30 abr 2012

Gemma e Clara son científicas

A segunda tarefa extra realizada de en colaboración xa está aquí. Trátase da presentación que fixeron Gemma e Clara sobre un tema moi interesante: a reprodución. Desexamos que despois deste post, veñan moitos outros así: axudándose, con esforzo, participando…

25 abr 2012

Serrat canta para María Luisa

Como ya estamos en una nueva fase investigadora en el aula, María Luisa aprovechó la oportunidad para hacer su primera presentación. La ocasión nació de una canción, Hoy puede ser un gran día, y también de su autor, el cantante Joan Manuel Serrat…

24 abr 2012

Aula investigadora 4

Xa é difícil saber en que número de investigacións estamos, pois xa levamos un montón. E nesta nova fase, como son os herdeiros do gran Indiana Jones, mira algunhas das cousas que descubriron estes exploradores e exploradoras:

Malpica, a terra de Ismaíl; os irmáns Grimm; noticias sobre vellos familiares; a bandeira do reino suevo; o mito de Narciso; o grupo musical ABBA; as illas Galápagos; o teorema de Pitágoras; o exploradores da Antártida; a raíña Nefertiti; os espaguetis; Caín e Abel; os animais que non se moven; o científico Charles Darwin; os glóbulos vermellos; a latitude e a lonxitude; a rexión de Pomerania…

Os aprendices de Indiana Jones son: Héctor (20), Andrea (15), María (4), Carlos (11), Salvador (16), Diego (5), Andrés (1), Sara (2), Meritxell (1), Clara (1), María Luisa (1), Victoria (1), Javier (4), Gloria (1), Ricardo (19), Ainara (3).

22 abr 2012

O Día do Libro

O día 23 de abril é especial, xa que se celebra o Día Mundial do Libro. E nós, os de quinto, sabemos de libros como calquera valente pirata, porque son moi importantes: os atlas de mares e terras, as historias de barcos e illas, os mapas de tesouros, os libros de fantasía. Así que, desde o noso blog, estás invitado a navegar por estes catro libros dixitais. Ademais de ler, algúns pódense escoitar, descargar ou envialos por correo electrónico aos amigos e amigas:

20 abr 2012

María y la naturaleza

Es una suerte ver que las salvadoras del planeta son cada vez más, al menos entre los amigos de Ismaíl. Por esa razón, María nos muestra un buen trabajo para apreciar el mundo en el que vivimos, y que todos deberíamos tener en cuenta…

19 abr 2012

Os artistas da poesía

Unha pequena poesía e un grupo de nenos son capaces de orixinar verdadeiras marabillas. Por exemplo, a Andrés, Salvador, Iago e Daniel tocoulles demostrar as súas cualidades “artísticas” e creo que o lograron moi ben. Talvez aínda teñan que mellorar un pouquiño no baile e na coreografía, pero iso non é nada…

18 abr 2012

Ainara e Melody salvan ás fragas

Hai pouco tempo arderon as fragas do río Eume e aquí xa o comentamos. Pero agora son Ainara e Melody as que insisten na importancia de conservar e salvar o noso medio ambiente. Porque a Terra só é unha, e as Fragas do Eume tamén son únicas…