8 mar 2012

Que cousas pasaron cando nacestes?

A nosa clase está chea de exploradores e por iso sempre fan moitas investigacións. Esta actividade tamén é unha delas, pero esta vez participará toda a aula. Vouna explicar…

Aínda que che pareza raro, seguramente non sabes todas as cousas que ocorreron cando viñeches ao mundo. Por exemplo, coñeces os nomes da xente famosa que naceron o mesmo día ca ti? Sabes cales eran as cancións de moda? Ou cales eran os escritores e deportistas máis premiados? Pois todo iso, e moito máis, é o que terás que saber.

Neste proxecto de investigación hai varias fases. Para empezar, farás o seguinte:

  1. Explicar o significado do teu nome, e se queres tamén o de familiares e amigos: Significado etimológico de los nombres - Significado dos Nomes (portugués) – Antroponimia - Tus Nombres y Apellidos
  2. Descubrir en que sitios de Galicia e de España aparecen os teus apelidos: Cartografía dos apelidos de Galicia - Nombres y apellidos en España

De momento, como estamos nunha fase de busca e exploración, todo o que consigas atopar gardarase en forma de borradores. Agora disfruta cos seres que imaxinastes unha vez

13 comentarios:

Ricardo dijo...

Que dibertido é este post eu xa mirei os meus apelidos

Mario Aller dijo...

Ricardo, tes que prometer non esquecer isto nunca: divertido sempre é con "v"! :-)

Irene 5ºA dijo...

Mario, facedes moitas investigacións na vosa clase, a vosa é unha clase de detectives.;)

Mario Aller dijo...

Falando de detectives, Irene, acabo de averiguar que gañaches unha moeda de... OURO! :-)

Ricardo dijo...

Que ben Irene tes gañada unha moeda de ouro. Felicidades!

María Luisa dijo...

Mario, eu xa o fixen onte venres, o luns cho levo, e ismail acordome de ti:):).

C
h
a
o

Miguel dijo...

O significado do meu nome e diplomatico e inteligente, que consegue sair ben de calquer situacion.

Noelia dijo...

Que divertido é eu fixen todas.

A vosa clase mario,é unha clase de detectives. :D

Mario Aller dijo...

É certo, Noelia, na clase hai moitos detectives. Pero non sei se de Sherlock Holmes ou de CSI, aínda que tamén contamos contigo, eh... :-)

María Luisa dijo...

Mario, se pasa a limpio o proxecto o mundo cando eu nacin do nome e os apelido cos puntos/pasos ?¿

Mario Aller dijo...

María Luisa, o trabllo en limpo pero con lapis, ti e mais todos. Para o luns, que este fin de semana o proxecto seguirá avanzando... :-)

María Luisa dijo...

Pois o paso a limpo cos puntos.

victoria solar sanchez dijo...

Son moi chulos os montros gustoume moito o de iago ainara e o meu...

S
A
Ú
D
O
S
Viky