Debaixo da imaxe que anuncia este blog, hai un enlace que ten o mesmo título que o post de hoxe. É unha páxina do noso blog para gardar aqueles recursos que se relacionan coas materias do curso. Realmente xa contén enlaces para 5º e para 6º, pero non todos os que existen, senón unha pequena e completa selección. Se na casa son utilizados eses recursos, os beneficios educativos poden ser moi grandes.
Con esa colaboración, poderemos levar a cabo con máis facilidade outras experiencias para as que se precisa un pouco de tempo. É o tempo que requiren os ordenadores e as novas aprendizaxes mediante Internet. Pois todo iso forma parte da educación do futuro, que xa é o presente destes nenos e nenas. E ao igual que antes foi María, agora é Iago Sixto Otero quen nos presenta un novo traballo extra realizado coas ferramentas actuais. Neste caso, el preferiu investigar sobre o mundo de Ismaíl…
9 comentarios:
Esta moi ben o video de Iago que ten moita imaxinación e nunca,coa imaxinacion que teño se me habría ocurrido facer iso
Gloria, a imaxinación é como calquera outra cousa. Se practicas, terás máis e mellor...
Saúdos
É moi divertido,aínda que podía poñer un final mellor.Coma poñer"UN TRABALLO FEITO POR IAGO".PERO ESTÁ MOI BEN.Saúdos.Sara
Sara, tes toda a razón, pero son cousas que se irán aprendendo...
Saúdos
Ola son Gemma me gustou moito o traballo de Iago só que estaba cheo de gnomos por todas as partes, bueno pero esta ben.Que pases un bó findesemana .Saúdos.
Gemma, seguro que Iago agradece o teu comentario. Por certo, dentro de pouco haberá un post de multiplicacións para practicar... jejeje
Saúdos
Xa vexo Mario pareceme que vou a ser a primeira que o vou a probar.Saúdos.
Iago nos gusta mucho tu presentacion y a Ismail tambien creo que se te da muy bien esto.
IAGO, saíuche moi ben o traballo de ISMAIL. Ao mellor ISMAIL che da as grazas ... CHAO
Publicar un comentario