Co traballo voluntario de Carlos, Meritxell e Diego podemos mostrar esta postal de Nadal, en forma de pequeno vídeo. Usáronse tamén algunhas imaxes de Internet, a maioría doutros mestres. Esta postal é o noso regalo para todos os que nos seguen…
24 dic 2011
22 dic 2011
21 dic 2011
Xa chega o Nadal!
Hoxe é último día de colexio, antes das festas de Nadal. E ao igual que sucedeu no Halloween, un grupo de bailaríns quixeron demostrar as súas cualidades. E aquí están: Ricardo, Melody, Meritxell, María Luisa e Javier. Creo que o lograron moi ben. O que ninguén sabía é que ademais son uns músicos estupendos… Será certo?
20 dic 2011
Hispania e os romanos
Deixamos atrás a Prehistoria e agora estamos na Idade Antiga: na vella Hispania, na antiga Galicia, no tempo dos romanos. Para que che sexa máis doado aprender estas cousas, aquí tes moitos materiais e vídeos…
- A Prehistoria e a Idade Antiga en España
- Os castros galegos
- Roma
- En tiempos de los romanos
- La domus romana
- La Edad Antigua
- Viajando a través de la historia
Outros vídeos:
18 dic 2011
Estamos en YouTube
Por fin, e case ao final do primeiro trimestre, entramos no noso canal de YouTube. Hai diversas fotos, pero as máis importantes son as da festa dos 1000 comentarios. Esa festa, por lograr tanta participación nos comentarios do blog, non se tería realizado sen a axuda e a colaboración das familias. Así que este vídeo tamén é para elas…
15 dic 2011
Azur e Asmar, a película
Hoxe vimos esta fermosa película, que foi realizada por Michel Ocelot. Así celebramos os nosos primeiros 1.000 comentarios. Fixemos unha festa na clase, coa axuda das familias, que prepararon tartas e outros doces. Incluso houbo unha actuación musical especial, pero xa falaremos diso, cando mostremos as fotos. A cousa máis rara sucedeu ao final. Unha das tartas de chocolate tiña unha figuriña do noso gnomo, moi bonitiña. Non serviu de nada. Ismaíl foi devorado diante nosa, e non deixaron nin un peliño da súa barba.
Por sorte, a pelicula tamén está no blog. Así que poderás vela tantas veces como queiras. E será necesario, pois hai algo que facer…
Ten en conta que agora terás que realizar certas actividades, porque sempre é un bo momento para aprender. E algunhas serán feitas cos mini portátiles. Preme aquí ou na imaxe para descubrilo.
En Actividad e Escribir están as tarefas que farás cos ordenadores, aínda que nese sito atoparás moita información. Ademais, tamén elaborarás un gran cómic, o máis grande. Así que non perdas moito tempo e comeza a pensar… Boa sorte!
14 dic 2011
A festa dos 1.000 comentarios
Un día, un gran colaborador deste blog, Diego Prieto, tivo unha boa idea. Ocorréuselle que, se lograbamos os mil comentarios, había que facer algo, unha festa, por exemplo. E aquí está, ese día xa chegou, será mañá. Organizados en equipos, e coa axuda das familias, a clase prepara moitas sorpresas: tartas, galletas e biscoitos, bebidas, velas. Ademais, adornaremos a nosa aula, e tamén haberá manteis para as mesas, pratos, vasos e tenedores, e seguro que máis cousas. E todo empezará cunha película máxica, Azur e Asmar…
Ninguén dubida que o 15 de decembro será un día moi especial. Todos están moi ilusionados, a colaboración que mostran é fenomenal, e as súas familias son marabillosas. Desde aquí, agradecemos todo o seu apoio…
11 dic 2011
Música, por favor
Ismaíl está contento. Sabe que habrá una fiesta por los más de 1.000 comentarios que tiene el blog. Y a todos los seres menudos, como los gnomos, les encanta la música. Por todo ello, creo que este post sonará muy bien…
- Jugamos con las notas
- Las posiciones de la flauta
- Flauta virtual
- Xilófono
- Virtual Keyboard: puedes tocar el piano, el órgano y otros instrumentos.
