10 jul 2012

Os 3 posts máis vistos

Durante o curso que xa pasou, quinto de primaria, estes foron o tres posts que máis se visitaron. Así que aproveitamos a oportunidade para dar as grazas a todos que se achegaron ata o noso blog. Eses 3 posts máis coñecidos foron:

  1. Tintín y los piratas
  2. Mecanografía para todos
  3. Tempo de pasar a palabra

A cidade paraíso, de Diego PrietoVer Un conto do mundo

2 jul 2012

Aberto por vacacións

Como o verán é longo, moi longo, hai que facer cousas para non estar aburridos, que sería algo preocupante. E lembra que agora xa es algo máis maior; así que atrévete e, ademais de repasar, resolve tamén actividades de 6º, o teu próximo curso. Preme aquí ou na imaxe para empezar

Verán olímpico 2012

Pero aínda hai e haberá máis, que nas redes de Internet a pesca é grande:

28 jun 2012

Unhas fotos que faltaban

Aquí están as fotos prometidas do último día de clase. Se non fose por Ainara, non habería moitas e a presentación resultaría menos espectacular. Así que temos un recoñecemento para ela…

25 jun 2012

Perdemos máis de 300!

O noso blog tivo onte un grave problema técnico. Estaba realizando traballos de coidado e conservación, cando ocorreu a desgraza. Algo estraño pasou, e perdemos máis de 300 comentarios. Sobre todo, os destes posts:

O único que se pode facer é que escribas, de novo, algúns comentarios e así evitar a súa perda completa. Só iso che pedimos, e que llo digas tamén aos demais para que colaboren… :-(

22 jun 2012

Una carta de fin de curso

El día de hoy resultó muy especial. Era el último día del curso, claro, y había una fiesta, que ellos prepararon sin mi ayuda. Y lo hicieron muy bien. Al final, tal vez debido a la despedida de los niños y niñas de 6º, el ambiente se volvió demasiado “húmedo” pero muy emotivo. Por eso, la sorpresa que nos trajo Gloria tiene que estar aquí. Por todas las emociones que vivimos durante este curso…

Hola, Ismaíl:

Este curso ha pasado muy rápido, y todos nos hemos hecho mayores. Gracias por estar con nosotros este año.

Por fin ha llegado el verano que todos estábamos esperando. Yo a lo mejor me voy a un camping, pero tú seguro que vas a salvar a Fátima de todos los peligros que pueda correr. Feliz verano a ti, a Mario y a todos los de 5º B. Hay que prepararse para 6º, pero también hay que tener unas buenas vacaciones.

Hasta el curso que viene, clase de 5º B, y futura aula de 6º B…

Feliz Verano, de Gloria Uzal Agra

En la fiesta no faltó de nada. Hubo tartas y otros alimentos, bebidas y actuaciones especiales, como poesías en rap, chistes y bailes, muchos bailes. Agradecemos la colaboración tan fenomenal de las familias, y felicitamos al equipo voluntario que organizó la estupenda fiesta.

21 jun 2012

Aula investigadora 5

Xa o dixemos, pero queremos repetilo. Cantos aprendices de Indiana Jones! Esta vez foron: Andrea (27), Ainara (6), Carlos (8), Nara (1), Sara (1), Javier (25), Salvador (32), Melody (3), Ricardo (29), Héctor (20), Andrés (2), María Luisa (6), Meritxell (3), Tania (2), Diego Prieto (4), María Pardo (1), Iago (2), Clara (8), Gloria (6), Gemma (1).

A listaxe de temas investigados, como sempre, foi moi grande: os polígonos, a Hidra de Lerna, Hércules o heroe grego, a Gran Barreira de Coral, a cidade de Carcasona, Rómulo e Remo, Robert Louis Stevenson, o Seixo Branco, unha canción de Demis Roussos, o mago Houdini, o número pi, a catedral de Notre Dame, o Antigo Exipto e Alexandría, o escaravello real, Joan Manuel Serrat, Gabriel de Falopio, a raíña Nefertiti e o faraón Tutankamon, etc.

Ademais, Andrea e Héctor buscaron estes incribles vídeos dos famosos Lego Indiana Jones e as súas aventuras:

18 jun 2012

Nostromo despega!

A nosa nave das historias, Nostromo, xa viaxa polo universo de Internet. Un astronauta chamado Salvador, que tamén é un gran bailarín, explicou moi ben cal é a razón da súa existencia. Polo de agora, a nave está formada por tres compartimentos:

O Caldeiro Máxico

Preme aquí para ver o caldeiro en pantalla completa.