Vanesa inventara a súa historia, ninguén se atrevera a continuala, ata que chegou María e empezou a escribir…