- Piano Virtual. Y otro más, o un órgano.
- Drum Kit: haz sonar una batería. Y otra más.
- Tony-b Machine: una aplicación de música electrónica.
- The Automachine: para crear música electrónica de forma automática.
- La orquesta: tú la diriges, así que marca el ritmo.
7 dic 2011
Evolución da especie humana
Como sabes, a Prehistoria divídese en Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. Durante esa época, un tempo moi longo, os seres humanos evolucionaron moitísimo. Pasaron de ser semellantes aos primeiros simios ata a nosa aparencia actual. Nestes vídeos podes aprender como foi, pero en menos tempo, claro…
- Historia de Lucy: un australopitecus de hai 3.400.000 anos.
- Homo Habilis: primeiras diferenzas con outros homínidos.
- Homo Erectus: o dominio do lume.
- Homo Neandertal: a vida nun mundo xeado.
- Homo Sapiens: os antepasados dos seres humanos modernos.
- Neolítico: Invención da agricultura
- Idade dos Metais:
6 dic 2011
Tempo de pasar a palabra
Coñeces un concurso que se chama Pasapalabra? Pois aquí tes 2 xogos que se lle parecen. Preme nos enlaces ou nas imaxes. O de Mates non é tan fácil, eh…
4 dic 2011
O Nadal no mundo
O Nadal celébrase en moitos lugares do mundo, desde Canadá a Rusia, desde Bolivia ao Xapón, desde Noruega ao Brasil, e por suposto en España. Se premes no enlace ou na imaxe da axencia EFE, poderás investigar un pouco esas celebracións. É unha nova actividade!
Se queres máis consellos, tamén para a túa casa, seguro que nestes sitios atopas algúns. Despois de revisalos, ofrécenos as túas suxerencias, que sabes facelo:
- Debuxos do Nadal para colorear (dibujalia)
- Ideas de Kinder Latino
- Descargar imaxes do Nadal
- Ideas para Navidad, de profes.net
- La Navidad, en Primera Escuela
- Manualidades de Navidad
- Manualidades de Navidad para niños
1 dic 2011
Os piratas tamén len
En decembro os piratas disfrutan de moito tempo libre. As augas dos océanos están moi bravas e non é tempo para navegar. Hai que entrenar e xogar, pero tamén hai que ler, porque un pirata de verdade ten que prepararse sempre. Por certo, os piratas deben saber inglés, é obrigatorio. Así que a ver quen se atreve e conta esta historia…
Ai, se o barco estivese a punto e o mar en calma, habería que ir a Port Royal e á cidade de La Habana, como os vellos piratas. Oh, que non sabes que sitios son eses? Pois é unha boa razón para investigar e averigualo.
30 nov 2011
Animais solidarios?
Observa este vídeo, pero faino ben. Hai unha incrible sorpresa, aínda que é moi fermosa… Tamén os animais poderán ser solidarios?
29 nov 2011
Aula investigadora 1
Hai que contalo, temos unha clase moi investigadora. Chega con dicir unha idea para que aparezan de inmediato os exploradores e as exploradoras que se necesiten. E non importa o tema, son capaces de investigar calquera cousa: Eduardo Pondal e Pascual Veiga, Galileo Galilei, as cidades de Adelaida ou Pompeia, Lucy e o xacemento de Atapuerca, a película Blade Runner, o volcán Vesubio, os países onde se fala español, Hipatia, a bandeira de Galicia, os ríos máis longos do mundo, etc.
Ata o momento, estes son os que máis investigan: Héctor (8), Andrea (12), Clara (1), Salvador (7), Ainara (4), Gemma (3), Carlos (2), Javier (4), Ricardo (11), Gloria (1), Diego Prieto (2), María (4), Sara (2), Meritxell (5) e Melody (3).
Noraboa! E, de paso, aproveitamos a ocasión para aprender con este vídeo sobre os tesouros de Atapuerca.
