26 sept 2011

O regreso

O principio pasou hai tanto tempo que a Ismaíl parécelle un soño. El lembra que estaba en Malpica, onde viviu moitos anos, e que alí tivo a súa primeira páxina web. Pero hoxe só quedan poucas cousas e moi desorganizadas: os seus contos, as visitas, os sitios para xogar.

Xa en Culleredo, nun novo colexio, abriu o seu primeiro blog que se chamou Escola de Ismail (1). Estaba cuns nenos e nenas de segundo, e con eles viviu experiencias moi bonitas. Cando medraron e cambiaron de curso, creou un novo blog ao que chamou, por suposto, Escola de Ismaíl (2). Neste novo sitio coñeceu a nenos e nenas que estudaron quinto e despois sexto de primaria. Pero tamén medraron e marcharon para o instituto.

Así que, agora, non lle queda máis remedio que abrir outro blog: Escola de Ismaíl (3). Desa maneira, poderá estar cos seus novos amigos de quinto curso, que son xente moi estupenda. Ademais, os seus amigos do primeiro blog son os seus veciños de aula, porque tamén estudan o mesmo nivel de primaria. Está seguro de que todos vivirán grandes aventuras, e por iso Ismaíl síntese feliz por regresar…

O regreso de Ismaíl

13 comentarios:

Javier Suarez dijo...

me parece muy bien que haya otro blog de Ismail navegando por la web esta vez con los nuevos alumnos y alumnas de 5ºB.Espero que este blog se mantenga asi de bien para siempre .
Javier se despide,adios.

Mario Aller dijo...

Javier, has sido el primero en dejar un comentario en nuestro blog. Así que ya sabes, mañana recibirás lo que te mereces... jejeje
Saludos

Ismail de Saidabad dijo...

Que ben que xa teño outro blog! Aínda que parece que o profe tardou moito, creo que lle berrarei un pouco, para que non se durma... jajaja

Gustáronme moitísimo as postais de Andrea, Ainara, Melody e Meri. Pero teño un problema. Hai dúas sen nome e non sei de quen son... Por favor, axuda! E agradezo as moedas que para o meu tesouro trouxeron Iago, Diego, Sara, Javier e Carlos. E a Jacobo, de 5ºA, as súas piruletas...

É unha sorte estar ao lado de tanta xente máxica.

iago dijo...

ola mario e ismail son iago
encantame este novo blog e espero que cada bez sexa mais grande saludos

ainara dijo...

Hola Mario soy Ainara queria decirte que este blog es mui bonito espero que sea mucho más bonito y divertido

Mario Aller dijo...

Ainara, pues ya verás cuando aparezcan los juegos y otras cosas...
Saludos

iago dijo...

seguro que este bai ser o millor blog do mundo

Ismail de Saidabad dijo...

Iago, coidado ao escribir, que vai é con "v"... Veña, que podes facelo mellor.
Saúdos

Brais dijo...

Hola! Que ven que xa regresaches Ismaíl. Eu creo que sen ti a clase na que estás ahora non era case nada, unha simple clase, pero contigo eu creo que é a mellor clase do mundo.
Espero que pasedes un gran curso nenos e nenas de 5º, co gran profe que tedes e a Ismaíl un gnomo que probablemente sexa para min o mellor do mundo.
Chao! Xa pondrei máis comentarios neste blog.

Mario Aller dijo...

Brais, neste blog sempre contaremos contigo. Ah, di Ismaíl que hai unha moeda de bo ouro para ti... :-)

Saúdos

Maria Luisa dijo...

Ismail ,MARIO, gústame
moito éste blog, porque: é moi divertido , entretenido... xa hablaremos. adios

Dani Ondina dijo...

Deseoche moita sorte Mario.Espero que lles ensines cousas tan interesates como no ensinastes a nos.Moito ánimo epaciencia.

Mario Aller dijo...

Dani, non sabes como agradezo as túas palabras. Eu tamén che desexo moita sorte, pero moita, moita...
Saúdos