14 may 2013

Flores de maio

Hoxe xa probamos algúns modelos de flores para o maio do colexio. E tamén descubrimos as vosas ideas, como os bos investigadores que sodes. Así que este vídeo creo que servirá para buscar máis ideas e encher a aula e o colexio coas flores de maio. No Día das Letras Galegas…

13 may 2013

Rona e a Lúa

Un pequeno resumo dunha historia que aparece nun libro que coñecemos ben. A historia fala dunha muller chamada Rona, claro, e o libro está aquí…

Rona vivía nunha illa, na costa do norte de Nova Zelanda, co seu marido e os seus dous fillos. Cada día, o seu esposo ía pescar, mentres que os fillos nadaban cos golfiños.

Cando Rona cociñaba, comprobaba con coidado se as pedras de cociñar estaban o suficientemente quentes. O peor era que Rona tiña un mal carácter.

Unha noite de verán había lúa chea. Esa noite, o seu marido e os fillos saíran a pescar, e Rona pasou todo o tempo vagabundeando e sen rumbo fixo. A luz dourada do sol ocultouse e só quedou o escuro océano. De repente, sentiu as súas voces, pois regresaban do mar.

Rona, con pánico, colleu as cabazas e correu cara a fonte. O camiño estaba cheo de pedras e tropezou, e empezou a maldicir e a pronunciar feas palabras. Pero ao final logrou chegar á fonte.

Alí, Rona encontrouse na escuridade máis absoluta. Por iso rompéronselle as cabazas e toda a auga derramouse no chan. Entón, comezou a insultar á mesma Lúa.

A Lúa, moi ofendida, colleuna e levouna ao ceo, e quedou nel para sempre…

[Tania, Victoria]

Rona e a Lúa, de Carlos

12 may 2013

Linguas, Mates, Medio (13)

Actividades especiais para a Unidade 13, que estamos a piques de empezar. E tamén hai, como sempre, algunhas tarefas para repasar. Ah, ten en conta que todo é obrigatorio e necesario…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

  • BUSCA recursos e actividades sobre o novo tema: O sistema nervioso. Ten en conta que algúns enlaces poden non funcionar.

Recursos para repasar e superarte: de sexto de primaria a 1º de ESO.

Juegos para pensar 4 Preme na imaxe para pensar e xogar

11 may 2013

O Caldeiro Máxico en Nostromo

Como di a expresión popular, non están todos os que son, pero si son todos os que están. É dicir, nesta listaxe faltan algunhas historias escritas en galego porque aínda non se publicaron, pero as que aparecen xa foron compartidas en Nostromo, a nosa nave especial. E en todas elas a axuda do caldeiro das historias foi moi importante. Agora a pregunta é..., cal che gusta máis? Por que conto votarías?

O Caldeiro Máxico

9 may 2013

O regreso de Drago, versión case completa

En Nostromo, xa contamos como María preparou a súa longa historia O regreso de Drago. Despois, para un concurso que non rematou ben, fixo unha versión máis pequena para cumprir coas súas normas. Agora, finalmente, publicamos a versión máis completa ata o momento. E digo así porque creo que ten que acabar este impresionante conto. E tamén creo que debemos pedirllo para que o faga… María xa é unha escritora!

Ismaíl, de María

8 may 2013

Para o Día das Letras Galegas

Como cada ano, xa chega o Día das Letras Galegas, que esta vez dedícase ao escritor Roberto Vidal Bolaño. Como talvez descoñezas algunhas cousas sobre este autor, xa sabes que tes que investigar un pouco para superar o montón de tarefas que hai neste post. Ah, creo que o mellor é que vexas antes o vídeo…

4 may 2013

Excalibur e o rei Arturo

O rei Arturo resultou ferido de morte na terrible batalla onde matou ao seu fillo Mordred. Entón, antes do seu final, pediulle a un dos seus cabaleiros, a sir Perceval, que recollera a súa espada, Excalibur, e que a botara ao lago. Así regresaría ás mans daquela dama misteriosa…

Agora que xa rematou esta nova investigación, é o tempo de contar. Escribe a túa opinión sobre esta historia tan antiga… E coidado coa lingua e a ortografía!