28 nov 2011
Outra colaboración
Ao igual que con outras colaboracións familiares, As viaxes de Ismaíl e Ismaíl de vacacións, mostramos un traballo de dúas nenas. Trátase dun novo exemplo de contar historias mediante unha presentación. A idea orixinal foi de Ainara, que tivo a boa colaboración de Meritxell…
25 nov 2011
Tintín y los piratas
En nuestro proyecto Piratas hablamos un poco de Tintín y de su última película. Pero no pudimos llevar ninguno de sus libros a clase.
Por suerte, como los piratas y los exploradores nunca descansan, dos de esas historias han aparecido en Internet. Así que hazle caso a Ismaíl, lee y disfruta:
24 nov 2011
De medio e de mates (5)
Coñecemento do Medio: A Prehistoria é o primeiro gran período da Humanidade e durou varios millóns de anos. Tes que saber que se divide en tres partes: o Paleolítico, o Neolítico e a Idade dos Metais. Agora debes aprender máis. Empeza por aquí…
- LA HISTORIA Y SUS EDADES
- LA PREHISTORIA
- A PREHISTORIA E A IDADE ANTIGA EN ESPAÑA
- PREHISTORIA Y EDAD ANTIGUA
- LOS PRIMEROS POBLADORES
- PRIMEROS POBLADORES
- VIAJANDO A TRAVÉS DE LA HISTORIA
Matemáticas: Operacións con números decimais. Aprende e practica…
23 nov 2011
O himno do pirata
Debido á nosa idea de ler libros de piratas, Ricardo sorprendeunos con algo ben bonito. Decidiu facer unha bandeira para Ismaíl, e ademais que tivese o seu propio himno pirata. Por iso, imaxinou, debuxou e escribiu. Que gran sorpresa e que traballo tan incrible!
Aproveitamos a ocasión para ofrecer máis enlaces de Piratas. Algúns tamén servirán para usar os mini portátiles, e especialmente para colorear e escribir: Debuxos para imprimir e colorear; Piratas, para pintar online; O cartel pirata; O poema pirata 1; O poema pirata 2; O xornal dos piratas.
21 nov 2011
Los números decimales
Recuerda que en la página del blog titulada Escola e familia puedes estudiar y repasar casi todas las cosas de 5º curso. E incluso preparar, si ya estás bien preparado, el curso siguiente. Aunque lo mejor es que vayas poco a poco, aprendiendo con tu propio esfuerzo cada día. Por ejemplo, ahora toca saber de los números decimales….
- Lectura y escritura de números decimales
- Representación de números decimales
- Comparación de números decimales:
- Las décimas, las centésimas y las milésimas
- Los números decimales, nivel avanzado
- Partes decimales, evaluación
- Euros, céntimos y números decimales
- Mercado Matemático Mágico del Mendel
19 nov 2011
Os piratas da Ría do Burgo
Houbo uns piratas que foron xente de mares bravos, pero estes dos que falaremos son xente boa. Un día preguntamos quen tiña na casa libros de piratas, e aquí están os que prestaron axuda: Miguel, Carlos, Clara, Héctor, María Luisa, María, Salvador e Diego. Con esa axuda queremos ler e descubrir cousas do seu mundo, do mundo dos piratas e os corsarios. Que, anímaste? Ademais de ler algúns dos seus libros, terás que resolver todas estas probas e xogos para ser un dos piratas da Ría do Burgo:
- Piratas, muchos piratas
- Pasatiempos piratas
- Piratas, para que pintes online, se queres.
