Héctor explicou moi ben o significado do título Cartografías imaxinarias para despois de ler, do que falaremos noutro momento. Ten que ver coa lectura, claro, e coas cousas que nos contan os libros e as historias. Nesta actividade, por medio do blog, terás que facer:
- Volver a ler o mito de Teseo e o Minotauro, na versión de Polidoro.
- Lembras a nosa Galaxia das Palabras? Pois anota nun borrador aquel vocabulario da historia que consideres importante. Presta atención aos nomes, aos adxectivos e aos verbos. Ah, deben servir para entender o que o mito contou.
- Agora preme no seguinte enlace para ir a Word clouds for kids, que quere dicir Nubes de palabras para nenos. No recadro, introduce esas palabras ou expresións que anotaches no borrador e preme nunha frecha que hai debaixo, á dereita. Agora investiga, que podes cambiar o modelo da nube de palabras, o tipo de letra, as cores. E tamén podes gardar a imaxe no ordenador.
27 comentarios:
Ainara xa descubriu unha nova historia de Ismaíl. El vai vello, por iso agradece moitísimo eses descubrimentos, que xa nin lembraba... Haberá máis? Non sei que dicirlle... :-)
MARIO EU XA VIN CANDO TE ENTTREGABA A HISTORIA AINARA
Q temos que levar mñan as castañas?
Si, as castañas son para mañá, se pode ser... E mirade no que estou:
http://nostromonave.blogspot.com.es/
A mi no me deja dejar comentarios...
Aínda non se pode facer nada. Está en fase de creación... :-)
Jo, o meu nome en Nostromo é o máis peque!
Coma, min, eu son a máis peque, jeje.
De idade
Iso é cousa da aplicación, Melody, probei varias maneiras pero non cambiou moito. Pensa que é o de menos, o de máis serán as historias.
Pero, é gracioso, o meu nome é o máis pequeno e eu sou a máis pequena.
É obrigatorio o da Galaxia de Palabras? Hai que levalo a clase?
A galaxia é unha actividade e hai que probar. Pero na clase será en serio... :-)
Osea que o faremos na clase?
Mario, puxeches menos en vez de nenos, jeje.
Xa terminei o texto de detras da Galaxia de palabras.
Empezarei a facer unha nova historia de Ismaíl.
A que hora facemos o magosta no colexio???
Mario non me vai o do recadro das palabras, pincho no enlace e non aparece o recadro.
Meri, iso é do navegador. A min vaime tsmén no móbil...
MARIO, A MIÑA NAI QUERE SABER SE OS PAIS PODEN IR?
Entendo que non, Melody...
A dirección do colexio é a responsable desas cuestións. Na información que nos deron, non dicía nada...
Dani, aparece no folleto que nos deron hoxe...
Que lle pasaría a Andrés, e que hoxe non foi a clase...
Salva xa aparece 2 veces en Nostromo. Que famoso vai ser! :-)
Mario, eu en 5º fixera un conto...
Cando haberá que entregalo cuadernillo de mate?
O cadernos 4 de mates lévase mañá e confirmaremos a data de entrega... Que pensades? Nostromo con ou sen comentarios? :-)
Non sei, porque se é que si pode que recibamos comentarios de xente de fora, e molaría, pero sería algo máis complicado por ter 2 bogs, eu non sei a verdade...
Publicar un comentario