- Pinta a túa bandeira pirata
- Pirates Treasure: unha aventura nun barco de piratas para buscar moedas e tesouros e…
- Princesa Pirata: a partir dunha serie de vestidos, esta capitana dos piratas necesita que…
- Pirates of Caribbean: un xogo baseado na película do mesmo título (Piratas do Caribe), co pirata Jack Sparrow…
- Puke the Pirate: axuda a Puke a recoller o Tesouro Negro pasando a través de moitos niveis…
- Aargh the Pirate: colabora con Aargh para protexer os cofres do tesouro do ataque das quenllas…
18 nov 2011
Os agasallos
Temos que contar que Ismaíl está enormemente agradecido. Fixemos unha relación dos pequenos agasallos que recibiu, sen contar as moedas para o seu tesouro. E ao revisala sentiuse impresionado. Pois cada un ten a súa pequena historia, e el sabe que todos esos agasallos son historias familiares moi felices…
► Meritxell ► Gloria ► Diego Prieto ► Iago ► Ainara ► Javier ► Melody ► María Luisa ► María ► Salvador ► Andrea ► Clara | Unha bufanda de lá negra, gris e branca, que ten uns bonitos debuxos célticos Un armario verde con caixóns de cores, e co nome do que debe gardar: camisetas, zapatos… Un novo gorro puntiagudo e azul e tamén un chaleco, todo feito a man. Un pantalón vaqueiro, que fixo el mesmo. Un bolso azul coa letra I bordada e de cores. Unha bufanda laranxa e amarela. Un manteliño branco, coa letra I de Ismaíl e un corazón debaixo. Un monopatín, para que así patine por onde el queira. Unha pulseira de fíos de goma e un libriño de debuxos. Un mini lapis para que poida escribir. Unha barca de madeira, para que saia a pescar cando queira pola Ría do Burgo. Unha cama con alfombra e mesiña de noite para a súa habitación. |
15 nov 2011
Imaxina un monstro
María preguntoume hoxe cando faríamos os nosos monstros. Certamente eu falara días atrás desta actividade, e así que grazas a ela preséntase agora. Ademais, como temos uns fermosos mini portátiles, seguro que resulta ben emocionante.
Co programa Paint, estes son os pasos para facer un monstro a partir dun garabato:
- Seleccionas o lapis ou o pincel para realizar o debuxo do teu garabato.
- Co garabato xa feito, hai que poñer todo o que necesita un monstro: por exemplo, ollos, brazos, pernas ou patas, boca, rabo, cornos, manchas na pel ou antenas…
- Despois escolles as cores que desexes para o teu monstro. Para iso utiliza o bote de pintura e preme onde queiras pintar.
- Para rematar o teu monstro, debes inventar un nome. Usa o botón de texto para escribir como se chama.
E velaí terás o teu debuxo dixital, igual que ocorreu o curso pasado.
13 nov 2011
Hay que dividir bien
Hace poco te recordamos que es bueno multiplicar sin fallos. Pues eso mismo decimos ahora sobre las divisiones, porque a Pitágoras no le haría ninguna gracia saber que te equivocas o, lo que es peor, que todavía no sabes dividir. Así que, no lo olvides, lo único que puedes hacer es aprender y practicar…
- La división
- Divide con todas las tablas
- Divisiones: divisor de dos cifras
- Divisiones: divisor de tres cifras
- Divisiones con ceros en el cociente
- División por la unidad seguida de ceros
- Propiedad fundamental de la división
- Multiplicación y división por 10, 100 y 1000
- Máquina de calcular: sumas, restas, multiplicaciones y divisiones.
- Operacións on-line: todas as operacións básicas.
- Cálculo: tamén con todas as operacións.
- Por último, no dejes a Mario 2, que te quiere ayudar…
9 nov 2011
A colaboración das familias
Hai uns días publicamos a primeira das historias de Ismaíl. Creo que houbo algunhas dificultades de comprensión, pois non fomos capaces de facer o que se pedía no post. Pero hoxe Carlos presentou o seu traballo, e aínda que non segue todas as recomendacións que se deron, aquí está o resultado. E unha mostra da bonita colaboración das familias, que agradecemos sempre…
7 nov 2011
O noso amigo solidario
Presentamos a primeira entrada que escriben os Equipos de Redacción, nos que a partir de hoxe participará toda a clase. Os autores deste post, dedicado ao ex-alumno Alejandro Costa Suárez, aparecen máis abaixo. Pero hai que contar que recibiron a axuda voluntaria de Ricardo, Clara, Ainara, Salva e Gemma.
Un neno chamado Álex, que ata o curso pasado estivo no noso colexio, regalounos un verdadeiro tesouro. Realmente era para Ismaíl, aínda que de paso tamén foi para nós. Ese tesouro tiña moedas, billetes, ovos e moitas barriñas “kinder”, todo de ouro e de chocolate. A gran sorpresa é que fixo iso sen coñecernos de nada. Imaxinade o que fará para os seus auténticos amigos e amigas…
Así que Álex, onde esteas agora, querémosche dicir que moitas grazas por traernos esa cestiña tan linda e tan chea de chuches. Quedamos marabillados! Encantounos!
[Meritxell, Javier, Sara, Melody]
3 nov 2011
Primeros pasos en la PDI
Ya contamos que estamos en Abalar y que recibimos una pizarra digital interactiva (PDI). Hicimos las pruebas iniciales para conocerla, así que ahora habrá que usarla cada vez un poco más. Para eso sirven los siguientes enlaces, además de para aprender nuevas cosas:
- Puzles: Construye el tuyo, que puedes hacerlo.
- Tangram: Atrévete con este juego de origen chino.
- A nosa Terra: Con preguntas sobre Galicia.
- Celebramos o Magosto
- Chat Noir: No dejes que se escape el gatito negro. ¡Es muy listo!
- La memoria a corto plazo, o The short term memory checker: Actividades de reconocimiento y memoria visual, aunque en inglés.
- Testeando: Un montón de preguntas de Medio y Lengua Castellana. ¿Cuántas sabrás?
Ten en cuenta que en el blog hay otros muchos enlaces que también se pueden usar en la pizarra digital. Búscalos y avísanos…
1 nov 2011
A fábrica de historias
Sabemos que xa están creadas un montón de historias. A de Diego Prieto foi a primeira en aparecer no blog, pero despois haberá outras. Pois a nosa aula quere ser como unha pequena fábrica de contos…
Entón, imos contar historias?
Se premes aquí, poderás descargar unha plantilla para publicar os vosos contos en forma de libros dixitais.
31 oct 2011
Empezamos a contar
Hai historias de Ismaíl que nin eu mesmo coñezo, e por iso un día pedimos a túa axuda. En setembro, por primeira vez exploraches o seu mundo. Agora é o momento de mostrar eses descubrimentos. Lembra que neses traballos, se é posible, valórase a colaboración. Observa a historia que conta Diego Prieto, serve de exemplo para o que tes que facer:
- Cambia a cor da portada ou usa unha imaxe para o seu fondo, se así o consideras. Utiliza tipos de letra que resulten atractivos. De momento, non poñas máis efectos.
- Ademais, nas seis páxinas da historia tamén podes cambiar a cor de fondo.
O correo de Ismaíl é importante. Así poderás comunicarte, enviar materiais e recibir información. Tamén pode ser usado pola túa familia.
29 oct 2011
¡Adiós a las tizas!
Debido al proyecto Abalar, en el que está el colegio, las dos aulas de quinto de primaria abandonarán las clásicas tizas y el encerado verde. Esta semana nos instalaron las dos pizarras digitales que son parte de este proyecto, y además trajeron los mini portátiles para los alumnos. La red wifi, para que funcionen bien estos pequeños ordenadores, aún falta, pero el encerado digital ya se puede comenzar a usar. Creo que va a suponer un inmenso cambio en la forma de enseñar y de aprender. Al menos, los que tenemos algún tipo de alergia, dejaremos por fin de estornudar…
27 oct 2011
Un baile de medo!
Estamos no tempo do Halloween e o Samaín e na clase hai moita actividade. O que algúns non sabiamos é que un grupiño andaba a preparar un baile. Pois semella que foi así, xa que apareceu un vídeo que o demostra. E os bailaríns son Salva, Dani, Gloria, Diego e Gemma. Ou non será tan certo como din? Porque ademais cantan moi ben en inglés. Haberá que investigar…
25 oct 2011
Juegos para gente curiosa
Esta es la primera serie de unos juegos reunidos por Ismaíl. Tratan asuntos diferentes, algunos tienen varios niveles, e incluso los hay para niños y niñas grandes. Pero sabemos que podrás resolver la mayoría… ¿O todos?
- Observa y recuerda: Se trata de escribir determinados números que aparecen y desaparecen en la pantalla, de tres o cinco cifras.
- Cálculo mental: Para Educación Primaria, con seis páginas diferentes, y en la mayoría se ofrecen doce series de problemas. Tiene unos niveles clasificados en inicial, medio y superior.
- Lengua Castellana: Un interesante sitio con ejercicios de comprensión lectora, léxico, morfología, sintaxis, ortografía y cultura literaria, entre otros. En principio, está destinado a la Educación Secundaria.
- Toporopa: ¿Quieres entrenar tu cerebro con la geografía? Ahora tienes la oportunidad de hacerlo con Europa: países, ríos, montañas, mares, capitales, islas, lagos, banderas, puertos, ciudades, penínsulas, estrechos, volcanes, etc.
- Colorea una calabaza, porque estamos en su tiempo más terrorífico. Por eso, hazlo de manera espeluznante.
- Y ahora, para terminar, un juego de memoria visual. Lee las instrucciones y presta mucha atención:
23 oct 2011
As festas do outono
Neste tempo de outono hai dúas festas que a Ismaíl lle gustan. A festa das castañas é unha, que se chama magosto, e a festa das cabazas é a outra. A esta festa algúns dinlle halloween, aínda que agora tamén é coñecida como samaín. Pero cando Ismaíl chegou a Malpica, ninguén sabía deste último nome, nin tampouco os sabios. Claro que non importa, porque no colexio imos celebrar as dúas. Iso si, no halloween Ismaíl lembra aos seus amigos os gnomos de Irlanda…
Queres participar nestas festas? Pois empeza aquí:
- Actividades e recursos (O recanto de Mik)
- Debuxos para colorear (abcteach)
- Mandalas de Halloween (Fantasy jr)
- O Samaín (Web de Norberto)
- O xogo de Samaín
21 oct 2011
Hay que multiplicar bien
- Tablas de multiplicar: tienes todas las tablas a tu disposición.
- Preguntas de tablas: eliges una tabla y respondes a las preguntas.
- Control de tablas
- La multiplicación por dos cifras
- La multiplicación por tres cifras
- Multiplicaciones con varias cifras: pues no llega con saber multiplicar por una cifra.
- Multiplicación por la unidad seguida de ceros
- Multiplicaciones con ceros intermedios en el multiplicador: los ceros no son ningún problema.
- Multiplicaciones con ceros finales
- Matemáticas con Mario 2: con sumas, restas, multiplicaciones y divisiones. Por cierto, si resuelves todos los niveles, ¡Mario te regala un pizza gratis!
20 oct 2011
Escola e familia
Debaixo da imaxe que anuncia este blog, hai un enlace que ten o mesmo título que o post de hoxe. É unha páxina do noso blog para gardar aqueles recursos que se relacionan coas materias do curso. Realmente xa contén enlaces para 5º e para 6º, pero non todos os que existen, senón unha pequena e completa selección. Se na casa son utilizados eses recursos, os beneficios educativos poden ser moi grandes.
Con esa colaboración, poderemos levar a cabo con máis facilidade outras experiencias para as que se precisa un pouco de tempo. É o tempo que requiren os ordenadores e as novas aprendizaxes mediante Internet. Pois todo iso forma parte da educación do futuro, que xa é o presente destes nenos e nenas. E ao igual que antes foi María, agora é Iago Sixto Otero quen nos presenta un novo traballo extra realizado coas ferramentas actuais. Neste caso, el preferiu investigar sobre o mundo de Ismaíl…
18 oct 2011
A nosa aula
Creo que xa tiñamos ganas de ver as primeiras fotos da clase, e por iso aquí están. Houbo uns poucos nervios ao facelas, e talvez algúns teñen que mellorar como modelos. Pero será a próxima vez…
17 oct 2011
As actividades extra
Esta é a primeira das actividades extra que aparecerán no blog. Tratarase de tarefas que se relacionen coas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), e que os nenos e as nenas farán libre e voluntariamente. Por iso son accións que sempre se agradecen moito, pois animan e axudan aos demais e serven para aprender e colaborar.
María Pardo Piñón foi a primeira en presentar unha destas tarefas extra. Un día, do relevo de Galicia pasamos aos ríos do mundo. Nese cambio que fixemos, a súa presentación mostra os dez ríos máis longos do mundo e os continentes onde se atopan.
15 oct 2011
Falamos da solidariedade
A palabra solidariedade ten que ver coa unión das xentes, coa concordia e o compañeirismo, coa fraternidade e as boas relacións humanas. Un dos verbos que mellor se entende coa solidariedade é apoiar. Así que nesta actividade, que xa explicamos no post anterior, trataremos de apoiar aos demais, de ser solidarios, de axudar. Por iso, tamén falaremos da pobreza no mundo. Estas son algunhas das tarefas para este mes:
- Busca en revistas ou periódicos fotografías onde haxa persoas de todas as razas. Servirán para un mural.
- Busca en periódicos, revistas ou en Internet noticias que teñan relación coa pobreza.
- Como sabes, o mundo divídese en países ricos e en países pobres. Coa túa familia, que será unha boa axuda, busca imaxes ou fotos dalgúns deses lugares. Servirán para outro mural.
- A expresión Terceiro Mundo úsase para os países máis pobres, que hai moitos. Inventa un eslogan ou consello para dicirlle á xente que debe ser máis solidaria con eses países.
- Moitas veces a pobreza é consecuencia da falta de cultura. Por esa razón, é importante escolarizar a todos os nenos e nenas do mundo. Fai un debuxo para estas ideas.
13 oct 2011
Galaxias de palabras
Tag Galaxy es un buscador especial de imágenes y fotografías. Pero en el aula lo hemos probado de un modo diferente. Como en el colegio estamos elaborando el calendario de 2012, y a cada mes le corresponderá una palabra relacionada con los valores, Ismaíl nos recomendó esta aplicación.
Tenemos que hacer un bonito dibujo para la palabra solidaridad, teniendo en cuenta sus significados. Así que la escribimos en el buscador Tag Galaxy, o también solidariedade (gallego), o solidarity (inglés), o solidarność (polaco). Esa palabra se transformará en un sol rodeado de planetas, que serán otras palabras relacionadas. Todos esos astros están llenos de imágenes de Flickr. De ese modo, conseguiremos miles y miles de fotografías que nos servirán de inspiración para el trabajo. Es un ejemplo de lo que se llama lluvia de ideas, o braimstorming, que dicen en inglés.
Por cierto, esta actividad nos llegó desde la biblioteca del colegio, que también tiene su blog.
12 oct 2011
Climas e paisaxes: a ver o que sabes?
Aquí tes un montón de actividades sobre o clima e as paisaxes de España e de Galicia. E tamén sobre o relevo e as Comunidades Autónomas. Observa, le con atención e responde. Tratar de acertar o maior número de cuestións.
- Relevo interior e costeiro de España
- España, comunidades autónomas: como se chama?
- España, comunidades autónomas: crebacabezas
- Comunidades de España: buscar
- Mapas Interactivos: España, actividades
- El clima y el tiempo
- Los climas de España
- A paisaxe
- Climas y paisajes de España
- Los efectos del ser humano sobre el clima
9 oct 2011
Mapas, moitos mapas
Agora que estamos aprendendo cousas de Galicia nos mapas, imaxina unha viaxe desde o espazo exterior ata o noso colexio, o CEIP Isaac Díaz Pardo. Primeiro, coñece o Sistema Solar, coa súa estrela o Sol. Despois, descubre a Terra nos seus mapas e, especialmente, a Galicia. Ao final, observa a Ría do Burgo en 3 dimensións, e busca onde se atopa o teu colexio.
- Sistema Solar Básico: o Sol, os planetas, asteroides, cometas, meteoritos. Ademais hai fotos do noso Sistema Solar e do Universo.
- Mapas interactivos: de Galicia, de España, de Europa, del mundo. Deberás buscar, responder e resolver crebacabezas de Galicia, España, Europa, Asia e de todo o mundo.
- A Ría do Burgo e o entorno do noso colexio, pero nun mapa en 3 dimensións. Algo de cine. Case unha auténtica película! Para viaxar desde O Burgo ata o mesmo Universo, pero tamén ao revés. Investiga e descubre como facelo.
4 oct 2011
Para aprender e xogar
Ainara quixo saber de xogos e, por fin, aquí está a resposta. Estes son os primeiros que aparecerán no noso blog. Porque hai moitos, moitos máis…
Xogos de memoria e estratexia
Xogos de aventura e deportes
Sitios de xogos
2 oct 2011
Mecanografía para todos
Agora no só hai que escribir con lapis ou bolígrafo. Tamén tes que dominar o teclado do ordenador. Así que, sen ningún medo, empeza a prepararte.
- Typing: No teu primeiro entrenamento deberás teclear todas as letras a medida que se presenten.
- Keyboard Game: Un teclado virtual para que practiques a túa rapidez. Tes que teclear ben o maior número de letras en 30 segundos.
- El reto de Hexamano: En 21 segundos deberás quitarlle as letras a Hexamano, pero sen cometer fallos, pois restan puntos. Gañas se es capaz de conseguir 100 puntos.
- Alphabetic Rain: Trátase dunha verdadeira chuvia de letras. O xogo ten cinco niveis, de menos a máis dificultade.
- Kids Typing Game: Debes explorar as letras do alfabeto, tecleando con rapidez as que aparezan na pantalla.
- Typing Asteroids Game: Terás que defender a Terra co teclado. Un montón de asteroides queren destruíla.
- ARTypist: Aquí tes un auténtico curso de mecanografía, empezando desde o correcto posicionamento dos dedos para escribir ben e rápido. Pero non hai que facer o curso todo seguido.
29 sept 2011
Los amigos del mundo
Hoy, en el aula, los amigos del mundo nos han emocionado. Mediante un sencillo mensaje en las redes de Internet, pedí que visitasen nuestro blog de aula, que lo sabríamos en tiempo real. Casi al instante empezaron a llegar visitas: de Sevilla, de Bilbao, de Pamplona, de Málaga y de más sitios, e incluso desde Chile, en América del Sur. Los niños no pararon de exclamar: ¡mira!, ¡oh!, ¡ah! Fue la sorpresa de sentirse en el mundo. Así que esta canción es para vosotros…
Imagine | Playing For Change from Playing For Change on Vimeo.
28 sept 2011
De vídeos e de historias
Como os auténticos exploradores, estamos a descubrir máis historias de Ismaíl. Son preparadas en forma de cómic, e ningunha, ata o de agora, era coñecida. Así que seremos os primeiros en saber delas. Talvez este vídeo che sirva de axuda para comprender mellor a súa pequena vida. Ademais, aproveito a ocasión para informar de algo importante. O noso blog está en YouTube, o sitio máis famoso de vídeos en Internet.
26 sept 2011
O regreso
O principio pasou hai tanto tempo que a Ismaíl parécelle un soño. El lembra que estaba en Malpica, onde viviu moitos anos, e que alí tivo a súa primeira páxina web. Pero hoxe só quedan poucas cousas e moi desorganizadas: os seus contos, as visitas, os sitios para xogar.
Xa en Culleredo, nun novo colexio, abriu o seu primeiro blog que se chamou Escola de Ismail (1). Estaba cuns nenos e nenas de segundo, e con eles viviu experiencias moi bonitas. Cando medraron e cambiaron de curso, creou un novo blog ao que chamou, por suposto, Escola de Ismaíl (2). Neste novo sitio coñeceu a nenos e nenas que estudaron quinto e despois sexto de primaria. Pero tamén medraron e marcharon para o instituto.
Así que, agora, non lle queda máis remedio que abrir outro blog: Escola de Ismaíl (3). Desa maneira, poderá estar cos seus novos amigos de quinto curso, que son xente moi estupenda. Ademais, os seus amigos do primeiro blog son os seus veciños de aula, porque tamén estudan o mesmo nivel de primaria. Está seguro de que todos vivirán grandes aventuras, e por iso Ismaíl síntese feliz por regresar…